A Xunta pon ao grupo Ramón García como exemplo da capacidade de internacionalización e liderado do sector contract galego

Xoves, 04 Xaneiro 2024 11:09
  • A directora do Igape, Covadonga Toca, visita as instalacións da compañía en Ordes, onde pon en valor a experiencia e habilidades dunha industria que “ofrece os seus servizos a todo o mundo, convertendo Galicia nun referente internacional”

Ordes (A Coruña), 4 de xaneiro de 2024

A directora do Igape, Covadonga Toca, puxo ao grupo de empresas Ramón García como exemplo da capacidade de internacionalización e liderado do sector contract galego, tras coñecer as súas instalacións. Esta industria, apuntou Toca, está presente hoxe en día en máis dun centenar de países nos que as empresas galegas teñen impulsado distintos proxectos construtivos.

“As compañías galegas que traballan na canle contract, como é o caso do Grupo Ramón García, teñen adquirido experiencia e habilidades, ofrecendo os seus servizos a todo o mundo, e convertendo Galicia nun referente internacional”, afondou a directora. Neste sentido, lembrou Toca Carús, o propio Grupo Ramón García é un exemplo desa aposta pola internacionalización, contando cunha instalación produtiva en México desde 2014, e estando presente en 70 países nos que ofrece “respostas á medida” aos seus clientes.

Para acadar estas cifras, o Grupo conta tamén coa colaboración do Goberno galego, a través de programas como o Plan de Misións Comercias, que facilita o impulso de accións de internacionalización do tecido produtivo galego.  

A través desta liña, explicou a directora, a Consellería de Economía, Industria e Innovación, en colaboración coas cámaras de comercio, promove misións comerciais na procura de aumentar a base de empresas exportadoras, fomentar e consolidar a presenza de compañías galegas nos mercados internacionais, e conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial como xeográfica das exportacións galegas.

  • O Igape incrementa o seu orzamento ata os 278 M€ na procura de impulsar un novo modelo de relacionarse coas empresas e mellorar a súa competitividade
    Ler máis
  • Lorenzana anuncia a creación dunha área específica de innovación dotada con mais de 60 M€ para fortalecer o tecido produtivo
    Ler máis
  • A Xunta reforza o seu compromiso co emprendemento innovador como “chave do futuro económico de Galicia”
    Ler máis