Concurso de Ideas SMART CITIES Cologistics

Venres, 12 Agosto 2022 13:11

O Proxecto CoLogistics lanza o 1 de setembro de 2022 o Concurso de Ideas Smart Cities, co que se busca premiar as mellores ideas relacionadas coa loxística en cidade.

O ámbito da loxística en cidade constitúe unha valiosa oportunidade para transformar as cousas e conseguir impactos positivos en termos operativos, económicos, sociais e ambientais.

A loxística en cidade é un ámbito no que se multiplican as oportunidades de conseguir impactos transformadores no económico, o social e o ambiental. As novas tecnoloxías traen consigo vantaxes que poden mellorar os fluxos loxísticos en área urbana ou mesmo levalos a un modelo completamente novo, con cotas descoñecidas de eficiencia, satisfacción e sustentabilidade.

Os retos

As propostas que se presenten deben encaixar nalgún dos seguintes retos:

  • Novas tecnoloxías no último quilómetro: Tes en mente algunha aplicación tecnolóxica que poida supoñer melloras nos procesos loxísticos de último quilómetro? Como podemos empregar a tecnoloxía para conseguir que ese último quilómetro poida cubrirse máis rápido ou a un custo menor?
  • Sustentabilidade da loxística intraurbana: Crees que se pode conseguir unha loxística intraurbana sostible? Tes algunha idea que poida contribuír á sustentabilidade ambiental do transporte de mercadorías en cidade?
  • Experiencia e colaboración na loxística en cidade: Tes ideas que poidan fortalecer ao ecosistema de persoas que participan nos fluxos loxísticos en cidade? Como se podería conseguir que esas redes de relacións sexan máis eficientes e colaborativas e xeren unha experiencia máis satisfactoria?
  • Reto libre: Tes unha idea sobre loxística en cidade que non encaixa cos retos expostos pero que ten potencial? Que outros vectores de transformación poden existir para mellorar os fluxos loxísticos urbanos?

Participa

O prazo para a recepción de ideas permanecerá aberto desde o 1 ao 23 de setembro de 2022. Para enviar proposta, utiliza o formulario dispoñible aquí.

Premios Premiaranse as mellores ideas de cada un dos catro retos e á mellor idea xeral do concurso.

As ideas gañadoras en cada unha das categorías correspondentes a cada reto recibirán os seguintes premios:

  • Certificado electrónico como idea gañadora na categoría correspondente.
  • Praza para presentar a idea #ante a comunidade do Proxecto CoLogistics.
  • Servizo gratuíto de 2 horas para preparar o pitch que presentar #ante a comunidade do Proxecto CoLogistics.
  • Servizo gratuíto de 20 horas de consultoría para xerar un proxecto co que desenvolver a idea e maximizar as súas posibilidades de éxito.

A idea declarada gañadora do concurso recibirá os seguintes premios:

  • Certificado electrónico como idea gañadora do concurso.
  • Praza para presentar a idea #ante a comunidade do Proxecto CoLogistics.
  • Servizo gratuíto de 2 horas para preparar o pitch que presentar #ante a comunidade do Proxecto CoLogistics.
  • Servizo gratuíto de 20 horas de consultoría para xerar un proxecto co que desenvolver a idea e maximizar as súas posibilidades de éxito, incluídas dúas horas específicas para a preparación dun pitch para o evento de presentación.
  • Networking exclusivo con axentes do sector loxístico.

Máis información nesta ligazón.

Antes de participar, é recomendable a lectura das Bases do Concurso, dispoñibles aquí.

Se tes algunha dúbida, escribe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  • A Xunta pon en valor a Oficina Económica de Galicia para avanzar na desburocratización e axilización administrativa e acompañar ao tecido produtivo
    Ler máis
  • A Xunta destaca a achega de Kreios Space á diversificación e internacionalización do sector aeroespacial galego
    Ler máis
  • A Xunta destaca o labor de Xesgalicia no seu XXV Aniversario como canle de financiamento público para impulsar a creación e a consolidación das empresas galegas
    Ler máis