Igape e grandes empresas
A relación do Igape coas grandes empresas galegas é próxima e estreita. O traballo en conxunto coas empresas e agrupacións empresariais permite contribuír ao fortalecemento e a expansión do tecido empresarial galego.
Sumar recursos e esforzos e deseñar estratexias conxuntas contribúe a mellorar en competitividade e crear emprego.
Apostando polo crecemento de Galicia e a expansión internacional,
o Igape traballa man a man coas grandes empresas galegas, deseñando plans de asesoramento e financiación adaptadas ás necesidades específicas.
Cando comezamos a camiñar xuntos hai máis de 20 anos, Ceaga contaba con 38 provedores da automoción galega, hoxe xa son 120.
Trátase do total de empresas que integran o sector automobilístico en Galicia.
A colaboración que máis valora Ceaga foi a creación do primeiro plan estratéxico sectorial galego, que foi a folla de ruta para todos os proxectos cooperativos de alto impacto que viñeron despois. Austria, Alemaña e Francia viñeron a coñecer o modelo de primeira man, e foi presentado ante todos os clústeres españois do momento.
Proba do bo camiño desta colaboración foi a creación do CTAG no ano 2002, en conxunto co IGAPE e as universidades e centros tecnolóxicos.Contribuír ao fortalecemento e a expansión do tecido empresarial galego.
A conserveira Grupo Calvo funciona dende 1940, paso a paso rematou por cubrir todos os estadios da produción de conserva dende a pesca do atún ata a propia elaboración.
Isto levounos a expandir o seu negocio ao mercado internacional.
Foi no 2007 cando comezou a nosa colaboración con Conservas Calvo, pois apoiamos un préstamo bilateral con caixanova para levar a cabo unha serie de inversións que lles permitiron afrontar a crise de 2008.
Malia que esta non foi a única ocasión, sempre traballamos man a man tanto coa propia empresa como co sector pesqueiro.
Intaf son seis empresas orientadas ao entorno metal mecánico que actúan en ámbitos moi diversos como o sector naval, aeronáutico, minería ou siderurxia.
A nosa colaboración pasa por poñer á súa disposición un grupo importante de expertos para darlle un pulo á empresa galega. Axudamos tamén, a través de subvención directa e financiamento, a botar adiante un proxecto que doutro xeito tería levado anos.
Sectores relevantes
En Galicia danse casos de éxito empresarial relevantes no territorio español, onde a innovación, a internacionalización e a produtividade xogan un papel decisivo para competir na nova economía global.