Galicia busca abrir o camiño a novas pemes da cadea mar-industria para que fagan da innovación o seu sinal de identidade

Martes, 18 Abril 2023 16:17
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe nunha xornada do foro de innovación Conecta Mar.
  • Na iniciativa participaron Iberconsa, Anfaco-Cecopesca e 10 pequenas e medianas empresas do sector que traballaron en conxunto na identificación de retos do sector e plans de actuación para dar resposta aos mesmos a través da innovación.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou esta mañá en Vigo que Galicia busca abrir o camiño a novas pemes da cadea mar-industria para que fagan da innovación o seu sinal de identidade.

Conde interveu nunha xornada do foro de innovación Conecta Mar, no que participaron Iberconsa como empresa tractora, Anfaco-Cecopesca como centro tecnolóxico de apoio e axente coñecedor do sector e da tecnoloxía que o rodea, e 10 pemes deste ámbito Esencia Atlántica, Ángel Diz Lorenzo, Eiga (Estándar Gestión Alimentaria), Eurored, Syntelix Avances Tecnológicos, Alfogar, Userrob, Cofrico, Asociación Afripez e Muutech.

Coa xornada celebrada hoxe conclúe o primero dos foros de innovación por sectores e cadeas de valor prioritarias na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) que se prevé celebrar dentro do Programa de impulso á innovación nas pemes. Previamente, os participantes traballaron en conxunto na identificación de retos do sector e plans de actuación para dar resposta aos mesmos a través da innovación.

Segundo salientou o vicepresidente primeiro, a iniciativa permite ás pemes iniciarse na innovación de forma guiada, cun plan estruturado e uns obxectivos focalizados, mentres que a empresa tractora ten a oportunidade de fortalecer o seu ecosistema local. Conde, que avogou por universalizar esta forma de traballar na cadea mar-industria, apuntou que non só as grandes compañías exercen como tractoras, senón que precisan das pemes para dar resposta aos seus retos tecnolóxicos. Entre os retos identificados nas fases de traballo previo desta iniciativa, atópanse, tal e como lembrou o conselleiro, a sustentabilidade, a eficiencia ou a mellora dos procesos e os produtos.

  • Rueda reafirma o apoio da Xunta ao empresariado galego no Brasil para fomentar a cooperación e os lazos económicos entre ambos países
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que o talento está vinculado á competitividade e ao desenvolvemento das empresas galegas
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que a competitividade das empresas está vinculada á descarbonización e á implantación das enerxías renovables
    Ler máis