A Xunta de Galicia aborda cos axentes económicos e sociais as necesidades enerxéticas dos novos proxectos industriais

Mércores, 03 Mai 2023 12:26
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), UGT e CCOO.
  • Lembra que Galicia precisa 1200MW adicionais na planificación da rede eléctrica para que se poidan desenvolver iniciativas empresariais como as de Stellantis, Altri, Resonac ou as dúas plantas de hidróxeno planificadas nas Pontes e Meirama.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), UGT FICA Galicia e CCOO Industria para abordar as necesidades enerxéticas dos novos proxectos industriais galegos.

Na xuntanza, Conde sinalou que estes proxectos dependen directamente da planificación eléctrica, e polo tanto precisan que o Goberno central garanta que a Comunidade vai contar coas infraestruturas necesarias para que as empresas se poidan conectar á rede. Segundo salientou o vicepresidente económico, Galicia precisa 1200MW para proxectos como Stellantis, Altri, Resonac ou as dúas plantas de hidróxeno que están planificadas nas Pontes e Meirama, entre outras iniciativas empresariais.

No caso de Stellantis, Conde lembrou que o Goberno se comprometeu a poñer en marcha unha nova subestación e a iniciar a correspondente modificación na planificación eléctrica  non máis tarde do 30 de marzo.

  • Lorenzana anuncia a aprobación da primeira convocatoria de axudas en Galicia para promover o uso da intelixencia artificial nas empresas
    Ler máis
  • A Xunta pon en valor a Oficina Económica de Galicia para avanzar na desburocratización e axilización administrativa e acompañar ao tecido produtivo
    Ler máis
  • A Xunta destaca a achega de Kreios Space á diversificación e internacionalización do sector aeroespacial galego
    Ler máis