Lorenzana traslada ao embaixador de España en México o compromiso da Xunta coa internacionalización da economía galega

Martes, 26 Setembro 2023 09:28
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, pecha a súa axenda de viaxe en México cunha reunión co embaixador de España no país, Juan Duarte e unha visita á empresa Antea Group
  • Asegura que México vai ser sempre un destino preferente para o tecido empresarial galego polos lazos comerciais xa consolidados
  • O obxectivo, di, é “seguir detectando en que sectores industriais compartimos intereses para abrir novas oportunidades de negocio ás nosas empresas”

Cidade de México (México), 23 de setembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, pechou hoxe a súa axenda de viaxe en México cun encontro co embaixador de España no país, Juan Duarte, a quen lle trasladou o compromiso da Xunta de Galicia coa internacionalización da economía galega, con Latinoamérica como destino de referencia.

Na xuntanza, Lorenzana asegurou que México vai ser sempre un destino preferente para o tecido empresarial galego polos lazos comerciais xa consolidados. O obxectivo, polo tanto, engadiu, é “seguir detectando en que sectores industriais compartimos intereses para abrir novas oportunidades de negocio ás nosas empresas”.

A conselleira recoñeceu que misións comerciais como a que encabezou nesta viaxe acompañando a máis dunha vintena de pemes galegas é, xustamente, axudarlles desde o plano institucional a posicionar os seus produtos e servizos. E, ao respecto, agradeceu que o interese sexa mutuo.


Visita a Antea Group

Na última xornada de estadía en México, Lorenzana tamén visitou a empresa galega Antea Group, con sede central na Coruña. Especializada no desenvolvemento integral de proxectos de enxeñaría, infraestruturas e transporte, a conselleira destacou dela o seu compromiso co medio ambiente e a sustentabilidade. É unha empresa, dixo, que exemplifica a aposta que Galicia está facendo pola mobilidade e o urbanismo sustentable.

  • A Xunta lembra que as startups galegas aínda poden solicitar as axudas para impulsar proxectos emprendedores innovadores
    Ler máis
  • Preto dun cento de mozos e mozas optan ás 50 prazas do programa de bolseiros de internacionalización da Xunta para facilitar ás pemes galegas a saída a novos mercados
    Ler máis
  • A Xunta destina preto de 200.000€ para a mellora de tres viveiros industriais da provincia de Ourense
    Ler máis