A Xunta e a Asociación Empresarial Seara colaboran para que As Pontes atope na transición enerxética un futuro de oportunidades para a industria Asociación Seara

A Xunta e a Asociación Empresarial Seara colaboran para que As Pontes atope na transición enerxética un futuro de oportunidades para a industria

Xoves, 22 Decembro 2022 20:30
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde nun encontro na sede desta organización, no que destacou que os tres proxectos industriais estratéxicos declarados en Galicia ata este momento teñen todos a súa base na contorna.
  • Trátase da planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP Renovables; a factoría de pneumáticos de Sentury e o proxecto Triskelion para a xeración de metanol, sumando máis de 860 millóns de euros.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou esta tarde a colaboración coa Asociación Empresarial Seara para que As Pontes atope na transición enerxética un futuro de oportunidades para a industria.

Conde, que participou nun encontro con empresarios celebrado na sede desta organización, salientou as alternativas industriais que a comarca ten ante si. Así, os tres proxectos industriais estratéxicos declarados en Galicia ata este momento teñen todos a súa base na contorna: a planta de hidróxeno verde que Reganosa e EDP Renovables prevén desenvolver cun investimento de 156M€; a factoría de pneumáticos de Sentury, con máis de 530M€ e 750 empregos vinculados; e o proxecto de Forestal del Atlántico (Triskelion) para a xeración de metanol, con 175,9M€. Os tres suman máis de 860 millóns de euros.                                                                                                                                                                                                                                
 
Entre as iniciativas previstas para a zona atópanse tamén a bioplanta de Ence para a produción de novos materiais; Iffe-Biotech, nas Somozas para producir aceites omega-3; a nova fábrica de compoñentes para eólica mariña que Nervión Naval Offshore vai construír no porto exterior de Ferrol; ou a central hidroeléctrica reversible promovida por Magtel.
 
Conde resaltou o compromiso da Xunta de Galicia por buscar alternativas industriais para toda esta zona declarada como Zona de Transición Xusta, e apuntou que entre os reclamos cos que conta Galicia se atopan a Lei de simplificación administrativa, tratando de poñer as máximas facilidades para captar investimentos, e a aposta pola industria verde.
 
O responsable de Economía, Industria e Innovación indicou que a transición enerxética ten que ser sinónimo de oportunidades para a industria, e por iso desde a Xunta se busca dar impulso ás enerxías vinculadas ao desenvolvemento industrial de Galicia. Nun contexto no que o prezo eléctrico condiciona tanto a actividade das empresas, as renovables é a opción para que os grandes proxectos que se van poñer en marcha vexan cubertas as súas necesidades enerxéticas.
 
Na zona das Pontes é necesario determinar o destino dos 1.400MW de capacidade dispoñible no nó existente para ver a compatibilidade no proceso de desmantelamento da central térmica das Pontes con proxectos industriais e enerxéticos.
  • O Igape incrementa o seu orzamento ata os 278 M€ na procura de impulsar un novo modelo de relacionarse coas empresas e mellorar a súa competitividade
    Ler máis
  • Lorenzana anuncia a creación dunha área específica de innovación dotada con mais de 60 M€ para fortalecer o tecido produtivo
    Ler máis
  • A Xunta reforza o seu compromiso co emprendemento innovador como “chave do futuro económico de Galicia”
    Ler máis