Círculos y cuadrados - ilustración

A capacidade das empresas galegas de ofrecer servizos e produtos de calidade, de forma eficiente para xerar unha oferta competitiva é clave para o crecemento económico.

Na andaina do Igape nestes anos, reforzar as capacidades competitivas das nosas empresas foi unha labor primordial.

Coñece os principais programas:

Re-acciona é un programa do Igape que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar ás pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas.

O programa dispón dun total de 15 servizos arredor de tres eixes de competitividade: a análise, a optimización e a estratexia.

Análise e Avaliación competitiva - Icono

Análise e Avaliación competitiva

  • Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora
  • Mellora da xestión financeira e procura de financiamento
  • Protección da innovación
  • Servizos de asesoramento para o financiamento da innovación
Optimización - Icono

Optimización e Mellora competitiva

  • Desenvolvemento estratéxico integral da empresa
  • Análise do cumprimento normativo e os riscos legais (Compliance)
  • Asesoramento para o relanzamento comercial
  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
  • Protección da innovación
  • Apoio para empresas emerxentes innovadoras
  • Consultaría Modular para PEMES en Captación, Retención e Xestión de Talento
Estratexia - Icono

Estratexias de Competitividade avanzada

  • Circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística
  • Preparación de procesos certificables
  • Desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG na PEME
  • Asesoramento para o financiamento da innovación

É un programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que permite ás empresas galegas contratar persoas novas co fin de abordar plans de mellora competitiva.

O obxectivo do programa Maquinaria 4.0 é apoiar, no eido da fabricación de maquinaria e outros bens de equipo, a aparición de provedores fortes que poidan servir mellor ao tecido empresarial galego.

Estas axudas apoian proxectos de implementación de sistemas dixitais para a interacción de negocio, ou con clientes, dixitalización de procesos, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados ou sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomos.

Descargar cartel

Casos de éxito

Key Biological - Vídeo

Keybiological

Vídeo Talleres Rodosa

Talleres Rodosa

Vídeo Gestoría Carril

Gestoría Carril

Vídeo Berete

Berete

Vídeo Varela Cartera

Varela Cartera