Lorenzana reitera o compromiso da Xunta por seguir traballando coordinadamente co tecido empresarial

Venres, 01 Marzo 2024 09:54
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na entrega do XVII Premio Victoriano Reinoso, organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama)
  • Asegura que o Goberno galego vai seguir ofrecendo estabilidade e apoio ás empresas galegas
  • Avanza que unha das principais liñas da política económica seguirá sendo a colaboración público-privada
  • Do premiado, o empresario Francisco Vale, conselleiro delegado de Unilusión, destaca a súa traxectoria e compromiso social co emprego inclusivo

 

Madrid, 29 de febreiro de 2024

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reiterou hoxe o compromiso da Xunta por seguir traballando a vindeira lexislatura de xeito coordinado co tecido empresarial galego para situar Galicia á vangarda económica de España.

Así o manifestou durante a súa intervención no acto de entrega do XVII Premio Victoriano Reinoso, organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), que lle foi concedido ao empresario Francisco Vale, conselleiro delegado de Unilusión, de quen Lorenzana destacou a súa traxectoria e compromiso social co emprego inclusivo.

A conselleira asegurou que o Goberno vai seguir ofrecendo estabilidade e apoio ás empresas galegas, e que unha das principais liñas da política económica seguirá sendo a colaboración público-privada.

Será a folla de ruta do Goberno galego os vindeiros catro anos, dixo, porque o obxectivo é xerar certezas e estar ao lado de quen emprende e crea riqueza.

Referiuse, así, ao papel que vai desempeñar a Oficina Económica de Galicia, como órgano de asesoramento técnico e personalizado para as empresas con proxectos de investimento. E, tamén, incidiu no proceso de desburocratización que está levando adiante a Administración autonómica para reducir os prazos administrativos, ou na mellora das condicións de acceso a solo empresarial.

Lorenzana puxo en valor o traballo que está a facer o tecido empresarial galego e a súa capacidade de adaptación ás exixencias do contexto actual. E concluíu comprometendo o apoio da Xunta para xerarlle oportunidades para o investimento, o crecemento e a internacionalización.

  • Rueda reafirma o apoio da Xunta ao empresariado galego no Brasil para fomentar a cooperación e os lazos económicos entre ambos países
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que o talento está vinculado á competitividade e ao desenvolvemento das empresas galegas
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que a competitividade das empresas está vinculada á descarbonización e á implantación das enerxías renovables
    Ler máis