- A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou por videoconferencia nunha xuntanza con representantes dos traballadores da pesqueira
- Na reunión tamén participaron a directora xeral de XesGalicia, Raquel Rodríguez Espiño, a directora xeral do Igape, Covadonga Toca, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana
- Lorenzana avanza que, neste momento, existe unha proposta en firme que garantiría o mantemento da actividade produtiva e, como mínimo, do 90 por cento dos postos de traballo produtivo
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024
Lorenzana trasladou aos representantes do cadro de persoal de Fandicosta o compromiso absoluto da Administración autonómica por que se manteña a actividade e emprego na pesqueira e, ao respecto, avanzou que, neste momento, e tras un longo proceso de análise e apoio por parte da Consellería de Economía, Industria e Innovación e XesGalicia, existe unha proposta en firme que permitiría garantir o mantemento da actividade produtiva e, como mínimo, do 90 por cento dos postos de traballo produtivo. O proceso debe continuar agora, nesta fase de preconcurso, para lograr un plan de restruturación que permita facer realidade a compravenda da compañía.
Na reunión tamén participaron a xerente a directora xeral de Xesgalicia, Raquel Rodríguez Espiño, a directora xeral do Igape, Covadonga Toca, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, cuxa presenza solicitou o propio comité de empresa.