Lorenzana destaca o traballo de Albo por converterse en referente mundial coa aplicación de novas tecnoloxías no sector conserveiro

Martes, 26 Setembro 2023 09:26
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta mañá con varios dos membros do comité de dirección da conserveira para avaliar os proxectos que se están a desenvolver

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, destacou o traballo que Conservas Albo está realizando para converterse nun referente mundial a través da aplicación da innovación e das novas tecnoloxías no sector conserveiro.

Lorenzana mantivo unha reunión con varios dos membros do comité de dirección da conserveira para avaliar os proxectos que se están a desenvolver logo da inauguración, o pasado mes de abril, das novas instalacións da compañía na Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra – As Neves (Plisan). Tal e como lembrou, o proxecto declarouse Iniciativa Empresarial Prioritaria pola Xunta, o que lle permitiu reducir os pazos de tramitación e que hoxe Galicia conte cunha das fábricas máis grandes e modernas do sector conserveiro.

Trátase dunha industria estratéxica da que a Comunidade é líder grazas a unhas exportacións que en 2022 ascenderon a 1.075 M€, un 6,4 % máis que no 2021, e que representan o 62 % das exportacións españolas neste eido.

Na reunión, a conselleira puido constatar os avances que desde Conservas Albo se están realizando tanto na mellora da competitividade internacional como no uso da tecnoloxía, grazas ao apoio da Axencia Galega de Innovación para impulsar a industria conserveira do futuro a través de novas solucións relacionadas coa Industria 4.0.

  • Rueda reafirma o apoio da Xunta ao empresariado galego no Brasil para fomentar a cooperación e os lazos económicos entre ambos países
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que o talento está vinculado á competitividade e ao desenvolvemento das empresas galegas
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que a competitividade das empresas está vinculada á descarbonización e á implantación das enerxías renovables
    Ler máis