IGAPE Internacional - ilustración

Estamos presentes en China, Estados Unidos, Marrocos, México, Emiratos Árabes Unidos e Xapón a través das nosas Antenas Empresariales, apoiando as iniciativas de internacionalización das empresas galegas.

As Antenas Empresariais complementan un amplo abanico de instrumentos destinados a impulsar o aumento na cantidade, calidade e impacto efectivo das exportacións da empresa galega, a diversificación de mercados, a internacionalización dixital e a formación e posta a disposición da empresa galega de talento internacional.

Antenas Igape

China, cunha poboación de 1,4 billóns, é a segunda maior economía do mundo, é un mercado enorme de consumo e tamén é a base máis grande de produción mundial da maioría dos sectores.

Co desenvolvemento das últimas décadas, xa existe unha proporción considerable de cidadáns chineses que conta cun poder adquisitivo suficiente para consumir produtos e servizos importados de alto valor, tamén China converteuse nun investidor importante en proxectos internacionais, construción de infraestruturas e agroalimentación, por exemplo.

Antena China

En China, Igape conta cunha oficina situada en Shanghai con saída directa á parada de metro de Wuning Road (cerca do famoso templo de Jing’An na Najing Road).

China hoxe en día

Aínda que a economía macro de China sufriu sustancialmente polo COVID-19 durante os últimos anos, o PIB de China mantívose nun nivel estable e alto cun valor de 17.889 billóns de USD en 2023, o que representa un 21,1% do total das 20 maiores economías do mundo. O sector primario creceu un 4,1% respecto ao ano anterior; o secundario, un 4,7%; e o terciario, un 5,8%.

No mercado de consumo de 2023, os maiores incrementos interanuais nas vendas retail consisten nun aumento do 13,3% en ouro, prata e xoiaría, un 12,9% en roupa, calzado, sombreiros, agullas e téxtiles, un 10,6% en tabaco e alcohol, un 6,6% en petróleo e produtos derivados, e un 5,9% en automóbiles.

A importación e exportación de China de 2023 baixaron un 5,0% en comparación coa do ano anterior, sendo a importación a que se reduciu máis cun 5,5%. Hai que destacar que o valor total da importación de agroalimentación de China en 2023 foi de 234,1 billóns USD, manténdose nun nivel semellante ao de 2022. As categorías agroalimentarias importantes que seguiron crecendo en importación en 2023 son froitas e froitos secos (+12,6%), cereais (+5,6%) e sementes (+2,4%).

Os produtos importantes de exportación que lograron un crecemento substancial durante 2023 son automóbiles e pezas (+29,1%), buques navais (+21,4%), e verduras (+8,5%).

Os sectores nos que China está promocionando e investindo estratexicamente son os de NEV (New Energy Vehicle) e os sistemas de Smart-driving, e o deseño e fabricación de chips.

Galicia e China

Galicia e China seguen mantendo unha sólida relación económica. En 2023, 291 empresas galegas exportaron produtos a China cun valor total de 233 millóns EUR, mentres que, por outra banda, 6.180 empresas galegas importaron mercadorías equivalentes a 2.591 millóns EUR desde China.

Xá existen varias empresas galegas establecidas en China desde hai décadas e agárdase un aumento das visitas comerciais por realizar entre ambos lados agora que as restricións do COVID-19 finalmente foron eliminadas en China.

Coñecer China máis fácil

Desde novembro de 2023, China aplicou visa-free para varios países europeos, incluíndo España, co fin de promocionar os intercambios e visitas tanto comerciais como turísticas entre ambos lados. Os sectores de turismo e cultura en China están recuperándose con bastante éxito.

China segue sendo un mercado e un provedor enorme e potencial para todo o mundo. Se hai calquera dúbida sobre as regulacións ou as tendencias do mercado en China, a Antena Igape China pode prestar servizos empresariais individualizados segundo as necesidades das empresas galegas. Para solicitalos, acceda a través da Oficina Virtual do Igape IG263 Servizo de internacionalización Antenas de Igape no exterior.

Sección de contidos de interese para descargar:

Adriana CaoAdriana Cao
Directora de Antena México

Cunha poboación de case 130 millóns, unha rica historia cultura de gran diversidade, unha situación xeográfica favorable e abundantes recursos naturais, México atópase entre as catorce economías máis grandes do mundo, sendo a segunda de América Latina.

A recuperación económica actual está liderada por un desempeño forte dos sectores manufactureiro, profundamente integrado nas cadeas de valor mundiais, mentres que o sector de servizos converteuse recentemente no motor do crecemento, finalizando co sector agrícola.

O prognóstico é que a economía creza un 2.3% en 2024. Os factores externos positivos para isto son:

  • A deslocalización das cadeas de valor de Asia a América do Norte –nearshoring– implica maiores fluxos de Investimento Estranxeiro Directo (IED) e a xeración de emprego de calidade.
  • Expectativa de crecemento económico nos Estados Unidos en 2024 e 2025. As perspectivas económicas para 2024 e 2025 dos Estados Unidos segundo a publicación de outubro do Fondo Monetario Internacional (FMI) son do 2,8% e do 2,2%, respectivamente.

Adicional á apertura comercial, unha sólida base manufactureira de exportación conectada cas cadeas de valor globais e un marco macroeconómico estable de México.

Este grao de apertura débese, en parte, aos múltiples acordos comerciais que asinou, que ofrecen acceso preferente a 46 países, sendo así que os produtos mexicanos teñan acceso preferente aos principais mercados a nivel mundial que, no seu conxunto, representan máis do 50% do PIB mundial e máis de 1,100 millóns de habitantes. E á pertenza a organismos internacionais como a OMC e APEC.

Así, a integración co mundo permitiu que México teña un desenvolvemento sostido nos últimos 40 anos, derivado de aproveitar as súas vantaxes e momentos económicos en canto a:

  • Complementariedade económica con Estados Unidos, Canadá e Europa no comercio e nas habilidades do seu capital humano.
  • Demográfico novo e dinámico que leva un enorme potencial: man de obra e talento. En 2050, a idade media en Norteamérica será de 42 anos, mentres que en China será de 52 anos e en Europa será de 46 anos. (Fonte: O noso mundo en datos).
  • A economía do futuro é dixital, pero a proximidade xeográfica sempre será unha vantaxe para a integración.
  • Os anteriores mecanismos de integración comercial T-MEC e TLCUEM contan xa con algunhas ferramentas para a mobilidade laboral.

Os acordos comerciais asinados fan de México para as empresas galegas, non só un país de destino final senón unha posible plataforma de entrada a América do Norte e do Sura, consolidándose como un mercado con interese estratéxico para o comercio internacional.

México e a UE contan cun Tratado de Comercio que foi modernizado, que se estima se asinará en 2025. Ca sua entrada en vigor espéranse beneficios económicos para ambas partes, incluído o aumento de exportacións, así como promoción do desenvolvemento sostible e o crecemento comercial bilateral de alimentos.

Cabe sinalar que, España destaca como o quinto cliente e o provedor número 12 para México, facéndoo o mercado máis importante fora de Europa.

En canto ao investimento estranxeiro directo (IED), o primeiro semestre de 2024 ascendeu a 31096,3 millóns de dólares, o que supuxo un incremento do 7,08% fronte aos 29040,8 millóns de dólares rexistrados no mesmo intervalo de 2023 segundo o realizado. e notificado no Rexistro Nacional de Investimentos Estranxeiros (RNIE).

España, pola súa banda, con 220 millóns de dólares no mesmo período de 2024, consolídase como o segundo investidor máis importante e o primeiro da Unión Europea.

O investimento español en México deriva das grandes corporacións multinacionais e pemes, que á súa vez, fan de provedoras destas grandes empresas.

Actualmente estímase que en México existen máis de 7,000 empresas de orixe español e 17000 galegos vivindo no país con negocios en os dous lados do atlántico.

México é o principal destino turístico de América Latina e o sexto país máis visitado do mundo recibindo máis de 42 millóns de turistas internacionais o pasado 2023. Froito de o seu indubidable potencial turístico polos seus atractivos naturais, culturais e unha gastronomía exquisita.

Relacións de negocios entre Galicia e México

Galicia e México mantiveron dende sempre estreitas relacións económicas e comerciais que se viron reforzadas nos últimos anos. Aínda que moitas grandes empresas galegas xa se atopan en México, tamén se fai cada vez máis notoria a presenza de compañías mexicanas en Galicia.

As empresas galegas están a contribuír ao desenvolvemento de México en sectores estratéxicos como o enerxético, financeiro, telecomunicacións, infraestruturas, servizos, turismo, transportes, medio ambiente, biotecnoloxía, automoción e aeronáutico.

México é o primeiro destino das exportacións galegas a Latinoamérica e o quinto máis importante fora de Europa. España foi o terceiro provedor europeo de México e o segundo comprador da UE.

Entre xaneiro e xullo de 2024, as exportacións galegas alcanzaron os 18.009,6 millóns de euros, un 3,9% máis que no mesmo período de 2023.

Durante os oito primeiros meses de 2024, 383 empresas galegas exportaron a México, acumulando 240.501,19 millóns de euros.

Sección de contidos de interese para descargar:

A Antena Igape México presta servizos empresariais individualizados. Para solicitalos, acceda a través da Oficina Virtual do Igape IG263, Servizo de internacionalización Antenas de Igape no exterior.

Javier Pérez PalenciaJavier Pérez Palencia
Director de Antena EUA

EUA primeira potencia económica

A economía dos EUA, cun produto interior bruto de 21,4 billóns de dólares en 2019, é a primeira do mundo. Forma un mercado de 328 millóns de consumidores que, cunha renda per cápita de 62.480 dólares, representa preto do 24% da produción mundial. Segundo datos da UNCTAD, en 2019 os EUA ocuparon o segundo lugar como emisor de investimento (9,5% do total mundial) e foron o principal receptor de investimento estranxeiro (15,9% do total).

Mercado

Segundo datos do censo de 2019, a poboación do estado de Florida é de preto de 22 millóns de habitantes, dos cales máis de 6 millóns viven na área metropolitana de Miami, tamén coñecida como Greater Miami Area (que inclúe os condados veciños de Fort Lauderdale e West Palm Beach), e 2,7 millóns no Condado de Miami. Nos últimos tempos, Miami converteuse na porta de América para España polos seus vínculos culturais e económicos con Latinoamérica e o Caribe. É un dos centros financeiros máis importantes do país e nas súas proximidades están as sedes de gran parte das multinacionais que operan en Latinoamérica.

Estados Unidos, cunha economía ben diversificada, avanzada tecnoloxicamente e cun gran peso do sector servizos, representa máis de dous terzos do PIB excluíndo o sector público. O sector industrial representa un 18,2% da produción total e abarca telecomunicacións, electrónica e equipos informáticos, química, automóbil, etc. O sector agrícola, aínda que pouco relevante en termos relativos, é altamente produtivo. Cabe salientar o alto porcentaxe do PIB que corresponde ao consumo privado, un 69,6% en 2019.

COVID-19

O gobernador de Florida, Ron DeSantis, asinou recentemente a Orde Executiva 20-315 que establece o inicio da vacinación contra a COVID-19 para os seguintes grupos:

  • Residentes e persoal dos centros de atención a longo prazo
  • Persoas de 65 anos ou máis
  • Persoal sanitario con contacto directo con pacientes
  • Persoas consideradas extremadamente vulnerables á COVID-19 polos provedores do hospital

O Departamento de Saúde de Florida (Florida Department of Health https://floridahealthcovid19.gov/) mantén as seguintes recomendacións:

  • Recoméndase aos residentes e visitantes cubrir o rostro se non é posible o distanciamento social, tanto en interiores como en exteriores
  • Absterse de reunións de máis de 10 persoas
  • Evitar espazos pechados, lugares concorridos e contornas de contacto próximo
  • Viaxar aumenta as súas posibilidades de contraer e propagar a COVID-19
  • Non viaxe se está enfermo ou se estivo preto de alguén con COVID-19 nos últimos 14 días
  • Non viaxe con alguén que estea enfermo

Viaxar a EUA

A Proclamación presidencial 9993 suspende a entrada aos Estados Unidos aos cidadáns estranxeiros que estiveran presentes nos 26 países que conforman a zona Schengen, incluída España, ata 14 días antes da súa chegada ao porto de entrada aos Estados Unidos.

O Departamento de Estado recomenda ler as páxinas de avisos de viaxe específicos do país e de COVID da embaixada dos EUA para obter actualizacións sobre o impacto da COVID-19.

Para obter información completa e actualizada, visite o sitio web da Embaixada dos EUA en España:

https://es.usembassy.gov/es/preguntas-y-respuestas-sobre-covid-19/

Oportunidades

Cómpre destacar a oportunidade que teñen as empresas nos sectores de comercio e turismo para posicionarse de maneira axeitada e actuar con rapidez ante unha nova "apertura".

2020-21 é un bo momento para revisar a estratexia das compañías que queren acceder a un mercado tan atractivo, diversificando os seus canais de entrada e explorando o canal en liña.

En liñas xerais, os sectores menos afectados e con máis actividade no Estado de Florida son os seguintes: transporte de carga aérea, industria marítima de recreo, tecnoloxía, equipos médicos, sector da alimentación en ‘retail’ (esperando que se reactive en Horeca), aeroespacial e naval.

Sección de contidos de interese para descargar:

Enrique Urrutia López de ViñaspreEnrique Urrutia López de Viñaspre
Director de Antena Emiratos Árabes Unidos

Os EMIRATOS ÁRABES UNIDOS son un país da península Arábiga situado, na súa maior parte, ao longo do Golfo Pérsico. O país está formado por unha federación de sete emiratos: Abu Dabi, a súa capital, Dubai, Sharjah, Ajman, Umm Al Qwain, Ras Al Khaimah e Fujeirah. Á súa vez, Emiratos forma parte do Consello de Cooperación do Golfo (GCC), tamén coñecido, ás veces, co seu nome oficial Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo, que foi fundado en 1981. Agrupa seis estados da península Arábiga: a propia Arábia Saudita, os seus pequenos veciños costeiros do Golfo, Kuwait, Bahréin, Qatar, Emiratos Árabes Unidos e Omán, nas beiras do Índico. O Consello de Cooperación do Golfo implantou en 2003 unha unión aduaneira que facilita o fluxo de bens e servizos entre estes estados. Tamén coordina a posta en marcha de institucións culturais comúns, sobre todo no eido dos medios de comunicación.

Mercado

Emiratos Árabes Unidos é a economía número 28 no ránking dos 196 países cuxa cifra do PIB se publica. O valor absoluto do PIB en Emiratos Árabes Unidos creceu 130.342M€ respecto a 2021, alcanzando os 481.141M€. Menciónase que Emiratos é o primeiro país en facer negocios no Oriente Medio, sendo considerado o número 11 a nivel global para realizar negocios.

Temos que ver a Emiratos como o trampolín facilitador dos negocios non só na zona do Oriente Medio senón tamén nas súas conexións internacionais grazas á presenza de grandes actores comerciais, industriais e investidores de todo o mundo. Non en balde, o 35% das importacións que chegan a Emiratos son, posteriormente, exportadas a terceiros países de África, Oriente Medio e Extremo Oriente.

O comercio é, sen dúbida, a pedra angular de Emiratos a pesar de ser un mercado maduro e con gran competencia internacional, sendo o sector do Transporte & Logística, os servizos, os servizos financeiros, as manufacturas, a inmobiliaria, o turismo e as telecomunicacións algúns dos actores que contribúen ao crecemento constante do seu PIB.

O Igape conta en Emiratos Árabes Unidos cunha oficina situada na Ras Al Khaimah Free Zone, considerada entre as 7 zonas de negocio de maior relevancia dos emiratos, dun total de máis de 40 zonas francas e un bo número de parques industriais.

Por que Emiratos?

Son moitos os motivos que sinalan a Emiratos Árabes Unidos como o mellor enclave para a expansión estratéxica na zona. É un país que soubo sacar proveito da súa localización xeográfica. Dubai expúxose visualmente ao mundo facendo posible que as grandes empresas multimillonarias, medianas e pequenas empresas fixesen o seu foco nesta zona xeográfica. Dubai, entre todos os emiratos, soubo poñer o seu enclave á disposición do mundo. Soubo dar cabida a políticas e economías de todas as cores. Soubo aunar esforzos e crear contornas competitivas para, primeiro o seu propio desenvolvemento e, despois, para o de toda a zona. Hoxe en día non somos capaces de entender Oriente Medio sen Emiratos.

A visión estratéxica de Sheikh Zayed continúa hoxe en día con máis forza que nunca, da man dos seus dirixentes. Emiratos está a saber dar valor a todo o seu territorio, demostrando claramente este feito co crecemento rápido de todos e cada un dos seus estados.

A Expo 2020, celebrada cun ano de atraso pola pandemia, deu máis valor ao propio contorno. O seu lema, “Conectando mentes, creando futuro” serviu como plataforma para reunir ás mellores mentes do mundo, inspirando solucións para os desafíos actuais e futuros. A pesar do momento social que se vivía, houbo máis de 25 millóns de visitas.

Non conformes con este liderado, fixeron máis alto o listón ao querer acoller a COP28. Desde o principio soubese que isto ía ser un antes e un despois. Esperábase que esta COP fose o interruptor que potenciaría as conversas sobre o cambio climático. E, así foi. Conseguíuse a firma de máis de 140 países que apostaron por crear os vínculos e o camiño para evitar que a temperatura global suba 1,5º.

Todo isto non son máis que fites dun país, dun enclave que, aínda cando está rodeado de conflitos políticos e bélicos, sempre sabe manter o equilibrio necesario para que todos os actores ocupen o seu lugar.

En definitiva, Emiratos é un punto estratéxico para todas aquelas empresas que teñan un claro convencemento na súa vontade exportadora e de crecemento no mercado internacional.

Sección de contidos de interese para descargar:

A antena con sede en Casablanca (Marrocos) céntrase neste estratéxico país, pero tamén inclúe a 4 países do Norte de África (Mauritania, Alxeria, Tunisia e Exipto).

Trátase dun mercado potencial de máis de 200 millóns de consumidores (207,5 millóns), incluíndo o segundo país máis poboado do continente (Exipto con 109 millóns) ou o máis grande en superficie (Alxeria con máis de 2.381.740 quilómetros cadrados).

Son países con realidades distintas, pero que comparten a proximidade xeográfica respecto a Europa e un maior nivel de desenvolvemento económico, de media, que o resto do continente.

Marrocos

Marrocos é un país de máis de 37 millóns de habitantes, separado por apenas 15 quilómetros da península ibérica.

A súa estabilidade política e macroeconómica, ademais da súa extraordinaria situación xeoestratéxica e facilidades de acceso para empresas internacionais, convertérono nun dos principais destinos para o investimento directo estranxeiro en África (o ranking FDI Confidence Index sitúao no 16º posto entre os mercados emerxentes mundiais máis atractivos). Tamén destaca no ranking Doing Business, sendo o 1º no Norte de África e o 3º a nivel continental.

O Acordo Euromediterráneo de Asociación UE-Marrocos (en vigor dende o ano 2000) permitiu a creación dunha zona de libre comercio entre ambas as partes con importantes baixadas arancelarias. É por esta razón que hai máis de 800 empresas españolas instaladas no país e máis de 17.600 (en 2021) que exportan a este destino.

Dende o ano 2013, España é o principal socio comercial de Marrocos, superando a Francia. Contribúe co 15,7% das importacións de Marrocos e co 21,5% das súas exportacións. As economías española e marroquí son complementarias e prodúcense importantes sinerxías.

Marrocos e España manteñen relacións estratéxicas en todos os niveis (político, económico, cultural e social), reflectindo un alto entendemento mutuo e un firme compromiso para avanzar nunha asociación estratéxica e diversa. Estas relacións seguirán estreitándose nos próximos anos, culminando coa celebración do Mundial de Fútbol no ano 2030.

Importancia de Marrocos para Galicia

Marrocos é o 10º destino máis importante para as exportacións galegas, o 3º fóra da Unión Europea. Por outro lado, o país alauita é o 3º provedor da comunidade.

As principais partidas exportadas son as manufacturas de consumo (outras manufacturas de consumo e coiro), semimanufacturas (outras semimanufacturas e produtos químicos), sector do automóbil (automóbiles e motos e compoñentes do automóbil) ou produtos enerxéticos (gas e petróleo e derivados). Mentres que as importacións adoitan ser habitualmente alimentación, bebidas e tabaco (produtos pesqueiros), bens de equipo (outros bens de equipo), manufacturas de consumo (téxtiles e confección) ou sector do automóbil (compoñentes do automóbil).

Aparte de ser un importante destino para Galicia e España, grazas ao acordo de libre comercio africano (AfCFTA), Marrocos actúa como porta de entrada a un continente en pleno desenvolvemento con máis de 1.400 millóns de potenciais consumidores (en 2050 será practicamente o dobre, 2.500 millóns, o que suporá un 25% do total mundial).

Oportunidades

Marrocos converteuse nos últimos anos no principal produtor de vehículos do continente africano, con capacidade para producir un millón de vehículos anuais e prevé dobrar esta cifra para 2030 (2 millóns de vehículos). É un sector cunha alta taxa de integración local que foi capaz de atraer a numerosas empresas estranxeiras do sector auxiliar da automoción. Por iso, o porto de Tanger Med converteuse en pouco tempo nunha plataforma loxística crucial e no primeiro porto de contedores do Mediterráneo.

Outros sectores clave de oportunidade son o aeronáutico, as enerxías renovables, o agrícola, o turístico, as infraestruturas, o financeiro (Casablanca Finance City) ou o biotecnolóxico.

Exipto

Exipto, con unha poboación de 109 millóns, é o país máis poboado do mundo árabe e o segundo de África. A maioría da súa poboación (95%) concéntrase no Delta do Nilo e en centros urbanos como O Cairo, o que supón un desafío para o país na xestión do rápido crecemento demográfico (espérase que a poboación se dobre en 2078).

É un país que se está abrindo gradualmente ao comercio internacional a través de acordos como a EFTA (European Free Trade Association) e o AfCFTA (Acordo de libre comercio africano). Conta en 2023 co PIB nominal máis elevado de África (398.397 mil millóns de $).

Os seus principais sectores de actividade son o agrícola, o enerxético, a construción e a industria.

Presenta oportunidades para empresas galegas en campos como a acuicultura, a agricultura, o téxtil, a automoción, a construción e o desenvolvemento de infraestruturas.

Alxeria

É a 4ª economía do continente africano en canto a PIB nominal (224.107 mil millóns de $ en 2023) e a 8ª no que respecta ao PIB per capita (4.874 $). O seu principal sector de actividade é o enerxético, contando cunhas das principais reservas de gas a nivel mundial.

É un mercado potencial de 45 millóns de persoas, sendo o 9º país máis poboado de África, aínda que distribuído de forma moi desigual e sobre todo no litoral. O deserto do Sáhara cobre o 90 % do territorio de Alxeria, o país máis extenso de África.

Trátase dun país que historicamente destacou polo seu proteccionismo, imposibilitando a entrada de empresas estranxeiras en algúns sectores ou contando con trabas comerciais e non comerciais. Non obstante, ao igual que o resto de países da súa contorna, levou a cabo diversas iniciativas aperturistas nos últimos anos. Unha delas foi a eliminación en 2021 da lei 49/51, que obrigaba aos estranxeiros a contar cun socio maioritario local na creación de filiais ou empresas locais.

Galicia é o principal exportador español a Alxeria (xaneiro de 2024), experimentando un crecemento do 95.398% respecto ao mesmo período anterior.

Importamos principalmente produtos enerxéticos e fornecemos ao mercado alxeriano bens de equipo (material de transporte) e semimanufacturas.

Alxeria presenta oportunidades en sectores diversos como as enerxías renovables (hidróxeno verde), minería, sector agrícola ou turístico.

Tunisia

É un pequeno país mediterráneo con practicamente 12 millóns de habitantes, dos cales un número elevado vive en áreas urbanas e conta cunha alta taxa de estudantes e graduados universitarios.

Dende 2010, coa primavera árabe e con outros sucesos como a guerra no veciño Libia, o país sufriu diversas crises pero encóntrase nun momento de rexurdimento.

É o 5º maior cliente de España en África e en 2022 bateuse o récord de comercio bilateral (+29,2% nas exportacións e +44,9% nas importacións).

Os seus principais sectores son o agrícola, turístico, téxtil, químico e TIC. Aínda que as súas principais exportacións son produtos agrícolas, pesqueiros, forestais, químicos, farmacéuticos, manufacturas e petróleo.

Presenta oportunidades, entre outras, na agricultura, no desenvolvemento do turismo sostible, en proxectos de desalinización de auga de mar, no desenvolvemento de proxectos fotovoltaicos, nas infraestruturas e na conversión de Tunisia nun hub tecnolóxico.

Mauritania

É o país menos poboado do Magreb aínda que non dos máis pequenos (dobra en superficie a España e conta con máis dun millón de quilómetros cadrados).

Os principais sectores de actividade son a pesca (conta cun ecosistema excepcional que favorece a reprodución de especies mariñas), a agricultura e gandería, a minería (ferro e ouro) e os hidrocarburos.

Trátase dun mercado que mellorou a súa apertura comercial e que experimentou taxas de crecemento estables (entre un 4 e un 6% de media entre 2010 e 2024).

España foi en 2020 un dos seus principais socios comerciais, 4º destino das exportacións mauritanas (6,6%) e 2º destino das importacións (14,6%). Trátase dun mercado que importa sobre todo combustibles, máquinas e aparellos mecánicos, alimentos (depende ata nun 70%) ou vehículos automóbiles.

Presenta oportunidades no sector dos bens de consumo, a economía azul, a enerxía, a construción ou o sector turístico.

É un mercado aínda por descubrir para as empresas galegas, xa que é o 13º destino en África das exportacións (material de transporte, xoguetes, semimanufacturas, lácteos e ovos e produtos pesqueiros) e o 5º para as importacións (produtos pesqueiros).

Sección de contidos de interese para descargar:

Masahiro MasudaMasahiro Masuda
Director de Antena Xapón

Mercado de Xapón: Un período de transición

Segundo o último informe do Fondo Monetario Internacional (FMI), Xapón ocupa o cuarto lugar en termos de Produto Interior Bruto (PIB) a nivel mundial, situándose detrás de Estados Unidos, China e Alemaña, cun valor estimado de 4.300 billóns de dólares. A súa poboación en 2023 acada os 123,3 millóns de habitantes, ocupando o duodécimo lugar no mundo.

Dende o estouro da burbulla económica a principios da década de 1990, Xapón experimentou un longo período de deflación que se estendeu durante 30 anos, ata o 2023, momento no que a tendencia pareceu cambiar. Durante o ano 2023, a bolsa de valores de Xapón experimentou un crecemento exponencial, o tipo de cambio da divisa do país, o iene xaponés (JPY), diminuíu considerablemente e, entre outros factores, os prezos en xeral aumentaron, indicando o fin da era da deflación. En marzo de 2024, o Banco de Xapón decidiu aumentar a taxa de xuro para saír da zona negativa, despois de 17 anos. A bolsa de valores continúa en alza e obsérvanse incrementos salariais, o que suxire que estamos nun momento histórico de cambio cara ao crecemento.

As empresas xaponesas, ao longo destes 30 anos, buscaron adaptarse gradualmente para evitar a competencia de prezos, centrándose en fortalezas noutros aspectos como a tecnoloxía e os mercados de nicho, entre outros. Cos cambios positivos nas circunstancias e na modalidade das empresas xaponesas, este mercado está atraendo interese a nivel global.

Acordo de Asociación Económica (EPA) entre Xapón e a Unión Europea

En febreiro de 2019, deu comezo o maior acordo de libre comercio asinado xamais pola Unión Europea, o acordo de Asociación Económica entre Xapón e a Unión Europea. Este acordo fomentou significativamente as relacións comerciais bilaterais mediante a eliminación da maioría dos aranceis e establecendo normas comúns que melloraron a transparencia e a cooperación en numerosos sectores, impulsando así a confianza e os investimentos mutuos.

Relacións entre España e Xapón

Comercio: En 2023, as exportacións de España a Xapón ascenderon a 704 mil millóns de iens (aproximadamente 4,4 mil millóns de euros), o que representa o 78% do valor rexistrado en 2022. Pola súa banda, as importacións dende Xapón aumentaron nun 29,6% durante o mesmo período, principalmente debido ao efecto do tipo de cambio débil do iene xaponés fronte ao euro. Os principais produtos de exportación inclúen a carne de porco (11,2%) e os automóbiles (5,9%).

Relacións entre Galicia e Xapón

Segundo datos do goberno autonómico de Galicia en 2023, no último quinquenio as exportacións galegas a Xapón medraron un 82%, acadando a cifra récord de 180,3 millóns de euros, centrándose no sector do automóbil e dos produtos pesqueiros. Ademais, a tendencia segue sendo crecente e prevese un maior crecemento nos sectores da biotecnoloxía, enerxías renovables e o sector das telecomunicacións.

No ámbito do turismo, Galicia construíu historicamente alianzas con Xapón, comezando coa alianza entre a ruta de peregrinación budista Kumano Kodo e o Camiño de Santiago en 1998. En 2015, iniciouse o programa "Peregrino Dual", cuxos cumprimentos acadaron os 5000 participantes en outubro de 2023. Ademais do Kumano Kodo, Turismo de Galicia tamén apoia o camiño xaponés de Shikoku-Henro dende 2017, co obxectivo de que sexa declarado Patrimonio Mundial.

Sección de contidos de interese para descargar:

 

Máis Igape Internacional

 

Os días 23 e 24 de outubro celebrarase a XIV Semana Internacional Contract Galicia 2024. Preme o botón máis información. The XIV International Contract Galicia Week 2024 will be held on the 23rd and 24th of October. Click the "More Information" button.

Máis información / More information

Datos comercio exterior Galicia Outubro 2024

Sector
Datos
(Millones de euros)
% Variación anual
Export Import Saldo Export Import Saldo
Téxtil / Moda 847,7 372,5 475,3 7,6% 7,7% 7,5%
Automoción 784,1 184,8 599,3 -7,1% -1,0% -8,8%
Agroalimentación e Bio 399,2 487,2 -88,0 13,3% 22,6% -95,4%
Metalmecánico 281,9 244,2 37,7 49,3% -3,0% 160,0%
Productos minerales 102,6 235,1 -132,5 -37,1% -32,4% 28,3%
Madeira / Forestal 100,4 36,1 64,3 11,8% 2,1% 18,1%
Industrias Químicas 91,3 49,2 42,2 -21,1% -7,8% -32,4%
Plásticos / Caucho 39,1 46,5 -7,4 0,8% 3,7% -22,2%
Maquinaria 38,6 67,7 -29,1 -3,0% -63,8% 80,2%
Pedra Natural 32,7 2,2 30,5 8,8% 10,9% 8,7%
TIC 18,8 18,8 -0,1 76,0% 69,6% 80,5%
Cementos 11,5 6,1 5,4 -6,9% 2,3% -15,4%
Naval 6,3 1,1 5,2 108,1% 72,1% 117,6%
Aeronáutico 2,5 0,2 2,3 -93,4% -14,7% -93,9%
Resto sectores 128,4 44,4 84,1 84,3% 6,2% 201,0%

Fonte: Departamento de Aduanas e Impostos Especiais. AEAT

Neste enlace de Infoscod podes ampliar o detalle destes datos e acceder a mais contidos. Infoscod é a plataforma empregada polo Igape para consultar datos de carácter socioeconómico. Infoscod é unha iniciativa colaborativa que funciona como un agregador de datos provintes de fontes estadísticas oficiais.

Sectoriais

  • Informe sectorial - O sector contract en Galicia [Outubro 2023] Descarga

Estados Unidos (EUA)

  • Informe de oportunidades comerciais en EUA - Sector agroalimentario [Outubro 2023] Descarga
  • Resumo executivo do sector sanitario en Estados Unidos [Abril 2023] Descarga
  • Informe sectorial vitivinícola en Estados Unidos [Abril 2023] Descarga
  • Resumo executivo Canles de distribución do sector vitivinícola en Estados Unidos [Abril 2023] Descarga

Italia

  • Nota sector agroalimentario - Foodtech Italia [Marzo 2023] Descarga

Xapón

  • Resumo executivo: Análise do sector da moda en Xapón [Xuño 2023] Descarga

Singapur

  • Nota sectorial: Moda Singapur [Febreiro 2023] Descarga

Suecia

  • Folla sector transporte: Análise do Plan Nacional de Infraestruturas de Suecia [Marzo 2023] Descarga
  • Folla sector transporte: Informe licitacións [Abril 2023] Descarga

Análise da situación de internacionalización da empresa.

Solicitude de Alta

Análise da situación de internacionalización da empresa.

Solicitude de Alta

Base de datos de expertos en comercio exterior con experiencia contrastada en servizos de apoio á internacionalización e con amplos coñecementos do mercado do país de ubicación.

Bases de axentes

Solicitude de alta

Manual da solicitude

Bases reguladoras

Trátase dun directorio que recolle profesionais con perfil e formación orientados á internacionalización empresarial co fin de difundir esta información entre o tecido empresarial galego e canalizar a oferta e a demanda de persoal especializado deste tipo.

O directorio está á disposición do tecido empresarial galego co obxectivo de canalizar a oferta e a demanda de persoal especializado na xestión internacional da empresa. Para a incorporación á empresa destes profesionais tamén se pode solicitar a axuda para a contratación de xestores de internacionalización 2024.

Máis información ver Xestores de Internacionalización

Directorio de xestores

Solicitude de perfís

Inscrición Profesional

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Base de datos de empresas que prestan servizos de asistencia técnica para a internacionalización empresarial.

O Igape, a efectos de facilitar a internacionalización da economía galega, dispón de diversos servizos de información e facilitación de acceso a especialistas en comercio exterior tanto de orixe como de destino, como son os servizos de Xestores de Exportación e de Axentes Comerciais Mediadores no Exterior.

A base de datos publicada neste apartado de empresas que prestan servizos de asistencia técnica para a internacionalización empresarial pode ser consultada a través dos seguintes filtros:

  • Sectores de especialización
  • Canal de especialización
  • Servizos de apoio que prestan
  • Comunidad Autónoma de localización
  • Países ámbito de actuación
  • Idiomas cos que traballa a consultora

Na base de datos pode atopar datos para contactar directamente coa empresa que desexe.

Nota: O Igape non se fai responsable da veracidade da información declarada polas empresas -publicada nesta base de datos-, nin da eficacia dos servizos contratados ás mesmas.

Consultar bases

Darse de alta

A información e o aprendizaxe continuo son fundamentais no contexto económico actual, globalizado e en constante cambio. O éxito das estratexias de internacionalización das empresas está directamente relacionado co grao de formación dos seus profesionais. Neste Campus poñemos á disposición das empresas galegas, cursos, webinarios e novas relacionadas co mundo da internacionalización empresarial.

Acceso ao Campus

As bolsas Igape internacional son un programa que busca formar especialistas no ámbito de la internacionalización empresarial a través de formación práctica nas Oficinas Comerciais e Económicas, tanto no estranxeiros como en Galicia.

Os mozos realizarán labores de investigación de mercados, estudos de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras:

  • Duración: 1 ou 2 anos
  • Destinos en 25 países
  • Alta empregabilidade

A convocatoria vai dirixida a persoas menores de 35 anos, con titulación universitaria superior, e achegará formación práctica en internacionalización que se poderá levar a cabo no estranxeiro e ou en Galicia, en entidades e organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial.

Os países en que os seleccionados completarán a súa formación no estranxeiro inclúen novos mercados internacionais, algúns deles de interese estratéxico para o tecido empresarial galego. Así, os bolseiros terán como posibles destinos, entre outros, Bogotá, Casablanca, Chicago, Dubai, Dusseldorf, Johannesburgo, Kuala Lumpur, Lima, México, Miami, Montevideo, Oslo, Ottawa, Roma, Seúl, Singapur, Tokio, Varsovia ou Yakarta.

A iniciativa contribúe así á capacitación profesional de novos titulados na internacionalización de empresas, á mellora da súa empregabilidade para facilitar o seu acceso ao mercado laboral e ao desenvolvemento de proxectos de internacionalización das pemes galegas nos cales colaborarán os bolseiros achegando os seus coñecementos ao tempo que reforzan a súa formación práctica.

A programación das bolsas abrangue o estudo dos sectores máis importantes dos mercados estranxeiros, a análise das oportunidades e debilidades dos sectores estratéxicos galegos en relación coa súa internacionalización e o estudo das formas de introdución das empresas nos mercados internacionais, contando para a aprendizaxe co apoio de titores tanto nas estadías no estranxeiro como en Galicia.

Máis información

Ligazón á bolsa

Infografía

Programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación que persegue que solucións innovadoras galegas alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.

Máis información e inscricións

O portal virtual “SALT” facilita ao empresariado galego o acceso a información cualitativa sobre a apertura de concursos públicos de carácter internacional e inclúe un servizo de busca de licitacións de organismos multilaterais; un resumo do proceso de licitación e enlace ao portal de publicación; un servizo de solicitude de alertas personalizadas e de asesoramento especializado; información sobre o compliance como factor de competitividade e posicionamento do tecido produtivo galego nos procesos de internacionalización.

Máis información e acceso ao portal

A aplicación deste modelo realizarase en distintas fases cunha cronoloxía específica e consideramos importante destacar as datas de aplicación de cada unha debido ás implicacións na documentación e sistemas de control que se aplicarán:

Primeira fase: 31 de xaneiro de 2024:

Introdución de certificados sanitarios e fitosanitarios para distintos produtos en función da súa categorización de risco así como a eliminación doutros requisitos previos esixidos na importación de países terceiros.

Segunda fase: 30 de abril de 2024:

Introdución de controles físicos e da documentación requirida para diferentes tipos de produtos en función da categorización de risco.

Terceira fase: 31 de outubro de 2024:

Obrigación de presentar declaracións sumarias pertinentes para as importacións de Gran Bretaña procedentes da UE.

Webinar Actualización dos controles agroalimentarios no Reino Unido:

Mais información:

  • Información de interese sobre o mercado do Reino Unido - ICEX Consultar
  • Paquete de información e material práctico Descargar
  • Nivel de risco dos produtos agroalimentarios (consultar a folla de datos posta a disposición na web de GOV UK Consultar
  • Cambios que entraron en vigor o 1 de xaneiro de 2024 en etiquetado relativo aos Food Business Operators (FBOs) Consultar
  • Webinars de capacitación con actividades de preparación para as empresas en Evenbrite e YouTube
  • Controles sanitarios e fitosanitarios Consultar
  • Controles sanitarios e fitosanitarios produtos agroalimentarios Consultar
  • Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Londres Consultar
  • Guías de acceso ao mercado británico Consultar
  • Vídeos explicativos Brexit Consultar
  • Requisitos FBO Consultar
  • Etiquetas alimentos Reino Unido Consultar
  • Controles importación produtos de orixe vexetal Consultar
  • Produtos de orixe animal para consumo humano (POAO) Consultar
  • Produtos de orixe animal para consumo non humano (ABP) Consultar
  • Produtos compostos Consultar
  • Produtos da pesca Consultar
  • Viño Consultar
  • Certificados fitosanitarios Consultar
  • Certificados sanitarios Consultar
  • Información sobre postos de control de fronteiras Consultar
  • Diagrama de decisións nº 1: ¿O seu produto é un produto composto? Consultar

Documentación en inglés:

  • 2024-06-18 Cabinet Office Borders Bulletin BTOM Consultar
  • 2024-06-12 BTOM Recent Updates Consultar
  • 2024-05-17 Cabinet Office Borders Bulletin BTOM Consultar
  • 2024-04-29 Cabinet Office Borders Bulletin BTOM Consultar
  • Border Target Operating Model (BTOM)Consultar
  • 2024-01-30 Borders Bulletin BTOM Consultar
  • Use of Verifiable PDF Health Certificates Consultar
  • The Border Target Operating Model – Compliance and Enforcement Approach January 31 to April 30 2024Consultar
  • BTOM All Stakeholders Meeting Presentation Consultar
  • Update on minced meats, meat preparations and mechanically separated meat Consultar

Ademais, o departamento británico do Cabinet Office do goberno británico abre unha área de apoio para a resolución das consultas máis específicas coa que se pode contactar directamente a través do correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.