A Xunta informa ao comité de empresa de Fandicosta das xestións que se están a realizar para garantir a viabilidade da compañía

Venres, 12 Xaneiro 2024 19:05
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou por videoconferencia nunha xuntanza con representantes dos traballadores da pesqueira
  • Na reunión tamén participaron a directora xeral de XesGalicia, Raquel Rodríguez Espiño, a directora xeral do Igape, Covadonga Toca, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana
  • Lorenzana avanza que, neste momento, existe unha proposta en firme que garantiría o mantemento da actividade produtiva e, como mínimo, do 90 por cento dos postos de traballo produtivo

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, presidiu unha xuntanza co comité de empresa de Fandicosta a quen informou das xestións que vén realizando a Xunta de Galicia para garantir a viabilidade da compañía.

Lorenzana trasladou aos representantes do cadro de persoal de Fandicosta o compromiso absoluto da Administración autonómica por que se manteña a actividade e emprego na pesqueira e, ao respecto, avanzou que, neste momento, e tras un longo proceso de análise e apoio por parte da Consellería de Economía, Industria e Innovación e XesGalicia, existe unha proposta en firme que permitiría garantir o mantemento da actividade produtiva e, como mínimo, do 90 por cento dos postos de traballo produtivo. O proceso debe continuar agora, nesta fase de preconcurso, para lograr un plan de restruturación que permita facer realidade a compravenda da compañía.

Na reunión tamén participaron a xerente a directora xeral de Xesgalicia, Raquel Rodríguez Espiño, a directora xeral do Igape, Covadonga Toca, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, cuxa presenza solicitou o propio comité de empresa.

  • Rueda reafirma o apoio da Xunta ao empresariado galego no Brasil para fomentar a cooperación e os lazos económicos entre ambos países
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que o talento está vinculado á competitividade e ao desenvolvemento das empresas galegas
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que a competitividade das empresas está vinculada á descarbonización e á implantación das enerxías renovables
    Ler máis