A Xunta aborda vías de colaboración para impulsar a transformación dixital da industria galega

Luns, 11 Setembro 2023 02:26

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse co presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez Del Corral. O encontro celebrouse co obxectivo de abordar vías de colaboración que axuden a impulsar a transformación dixital da industria galega.

Na reunión tamén participaron a directora do Igape, Covadonga Toca, e outros membros do Clúster. Actualmente, a Xunta de Galicia xa coopera con esta entidade noutros ámbitos, como a internacionalización ou a formación. 

  • A Oficina Económica de Galicia recibe a visita dos alumnos de 2º de Bacharelato do Colexio Maristas Cristo-Rey da Coruña
    Ler máis
  • A Xunta aboga pola innovación e a desburocratización para mellorar a competitividade e abrir oportunidades de negocio ao tecido empresarial galego
    Ler máis
  • Xornada 'O acceso ao financiamento das empresas do sector Biotech'
    Ler máis