Lorenzana salienta o nivel de sustentabilidade, innovación e internacionalización que xa acada a industria galega

Mércores, 14 Febreiro 2024 16:17
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a planta de madeira do Grupo Malasa
  • Pon o Grupo Malasa como exemplo de que “desde Galicia se pode facer unha industria moderna, unha industria 4.0 e unha industria que xera economía e coñecemento”
  • Remarca os datos de produción industrial na Comunidade porque “por primeira vez” Galicia “despunta” da media nacional

Cerceda (A Coruña), 14 de febreiro de 2024

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a planta de madeira do Grupo Malasa onde puxo de relevo o nivel de sustentabilidade, innovación e internacionalización que xa acada a industria galega.                                                                                                                                                                          

Na visita, Lorenzana enxalzou as empresas que apostan por crecer en Galicia e por crear emprego e benestar para os galegos e galegas. Demostran, dixo, que “desde Galicia se pode facer unha industria moderna, unha industria 4.0 e unha industria que xera economía e coñecemento”.

A conselleira puxo de relevo os datos de produción industrial na Comunidade porque “por primeira vez” Galicia “despunta” da media nacional, abondou, ao crecer 2 puntos en 2023 mentres que no conxunto do Estado se rexistrou un descenso do 0,8%. Do mesmo xeito, tamén se referiu ao emprego industrial, que supera en dous puntos ao promedio estatal, lembrou.

Sobre o Grupo Malasa, eloxiou a aposta que está a facer para ser practicamente autosuficiente a partir da fotovoltaica e a biomasa. Tamén a súa diversificación de mercados e visión internacional, dixo, porque desde Galicia comercializa os seus produtos en Europa, Asia e, máis recentemente, no mercado americano coa súa filial en México. É unha empresa da que remarcou que, dos 1.000 postos de traballo que xera, 800 están en Galicia.

  • A Xunta resalta o papel da loxística na competitividade e na "globalización económica" da industria galega
    Ler máis
  • Lorenzana destaca o papel de CEAPI na internacionalización do tecido empresarial galego
    Ler máis
  • A Xunta destaca a importancia do talento e da formación para manter a competitividade do tecido empresarial galego
    Ler máis