Aberto o prazo de matriculación do curso Marketing dixital: Ferramentas para o crecemento internacional de Igape Fórmate Internacional

Xoves, 21 Setembro 2023 10:58
  • Xa está aberto o prazo de matriculación no novo curso de Igape Fórmate Internacional denominado Marketing dixital: Ferramentas para o crecemento internacional.
  • A formación está dirixida a responsables de desenvolvemento de negocio, márketing, comunicación e persoas emprendedoras de todos os sectores

O Igape, a través do campus Igape Fórmate Internacional, pon en marcha un novo curso de Marketing Dixital Internacional, Marketing dixital: Ferramentas para o crecemento internacional. Esta formación, completamente gratuíta, está deseñada para fortalecer as habilidades empresariais en Galicia.

En colaboración con expertos no campo do marketing dixital, esta formación desenvolverase en liña, o que brinda a flexibilidade necesaria para daptarse a aquelas axendas ocupadas polas persoas participantes.

Detalles do curso

  • Formación gratuíta: Este curso ofrece unha valiosa formación de calidade sen custos para os participantes, grazas ao compromiso do Igape co desenvolvemento empresarial en Galicia.
  • Prazo de Inscripción: O prazo de inscrición finaliza o 2 de outubro.
  • Datas e Horario: A formación terá lugar do 5 de outubro ao 19 de decembro, en sesións os xoves de 18.30 a 20.00.
  • Obxectivos:
    • Coñecer os fundamentos de uso das principais ferramentas de analítica e xestión de campañas de márketing dixital.
    • Capacitar ao departamento de márketing e comunicación da empresa cos coñecementos básicos para realizar análises de tráfico e conversión das súas canles en liña e aprender a deseñar e xestionar campañas
      publicitarias neste medio.
    • Facilitar a integración das canles dixitais dentro do plan de márketing xeral da empresa e a súa aliñación cos obxectivos de expansión internacional.

Para máis información e inscricións, pódese consultar a seguinte ligazón: https://formateinternacional.igape.es/marketing-dixital-internacional/

  • A Xunta pon en valor a Oficina Económica de Galicia para avanzar na desburocratización e axilización administrativa e acompañar ao tecido produtivo
    Ler máis
  • A Xunta destaca a achega de Kreios Space á diversificación e internacionalización do sector aeroespacial galego
    Ler máis
  • A Xunta destaca o labor de Xesgalicia no seu XXV Aniversario como canle de financiamento público para impulsar a creación e a consolidación das empresas galegas
    Ler máis