Lorenzana destaca o papel de CEAPI na internacionalización do tecido empresarial galego

Luns, 23 Setembro 2024 09:34
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse coa presidenta do Consello Empresarial Alianza por Iberoamérica, Núria Vilanova
  • A conselleira subliñou que un dos obxectivos da Xunta é o de impulsar a internacionalización da economía de Galicia, e que as pemes e autónomos teñan acceso a novas cales e destinos de comercialización
  • Destacou a tendencia positiva que segue a ter a Comunidade galega no eido das exportacións que alcanzan os 18.000 M€ no acumulado de xaneiro a xullo, o que supón un incremento interanual do 3,9 %

 

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe o importante papel do Consello Empresarial Alianza por Iberoamérica (CEAPI) na internacionalización do tecido empresarial galego, así como o esforzo que as empresas galegas están a facer por diversificar mercados e comercializar os seus produtos e servizos noutros países.

Lorenzana mantivo un encontro coa presidenta de CEAPI, Núria Vilanova, no que lle trasladou que un dos obxectivos da Xunta é, precisamente, o de impulsar a internacionalización da economía de Galicia, e que as pemes e autónomos teñan acceso a novas canles e destinos de comercialización.

Apoio á internacionalización

Durante a reunión, a conselleira explicou que o Goberno galego acaba de reforzar a súa aposta pola internacionalización do tecido empresarial galego coa ampliación do orzamento do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios que acada 1,6 M€.

Esta aposta compleméntase ademais, cos programas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Dixital que suman, de xeito conxunto, case 8 M€ máis para colaborar coas empresas galegas na boa marcha das súas exportacións.

Todas estas liñas, postas en marcha polo Igape, buscan apoiar a saída ao exterior do tecido empresarial galego, especialmente de pemes; e fomentar a súa internacionalización dixital apoiándose en ferramentas innovadoras para acceder aos mercados exteriores a través de novas canles de comercialización.

Por últimoa conselleira de Economía e Industria lembrou que Galicia rexistrou en 2023 un nivel récord de exportacións alcanzando os 30.000 M€. Unha tendencia positiva que se mantivo no primeiro semestre do ano, no que a Comunidade galega anotou 18.000 M€ no acumulado de xaneiro a xullo, o que supón un crecemento interanual do 3,9 %.

  • Rueda reafirma o apoio da Xunta ao empresariado galego no Brasil para fomentar a cooperación e os lazos económicos entre ambos países
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que o talento está vinculado á competitividade e ao desenvolvemento das empresas galegas
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que a competitividade das empresas está vinculada á descarbonización e á implantación das enerxías renovables
    Ler máis