O fin último do Igape é fortalecer o tecido empresarial de Galicia e, para iso, desde o seu inicio contou cunha importante rede de apoios que comparten a súa misión.
Isto tamén lle permitiu coñecer a realidade empresarial de primeira man e mellorou de forma substancial a súa achega.
Promovemos a colaboración:
Quen é o noso ecosistema?
É unha sociedade xestora de entidades de capital risco. A través dela, as empresas poden encontrar financiamento para os seus proxectos mediante participacións no seu capital social ou a través de préstamos participativos que poden converterse en capital. O único requisito á hora de presentar unha solicitude, é que sexan empresas non financeiras cuxos valores non coticen no primeiro mercado da Bolsa de Valores.
A Axencia Galega de Innovación é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía, Industria e Innovación pero con personalidade xurídica propia, que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.
A función da consellería é executar as directrices do goberno autonómico galego en materia de economía, industria e innovación. Está dividida en direccións, secretarías e outros organismos para levar a cabo a súa actividade.
Colaboramos a través de:
Xestión conxunta de programas de apoio ás empresas
Convenios para facilitar o financiamento
Apoio na busca de investigadores privados
Accións formativas
Participación conxunta en proxectos europeos