A globalización ensinounos que a capacidade das empresas de expandirse a novos mercados está estreitamente relacionado co crecemento económico dunha rexión.
Nestes máis de 25 anos de andadura, o Igape puido observar a importancia do apoio ás empresas en materia de internacionalización; o que contribuíu á dinamización da economía galega.
Na súa traxectoria, o Igape contribuíu á
expansión internacional das empresas galegas,
a través de numerosos programas de financiamento, asesoramento e formación.
A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas, especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é una fonte de mellora continua da competitividade, as directrices de traballo neste área recollénse na Estratexia de internacionalización para as empresas galegas 2021-2025.
Axudas para a internacionalización
Axudas para a realización de acción de promoción exterior, participación en feiras, misións, etc.
Axudas para posta en marcha de plans de internacionalización que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.
Axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas.
Axudas para a contratación de profesionais de comercio exterior.
O Igape e as Cámaras de Comercio Galegas colaboran na posta en marcha do Programa Foexga 2024 coas seguintes Entidades Colaboradoras adheridas:
- Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Santiago de Compostela
- Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de A Coruña
- Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa
- Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Tui
O obxecto destas bases é posibilitar o apoio á participación das grandes empresas non pemes no Plan Foexga. O obxectivo principal deste programa é conseguir a internacionalización real de empresas galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.
As actuacións que engloban están dirixidas a:
- Aumentar a base de empresas exportadoras.
- Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
- Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
- Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade