Cúbica
A Xunta e a Confederación de Empresarios de Lugo colaboran na posta en marcha de dous puntos de asesoramento a pemes en Ribadeo e Monforte de Lemos
- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Lugo na presentación deste proxecto, Conecta Lugo
- Avanzou a publicación da nova convocatoria de IFI Innova, coa que se prevé mobilizar 4 M€ en apoios a proxectos de innovación que desenvolvan empresas de calquera sector de actividade
A Xunta activa unha nova convocatoria das liñas Galicia Exporta con 7,5 millóns que buscan facilitar a presenza das pemes galegas nos mercados internacionais
- O programa Galicia Exporta Empresas destina 5 millóns para impulsar plans de internacionalización que inclúen, entre outras accións, a participación en actividades de promoción internacional ou a planificación de axendas de contactos e seguimento de clientes no exterior
- A liña Galicia Exporta Organismos Intermedios suma 2,5 millóns para atender proxectos colectivos coordinados por agrupacións empresariais
- O prazo de presentación de solicitudes está aberto desde hoxe ata o vindeiro 24 de maio, e as subvencións son de ata un 70% dun gasto máximo subvencionable de 130.000 euros
- As liñas complementan á nova convocatoria do Galicia Exporta Dixital, xa aberto cun orzamento de 4,4M€ para fomentar as vendas internacionais de pemes, autónomos e comercios a través de ferramentas dixitais innovadoras
- A Xunta busca así reforzar a colaboración co tecido empresarial galego, que vén de acadar, no 2021, rexistros históricos no que ás vendas ao exterior se refire, superando por primeira vez a barreira dos 25.000 millóns
A Xunta destaca o carácter precursor de Valver, que desde Colombia abre o camiño ás empresas galegas que queren dar o salto ao mercado latinoamericano
- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións desta compañía en Medellín, referente da automoción galega implantada en Colombia
- Especializada en serigrafía e decoración industrial, a compañía está comprometida coa innovación e a sustentabilidade
Conde subliña que a misión comercial a Colombia permite a Galicia afianzar a internacionalización da súa economía con acordos de colaboración no naval, tic e aeroespacial
- Resalta que foi unha viaxe na que se puido constatar que o interese por estreitar lazos de colaboración entre Galicia e Colombia é recíproco, tanto a nivel económico como cultural
- Agradece ao presidente Iván Duque o modo en que se envorcou o Goberno colombiano pola receptividade e o acompañamento que brindou á delegación galega ao longo de toda a axenda no país
- Lembra que Galicia levou a Colombia proxectos estratéxicos como o Polo Aeroespacial e a Cidade das TIC e confirmou o interese do Goberno do país de visitar este ano as instalacións de Rozas; ao igual que a presenza dunha delegación de empresas colombianas do naval en Navalia, en maio
- Salienta que as oportunidades de colaboración serán maiores na medida en que Galicia e Colombia saiban crear sinerxías ante desafíos globais como a economía verde e a dixitalización
- Avoga por promocionar o turismo entre ambos os dous países logo de inaugurar en Bogotá o único fito conmemorativo da ruta Xacobea situado a máis de 3000 metros de altura
A Xunta aposta pola transformación dixital para garantir a competitividade e a internacionalización do tecido empresarial galego
- O director do Igape, Fernando Guldrís, inaugura un webinario sobre o programa Galicia Exporta Dixital, aberto á presentación de solicitudes ata o vindeiro 27 de abril e que ofrece a pemes e autónomos ferramentas dixitais innovadoras para promover as súas vendas no exterior
- Destaca que ata o de agora o programa permitiu impulsar máis de 330 plans de internacionalización encamiñados á promoción das empresas e os seus produtos en máis de 90 países, por importe de preto de 12M€
- Subliña que o Galicia Exporta Dixital se complementa cos Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, liñas publicadas o pasado xoves 17 de marzo, e que contan cun orzamento de 7,5M€ para o ano 2022
- Pon en valor as axudas á dixitalización das pemes, os programas de apoio ao emprendemento, ou a liña de servizos ReAcciona, aplicada tanto a ámbitos de desenvolvemento estratéxico, como á innovación e á adopción de solucións de dixitalización
A Xunta advirte de que a inacción do Goberno pon cada día máis difícil a recuperación económica do tecido empresarial
- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta que na conferencia sectorial para abordar as consecuencias económicas da guerra en Ucraína non se concretaron por parte do Executivo central medidas específicas para o transporte, os sectores afectados e as familias.
- Asegura que o Goberno debe rectificar a súa posición de forma inmediata, adoptando iniciativas no eido das súas competencias enerxéticas e fiscais, tal e como están facendo no resto de países da Unión Europea
Conde destaca que a Asociación Galega do Hidróxeno vai ser un axente mobilizador do sector na candidatura de Galicia ao Perte de enerxías renovables
- Subliña que esta organización xorde porque Galicia está sabendo interpretar este contexto de oportunidade, nun momento en que a aposta polas renovables é un elemento clave para reducir o prezo eléctrico e garantir a competitividade e sustentabilidade do tecido industrial.
- Apunta que Galicia é a segunda comunidade autónoma que máis enerxía renovable xerou durante 2021, e que a eólica e a hidráulica sumaron máis do 70 por cento da produción eléctrica autonómica.
Próximas feiras internacionais e misións comerciais 2022
A Xunta, en colaboración coas Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de Galicia, ofrece as empresas galegas a posibilidade de participar nas seguintes feiras e misións comerciais.
As catro provincias galegas incrementan as súas vendas ao exterior en 2021 contribuíndo ao récord histórico de Galicia
O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, participou hoxe en Barcelona na inauguración da quinta edición de Advanced Factories. Destacou a aposta do Goberno galego pola transformación dixital do tecido produtivo, por avanzar no desenvolvemento dos sectores económicos emerxentes e por fomentar unha economía verde e circular.
A Xunta aposta por fomentar a construción sustentable en madeira para xerar valor na industria forestal galega e no medio rural
Conde destaca que a liña de apoios da Xunta para incentivar o uso da madeira na construción contribuíu a mobilizar 13M€ en máis de cen vivendas e locais comerciais. Destaca que esta vivenda é a mellor abandeirada posible da marca Pino de Galicia, que é unha garantía de trazabilidade, calidade e sustentabilidade; as tres vantaxes competitivas que definen o sector forestal e a cadea da madeira en Galicia.