Un dos obxectivos principais do Igape é atraer novos proxectos de investimento cara a Galicia.
Neste sentido, o Igape facilita ás empresas con novos proxectos atención e seguimento individualizado. Máximos apoios e subvencións ao investimento, apoio e subvencións á formación e á contratación a través das Institucións correspondentes, capital-risco, etc
Máis de 200 empresas estranxeiras en Galicia líderes nos seus sectores:
Arredor da materia prima e os recursos naturais de Galicia estase a desenvolver unha prolífica actividade económica, e destacan as industrias nacidas na contorna do selo de garantía de Galicia Calidade e o Camiño de Santiago.
O selo de garantía Galicia Calidade é unha marca certificada.
Supón un compromiso de control e supervisión de todos os produtos e servizos que a representan dentro e fóra das súas fronteiras. É tamén unha aposta da Administración galega pola innovación, sostibilidade e competitividade en mercados internacionais.
1.500km- Marca de Calidade
Certificada
O Camiño de Santiago, un valioso atractivo cultural e turístico.
Atrae a millóns de peregrinos e visitantes, xa desde a Idade Media, supuxo para Galicia unha vía directa de comunicación con Europa e o mundo.