Internacionalización - ilustración

A globalización ensinounos que a capacidade das empresas de expandirse a novos mercados está estreitamente relacionado co crecemento económico dunha rexión.

Nestes máis de 25 anos de andadura, o Igape puido observar a importancia do apoio ás empresas en materia de internacionalización; o que contribuíu á dinamización da economía galega.

Na súa traxectoria, o Igape contribuíu á

expansión internacional das empresas galegas,

a través de numerosos programas de financiamento, asesoramento e formación.

Video internacionalización

A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas, especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é una fonte de mellora continua da competitividade, as directrices de traballo neste área recollénse na Estratexia de internacionalización para as empresas galegas 2021-2025.

Descargar a síntese da Estratexia

Axudas para a internacionalización

Axudas para a realización de acción de promoción exterior, participación en feiras, misións, etc.

Axudas para posta en marcha de plans de internacionalización que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.

O obxecto destas bases é posibilitar o apoio á participación das grandes empresas non pemes no Plan Foexga. O obxectivo principal deste programa é conseguir a internacionalización real de empresas galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.

As actuacións que engloban están dirixidas a:

  • Aumentar a base de empresas exportadoras.
  • Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
  • Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
  • Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade