GALICIA goza dunha privilexiada situación estratéxica.

Situada ao noroeste da Península Ibérica, é unha das 17 comunidades autónomas de España e, como tal, forma parte da Unión Europea. A súa capital é Santiago de Compostela, declarada pola Unesco Cidade Patrimonio da Humanidade.

Catedral de Compostela

Galicia
en cifras

  • Poboación: 2.698.718 poboación segundo o INE a febreiro de 2021
  • Idiomas oficiais: galego e castelán
  • 200.000 empresas con sede en Galicia
  • +100 polígonos industriais
  • Superficie 29.574 km2 · de costa 1.500 km
  • 5 portos internacionais · 122 portos pesqueiros
  • 3 aeroportos internacionais
  • + 79.500 km de estradas · 1.500 km de vías de altas prestacións
  • Capacidade frigorífica do porto de Vigo superior aos 500.000 m3 (entre os primeiros do mundo)
  • Comunidade autónoma con mellor comportamento do PIB
  • Poboación activa: +1.200.000 persoas
  • Salario bruto anual: 21.173,42 euros
  • 3 Universidades · 7 campus · +53.000 alumnos · 124 graos
  • +428.302 alumnos de Formación Profesional Superior
  • 28 centros tecnolóxicos e de coñecemento
Mapa de Galicia

Entre os sectores máis importantes da Comunidade

Destacan aqueles que están máis consolidados na economía galega a través de investimentos principais e do desenvolvemento dunha industria auxiliar así como os que, pola súa rápida evolución e boas expectativas de desenvolvemento a curto prazo, ofrecen uns excepcionais cocientes de crecemento.

 
Planta de producción de coches