Lorenzana traslada aos traballadores de Madera Fiber o labor que está realizando a Xunta para buscarlle viabilidade á compañía

Martes, 23 Abril 2024 19:01
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada pola directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo hoxe unha reunión no Porriño con representantes do comité de empresa, o alcalde deste municipio pontevedrés e a administración concursal

 

O Porriño (Pontevedra), 23 de abril de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada pola directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, mantivo hoxe no Porriño unha reunión de seguimento co comité de empresa de Madera Fiber, o alcalde da localidade e a administración concursal, na que se lles trasladou aos traballadores e traballadoras o labor que está realizando a Xunta para buscarlle viabilidade á compañía.

Neste sentido, informóuselles de que, dentro do proceso de busca de empresas que poidan facerse cargo da actividade da fábrica, desde o Igape envióuselle documentación e propostas a un total de 13 compañías de ámbitos como a automoción, o contract, o sector funerario ou o naval. Ata a data a metade amosaron a súa negativa, mentres que o resto están valorando a proposta. 

Na xuntanza o administrador concursal aproveitou para explicar os seguintes pasos que se van dar en caso de non atopar unha empresa que queira facilitar a continuidade da planta. Así, procederíase á liquidación, na que se podería activar a busca dun comprador industrial para os activos físicos, como son a nave e a maquinaria. 

  • A Xunta resalta o papel da loxística na competitividade e na "globalización económica" da industria galega
    Ler máis
  • Lorenzana destaca o papel de CEAPI na internacionalización do tecido empresarial galego
    Ler máis
  • A Xunta destaca a importancia do talento e da formación para manter a competitividade do tecido empresarial galego
    Ler máis