Un novo modelo de relación coas empresas atendendo, apoiando e acompañando as súas iniciativas.
A Oficina Económica de Galicia é o punto de acollida centralizado e singular da Xunta de Galicia para facilitar e axilizar a implantación, posta en marcha e desenvolvemento das iniciativas empresariais en Galicia ás empresas e ás persoas autónomas ou emprendedoras mediante a prestación de servizos de información, atención, asesoramento, acompañamento e soporte individualizado, personalizado e especializado e mediante a coordinación co resto de consellerías.