A Xunta e a Confederación de Empresarios de Lugo colaboran na posta en marcha de dous puntos de asesoramento a pemes en Ribadeo e Monforte de Lemos

Luns, 28 Marzo 2022 10:28
  • O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Lugo na presentación deste proxecto, Conecta Lugo
  • Avanzou a publicación da nova convocatoria de IFI Innova, coa que se prevé mobilizar 4 M€ en apoios a proxectos de innovación que desenvolvan empresas de calquera sector de actividade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na presentación da iniciativa Conecta Lugo, que a Xunta desenvolve en colaboración coa Confederación de Empresarios desta provincia (CEL), e a través da que se abrirán dous puntos de información en Ribadeo e Monforte de Lemos para achegar asesoramento a un maior número de pemes.

Conde agradeceu á CEL a súa disposición a cooperar e insistiu na importancia da colaboración público-privada para impulsar a competitividade empresarial. Neste sentido, as novas oficinas ofrecerán axuda ás pemes, especialmente en todo o que atinxe á innovación, co foco posto naquelas con potencial pero que aínda non deron o paso. Tamén se desenvolverán actividades divulgativas, visitas a empresas e foros sectoriais para difundir entre o tecido empresarial da provincia a cultura da innovación, os apoios dispoñibles e a importancia de emprender este camiño.

  • Lorenzana anuncia a aprobación da primeira convocatoria de axudas en Galicia para promover o uso da intelixencia artificial nas empresas
    Ler máis
  • A Xunta pon en valor a Oficina Económica de Galicia para avanzar na desburocratización e axilización administrativa e acompañar ao tecido produtivo
    Ler máis
  • A Xunta destaca a achega de Kreios Space á diversificación e internacionalización do sector aeroespacial galego
    Ler máis