A Xunta destaca que a aposta polas enerxías verdes vai permitir que empresas como Invenergy Services viva un momento de grandes oportunidades

Martes, 02 Mai 2023 17:24
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, estivo hoxe nas instalacións desta empresa nas Somozas, onde explicou que a prioridade do Goberno galego no sector eólico é favorecer un desenvolvemento ordenado e compatible co medio ambiente.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe nas Somozas que a aposta de Galicia polas enerxías verdes vai permitir que empresas como Invenergy Services viva un momento de grandes oportunidades.

O vicepresidente económico achegouse esta mañá ás instalacións desta empresa con case 20 anos de traxectoria, referente na Comunidade na instalación, xestión e mantemento de parques eólicos e que é a responsable dos aeroxeradores que Endesa ten nos parques eólicos galegos.

O sector da enerxía vai ser un vector de crecemento e innovación en Galicia e a comarca de Ferrolterra ten potencial para converterse no epicentro da transición enerxética pola capacidade instalada e tamén desde o punto de vista loxístico e industrial a través do desenvolvemento, tamén, da eólica mariña e o hidróxeno verde.

Así, esta zona conta con tres dos catro Proxectos Industriais Estratéxicos declarados pola Xunta: a planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP e a factoría de pneumáticos de Sentury, ambas as dúas nas Pontes e o proxecto de Forestal del Atlántico para a produción de metanol en Mugardos. Súmanse outras iniciativas como a planta de
Iffe-Biotech para producir aceites omega-3 nas Somozas ou as fábricas de compoñentes para eólica mariña de Nervión Naval Offshore no porto exterior de Ferrol e nas antigas instalacións da planta Siemens Gamesa nas Somozas.

A prioridade do Goberno galego no referente ao sector eólico é favorecer un desenvolvemento ordenado e compatible co medio ambiente. Neste sentido, a futura Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia busca ser garantista desde o punto de vista ambiental e administrativo, xerar beneficio económico onde se asenten os proxectos, así como un impacto positivo na industria.

  • O Igape incrementa o seu orzamento ata os 278 M€ na procura de impulsar un novo modelo de relacionarse coas empresas e mellorar a súa competitividade
    Ler máis
  • Lorenzana anuncia a creación dunha área específica de innovación dotada con mais de 60 M€ para fortalecer o tecido produtivo
    Ler máis
  • A Xunta reforza o seu compromiso co emprendemento innovador como “chave do futuro económico de Galicia”
    Ler máis