- A Consellería de Economía, Industria e Innovación vén de resolver a última convocatoria do programa de axudas á dixitalización Industria 4.0, que suma máis de 2 millóns de euros para impulsar 125 proxectos vencellados aos procesos de transformación dixital de autónomos e pemes galegas
- Os apoios concedidos facilitan a posta en marcha de sistemas de fabricación distribuída, de facturación, ou de procesos entre un líder industrial cara ás empresas que conforman a súa cadea de valor
- A intensidade media de axuda superou o 40% dos gastos e investimentos necesarios para a posta en marcha dos proxectos de transformación dixital
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2024