O noso ecosistema - ilustración

O fin último do Igape é fortalecer o tecido empresarial de Galicia e, para iso, desde o seu inicio contou cunha importante rede de apoios que comparten a súa misión.

Isto tamén lle permitiu coñecer a realidade empresarial de primeira man e mellorou de forma substancial a súa achega.

Promovemos a colaboración:

Ben de xeito directo ou ben promovendo actuacións en colaboración con entidades e agrupacións empresariais, o Igape impulsa ás empresas para que superen os seus retos competitivos.
A colaboración, tanto entre as empresas como coas administracións ou con outras organizacións, permite reducir custos e riscos mediante a suma de esforzos e recursos, o que contribúe a mellorar o crecemento do tecido productivo de Galicia.

Quen é o noso ecosistema?

É unha sociedade xestora de entidades de capital risco. A través dela, as empresas poden encontrar financiamento para os seus proxectos mediante participacións no seu capital social ou a través de préstamos participativos que poden converterse en capital. O único requisito á hora de presentar unha solicitude, é que sexan empresas non financeiras cuxos valores non coticen no primeiro mercado da Bolsa de Valores.

Saber máis

A Axencia Galega de Innovación é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía, Industria e Innovación pero con personalidade xurídica propia, que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.

Saber máis

A función da consellería é executar as directrices do goberno autonómico galego en materia de economía, industria e innovación. Está dividida en direccións, secretarías e outros organismos para levar a cabo a súa actividade.

Colaboramos a través de:

Xestión conxunta de programas de apoio ás empresas

Convenios para facilitar o financiamento

Apoio na busca de investigadores privados

Accións formativas

Participación conxunta en proxectos europeos