Novo curso IGAPE Fórmate Internacional: Curso de Márketing Dixital Internacional

Martes, 06 Setembro 2022 08:38

No marco do Programa  Fórmate Internacional, a Xunta, a través do Igape, organiza un novo curso para impulsar la internacionalización das empresas galegas.

Tra-lo éxito acadado polo curso IGAPE FÓRMAT-e 2021-2022 sobre comercio electrónico para a internacionalización empresarial, este novo curso de Márketing Dixital Internacional 2022 ofrece unha  segunda etapa de formación destinada a profundizar nunha das materias más particulares e distintivas do entorno dixital dos negocios internacionais.

Unha estratexia de competitividade internacional pasa por adquirir competencias dixitais en comercio online e Marketing dixital.

O curso  que comeza o próximo 15 de setembro 2022, desenvolverase ata decembro a través de  14 sesións semanais eminentemente prácticas de 90 minutos de duración e un caso prático final que  lle permitirá ao alumno aglutinar o coñecemento e uso das técnicas e ferramentas presentadas.

O itinerario de aprendizaxe personalizado permite a inscrición de varios profesionais por empresa.

O obxectivo é seguir ofrecendo unha formación especializada e práctica orientada a mellorar a estratexia internacional das empresas galegas, neste caso ofrecendo a capacitación para transitar do “saber” ao “saber facer” en materia de internacionalización dixital.

Programa e inscripcións (ata o 13/09/22)

 

Banner programa curso mk dixital Igape

  • Lorenzana subliña que o talento está vinculado á competitividade e ao desenvolvemento das empresas galegas
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que a competitividade das empresas está vinculada á descarbonización e á implantación das enerxías renovables
    Ler máis
  • Lorenzana ratifica o compromiso da Xunta coa transición enerxética e o despregamento das enerxías renovables
    Ler máis