Préstamos parcialmente reembolsables
para proxectos empresariais de investimento creadores de emprego previstos no Fondo de Transición Xusta
Programa Centros Dixitais
O obxecto destas axudas é o de apoiar a posta en marcha de proxectos de creación de Centros Dixitalizados para o desenvolvemento de sistemas e conectividade dixital, para a monitorización ou xestión remota de activos ou instalacións, para o control e comando de operacións en calquera ámbito de actividade, especialmente para instalacións de produción ou de xeración de enerxías renovables e no ámbito da mobilidade. O valor aportado irá alén dunha empresa concreta, podendo xerar instalacións de usos combinados multipropósito.
Axudas a investimentos en equipamento produtivo
O obxectivo é apoiar á empresa galega nos custos de investimentos en equipamentos subvencionando sobre o volume de investimento en maquinaria, bens de equipamento ou sistemas informáticos.
Axudas á industria da automoción
Para empresas da industria do sector da automoción galegas ou cun centro de traballo en Galicia.
Axudas divididas en dúas liñas, a LIÑA A, para investimentos en equipamentos, sistemas ou obras e para consultaría para a elaboración de proxectos de futuro; e a LIÑA B, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética e para proxectos de enerxías renovables.
Estratexias sociais, ambientais e de gobernanza
Axudas para a posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora dos factores ASG nas pemes
Programa Grandes Empresas Foexga
Calendario de misións empresariais e asistencia a feiras internacionais 2024 en colaboración coas Cámaras de Comercio de Galicia
Axudas á transformación dixital das pemes
Axudas para a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.
Xestores de internacionalización
Axudas para facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización
e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior, ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización poñendo a disposición das pemes información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.
Acceso ao crédito das pemes (Colaboración EEFF/SGR)
Préstamos avalados para investimentos produtivos e/ou circulante estrutural, ou destinados ao pagamento ou reestruturación de débedas e Garantías para operacións de persoas autónomas e pemes
Axudas a Startups
Axudas para fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos en que incorran
O obxecto desta axuda é subvencionar os custos máis habituais para os emprendedores innovadores na etapa de lanzamento e consolidación inicial do seu proxecto de empresa.
Atracción de empresas a Galicia
Axudas para empresas que realicen investimentos entre 800.000 € e 10.000.000 € ou aqueles proxectos de investimento igual ou superior a 100.000 € que creen 25 ou máis postos de traballo de carácter indefinido a tempo completo.
Programa Re-acciona
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras.
Inclúe servizos de profesionalización e desenvolvemento estratéxico ademais de servizos de innovación.
Préstamos directos
Préstamos directos para grandes empresas, pemes e persoas autónomas.
Bonificación de ata 5 puntos porcentuais do tipo de xuro das operacións.
Programa Foexga
Calendario de misións empresariais e asistencia a feiras internacionais 2024 en colaboración coas Cámaras de Comercio de Galicia
Galicia Exporta Dixital
Axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas.
Estas axudas teñen como obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital xa que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais.
Galicia Exporta Empresas
Axudas para a execución de accións de promoción exterior.
O obxectivo desta axuda é incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.
Galicia Exporta Organismos Intermedios
Axudas para a posta en marcha de plans de internacionalización
que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.
Obradoiros multidisciplinares
de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada
Axudas para creación de espazos de colaboración entre empresas para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración na implementación de ferramentas dixitais, desenvolvemento e implantación de procesos ou produtos máis sustentables ou melloras a prol dunha función loxística máis avanzada e sustentable, así como oportunidades de hibridación intersectorial.