O Igape está decidido a apoiarse cada vez máis nas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) para prestar aos seus usuarios unha atención máis áxil e sinxela, evitando sempre os desprazamentos innecesarios.
Esta páxina contén tódolos puntos de aceso relacionados coa tramitación telemática de expedientes no IGAPE. Pode examinar o apartado de dúbidas frecuentes (situado o final desta páxina) para obter máis información sobre a forma de aceso e outras particularidades dos servizos.
Para o acceso a determinados servizos (marcados cun candado) é necesaria a utilización dun certificado electrónico X509 v.3 expedido por entidade certificadora aceptada pola Consellería de Facenda.
Servizos
dispoñibles
- Consulta de resolucións definitivas, propostas provisionais ou de requirimentos de emenda para os programas que prevén a súa publicación neste enderezo web.
- Comprobación de documentación expedida polo IGAPE. Se vostede ten un documento en papel, firmado por persoal do IGAPE, e cun código "IDE", pode comprobar neste apartado a validez do mesmo.
- Comprobación de cotexo dixital do IGAPE. Se vostede ten un documento en papel, que foi cotexado dixitalmente no IGAPE, e cun código "IDE", pode comprobar neste apartado a validez do mesmo.
- Notificación telemática. Se vostede elixiu que as notificacións do IGAPE lle sexan entregadas por vía telemática, debe comprobar con frecuencia este servicio.
- Extranet de entidades colaboradoras. A través deste enlace, as entidades colaboradoras do IGAPE (por exemplo, entidades financeiras) poden xestionar os seus expedientes en trámite.
Dúbidas frecuentes
P. As bases de axudas do Igape para a mellora competitiva das empresas esixen a presentación dunha solicitude na que se debe incluír un "Identificador de Documento Electrónico (IDE)" ¿Que é? ¿Para que serve? ¿Como o obteño?
R. Consciente das posibilidades das novas tecnoloxías para a axilización dos procedementos administrativos, o Igape pon en marcha, para as axudas de mellora competitiva, un medio de presentación completamente telemático das solicitudes de axuda, utilizando as tecnoloxías de sinatura electrónica recoñecida. Esta forma de presentación está baseada na cobertura dun cuestionario que recolla todos os datos sobre o proxecto empresarial a apoiar. Unha vez coñecidos os datos proxecto en formato cuestionario, é moito máis sinxelo determinar a contía da axuda que pode percibir a empresa e darlle unha resposta rápida, para que poida así ter en conta, desde un primeiro momento, os apoios que vai a recibir.
Sen embargo, a Administración non pode discriminar aos solicitantes segundo a tecnoloxía que teñan dispoñible. Debido a isto, o Igape deseñou un procedemento de presentación mixto (parcialmente electrónico e parcialmente en papel), que permite aos solicitantes que non dispoñan de sinatura electrónica ou de medios informáticos presentar igualmente o seu expediente.
Así, se ben se mantén a esixencia de que o cuestionario descriptivo do proxecto se cumplimente de forma telemática, o instituto ofrece os servicios de asesoramento das súas oficinas como puntos de recollida de información. Se así o prefire, o empresario pódese dirixir ás oficinas territoriais do Igape para que un técnico introduza os datos da solicitude na web do instituto.
Unha vez recollidos os datos, é necesario asinalos, e aí é onde o "Identificador de Documento Electrónico (IDE)" xoga o seu papel de "enlace" entre os datos introducidos na web e a solicitude asinada. O IDE é un código de 40 díxitos alfanuméricos que representan unívocamente un documento. Este código pode escribirse de forma sinxela nunha solicitude en papel, de forma que a sinatura manuscrita de dita solicitude valide ademáis os datos introducidos na aplicación web (ben sexa polo empresario ou polos servicios do Igape).
A forma de obtención do IDE é a seguinte: unha vez recollidos todos os datos descriptivos do proxecto na web do Igape, e comprobada a consistencia dos mesmos, o solicitante pode seleccionar a opción de "Presentación en Papel". Esta presentación xerará unha solicitude normalizada que incluirá o IDE correspondente. A continuación, poderase presentar a solicitude en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas (Rexistros públicos, correo certificado, etc).
P. ¿Que se entende por "presentación telemática? ¿Como se fai no Igape?
R. O concepto de "Presentación telemática" refírese á entrega por parte do solicitante de documentación para que xurda efectos frente á administración, utilizando para elo medios electrónicos (ordenador e Internet).
No Igape, o acceso á presentación telemática atópase centralizado na páxina http://tramita.igape.es, onde aparecen as ligazóns específicas para cada procedemento que se pode tramitar por esta vía.
P. ¿Que se entende por "notificación telemática"? ¿Como se fai no Igape?
R. Como contrapartida da "presentación telemática" (entrega de documentos á administración a través de Internet), existe tamén a "notificación telemática", isto é, a entrega de documentos por parte da administración a través de Internet.
Esta notificación telemática debe cumprir as normas seguintes:
- Voluntariedade: o interesado debe sinalar expresamente que prefire esta vía de notificación ou consentir expresamente nela.
- Constancia da recepción: a administración debe poder ter constancia do acceso por parte do interesado á documentación a notificar.
Para cumprir estes dous requisitos, o Igape dispón dun punto de notificación seguro no que o interesado pode recoller a súa documentación. É responsabilidade do interesado o chequeo frecuente de dito punto de acceso para recibir as notificacións por parte do Igape, independentemente dos avisos vía e-mail que o instituto enviará ao enderezo electrónico do interesado cada vez que teña documentación disponible.
En canto a esto último, é importante sinalar que a recepción no enderezo electrónico do usuario do aviso de notificación non xorde ningún efecto legal. Ata que o usuario acceda ao punto de notificación segura, non se considera practicada a documentación. O interesado dispón dun prazo de 10 días naturais para este acceso. (Regulado no art. 43 da Ley 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas)
P. ¿Para que é necesario o apartado de "comprobación de documentación"?
R. Cando unha persoa (física ou xurídica) presenta documentación a través do rexistro telemático, non dispón inmediatamente dunha comprobación fidedigna da presentación. Esto contrasta coa presentación tradicional, na que o selo de rexistro de entrada serve ao interesado para demostrar que efectivamente presentou a documentación.
Para ofrecer aos interesados a capacidade de demostrar a presentación de documentación ante o Igape, este organismo desenvolveu un apartado de "comprobación de documentación", no cal calqueira persoa pode comprobar a autenticidade da mesma. Para iso:
- Os programas de presentación telemática do Igape imprimen, ao finalizar dita presentación, un "identificador de documento electrónico" (IDE).Este IDE está composto de 40 díxitos e letras; o interesado pode imprimilo e gardalo no seu expediente particular.
- A folla impresa non ten ningún tipo de validación mecánica ou manuscrita, co cal non ten poder demostrativo da presentación.
- Sen embargo, calqueira persoa que queira comprobar se a documentación existe e foi presentada no Igape, pode acceder ao punto de entrada "http://tramita.igape.es" e comprobar mediante o IDE que o Igape ten presentada dita documentación.
Para asegurar a validez dos documentos presentados diante da administración pública, estes deben presentarse asinados. Cando a presentación se fai en papel, a sinatura manuscrita do interesado, ou de persoa con poder de representación (no caso de persoas xurídicas) é a garante da autenticidade da documentación e da intención da persoa de presentala ante a administración.
Cando a presentación se fai a través de Internet, a sinatura manuscrita substitúese pola sinatura electrónica. Para que esta sinatura electrónica goce da mesma validez que a manuscrita, debe cumplir principalmente as seguintes condicións (Lei 59/2003 de 19 de decembro, de sinatura electrónica):
- Debe permitir identificar ao asinante.
- Debe "protexer" o documento firmado: se este se modifica, a sinatura debe deixar de ser válida.
- Os medios para asinar un documento deben estar baixo o control exclusivo do asinante.
- A entidade que certifica a identidade do asinante debe estar "recoñecida" segundo os criterios definidos na mesma normativa.
No estado actual da tecnoloxía, estas condicións tradúcense en que a persoa que desexe asinar electronicamente documentos debe posuir un certificado electrónico baixo a norma X.509 versión 3 expedido por entidade certificadora recoñecida. No caso do IGAPE, as "entidades certificadoras recoñecidas" son as reguladas pola Orde da Consellería de Economía de 25 de novembro de 2004, e que se poden consultar na seguinte dirección: enlace.
Para a obtención de calquera destes certificados, os interesados deben dirixirse á entidade certificadora que elixan para solicitalo. Unha vez instalado, o certificado permite ao IGAPE:
- Identificar mediante o D.N.I. ás persoas físicas que inician calqueira tramitación.
- Se o certificado é "corporativo" (ver páxina da consellería que se cita), coñecer a que empresa (ou persoa xurídica en xeral) representan.
- Aceptar documentos asinados mediante o certificado coa mesma validez que os presentados en papel.
- Entregar documentación electrónica sobre os expedientes, conservando a validez da notificación convencional.
A documentación relacionada a continuación pode ser de utilidade para atopar os datos que se piden no cuestionario. Teña en conta que esta documentación non é necesario en ningún caso entregala coa solicitude, e aparece aquí únicamente como axuda:
- Alta censal e altas en IAEs
- Información económica:
- Autónomos: IRPF último exercicio
- Sociedades: Imposto de Sociedades ou Contas depositadas en rexistro mercantil correspondentes ó último exercicio pechado (para iniciativas de viabilidade, deberán ser dos dous últimos exercicios)
- Emprego (só sei alegará creación de emprego indefinido): Certificación da TXSS do emprego a data de solicitude.
- Escrituras (só para Sociedades): para a toma de datos de composición do accionariado ou partícipes no capital. Se a empresa participa noutras, ou está participada por outras en porcentaxes iguais ou superiores ó 25%, recoméndase a recopilación de datos económicos e de emprego de todas elas.
- Aquela documentación (memoria, planos, presupostos, etc) que permita unha definición detallada e compreta do proxecto a executar.
- En caso de investimentos por traslado de empresa dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, cando as instalacións a abandonar foran propiedade da empresa ou dos seus socios maioritarios: Informe de tasación das instalacións a abandonar emitido por sociedade de tasación homologada.
- No caso de adquisición de terreo en polígonos de promoción privada, homologación obtida polos promotores do polígono, emitida pola Consellería de Política territorial, obras públicas e vivenda.
- No caso de gastos financeiros ligados ó investimento: borradores de póliza de préstamo.
- No caso de manifestar outras axudas solicitadas ou concedidas, referencia da lexislación aplicable e, no seu caso, resolución de concesión.
PASO 1: Entrar coma usuario rexistrado na web do IGAPE
Para iso:
Acceda ó apartado "oficina virtual" da web do igape. Pulse no boton "confeccion de solicitudes cuestionarios"
Introduza o seu identificador de usuario e contrasinal nos cadros de texto preparados para elo e pulse entrar. Se non é usuario da web do Igape pulse "Rexistrar novo usuario"
PASO 2 (optativo): Comprobar os requirimentos técnicos da aplicación.
Se desexa comproba-los requerimentos do seu ordenador para utlizar a aplicación, pulse en "Comprobar requirimentos técnicos" antes de acceder á aplicación.
PASO 3: Acceder á aplicación para cubrir o cuestionario.
Para elo debe introducir inicialmente o CIF e Nome da empresa para a que vai a presentaro o expediente, e logo crear un proxecto novo para ela.
Unha vez creado o proxecto debe introduci-los datos do mesmo no cuestionario. O cuestionario ten un índice á esquerda en forma de árbol no que pode ver qué fichas están correctas ou cales necesitan o aporte de datos.
Cando o cuestionario esté completo poderá xera-lo Identificador de Documento Electrónico (IDE), e mai-la solicitude de axuda.
PASO 4: Presenta-la solicitude de axuda ó IGAPE
A solicitude de axuda que lle entrega a aplicación debe asinarse e presentarse no rexistro do IGAPE, ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas (outros rexistros, correo certificado, etc).
Se dispón dun certificado electrónico (ver máis información na páxina de "Tramitación Telemática"), poderá desde a mesma aplicación presentar con total validez a súa solicitude de axuda.
A aplicación de axuda para cuestionarios de descripción de proxectos estructúrase mediante as denominadas "fichas": formularios que describen un determinado aspecto do proxecto. Dependendo da complexidade do proxecto, será necesario cubrir máis ou menos fichas. O programa comproba na gravación de cada ficha cales outras son necesarias.
O aspecto xeral da pantalla é o seguinte:
A árbore de fichas permite moverse entre as distintas fichas do cuestionario, representar a súaestructura, e coñecer de forma rápida o estado de cada ficha, segundo sedescribe na figura adxunta.
Na parte superior da pantalla aparecen os botóns principais. É importante gravar con frecuencia para evita-la pérdida de datos.
A parte inferior da pantalla ten o aspecto seguinte:
Descarga o manual
Descargar