Manuais de xestión

 
Como presentar un proxecto en público

Unha presentación empresarial pode ter como finalidade persuadir á audiencia para que financie un proxecto, compre un producto ou servizo, participe no proxecto...etc. Explicamos os elementos que forman parte dunha boa presentación: Medios, fases e técnicas básicas.

Planificación e xestión dos recursos humanos

Contén elementos teóricos e prácticos que fan referencia á planificación e xestión do persoal na empresa, tendo en conta a aprendizaxe de técnicas de selección, motivación, administración e retribución do equipo humano que a integra.

Conceptos xurídicos básicos

Expón os coñecementos básicos para que los empresarios y autónomos poidan coñecer e comprender os aspectos xurídicos que condicionan a xestión interna da empresa e as súas relacións cos traballadores.

Instrumentos financeiros para a internacionalización da empresa

Explica dun xeito sinxelo, os instrumentos financeiros máis empregados en operacións internacionais.

Negociación bancaria

Mostra pautas para afrontar o proceso de negociacións, comentando que elementos valoran as entidades financeiras ao estudar as distintas operacións.

Diagnóstico financeiro da empresa

Ofrece unha metodoloxía e instrumentos de interpretación e análise da información económica e financeira da empresa.

Guía básica de financiamento

Describe os princiais instrumentos financeiros do mercado, mostrando as súas características básicas e o uso máis idóneo en función das necesidades de cada proxecto de investimento ou gasto.

Dirección estratéxica empresarial

Este manual é unha introdución ás cinco áreas básicas de xestión da empresa: Dirección estratéxica, Dirección de marketing e comercial, Dirección de operacións, Dirección de control e xestión.

Comunicación e mercadotecnia 2.0

Este manual explica en qué consiste o entorno 2.0 e que cambios, oportunidades e retos supón para a xestión empresarial, especialmente na área da mercadotecnia.

Como crear unha marca

Ofrece unha visión do que abarca hoxe unha marca a través dun esquema organizado e intuitivo de cales son os pasos que hai que seguir para construír unha marca poderosa.

Como calcular custos e elaborar orzamentos

Axuda a comprender os distintos elementos que conforman o custo unitario total dos produtos ou servizos e a fixar prezos reais e adecuados ao mercado. Tamén dá pautas para a elaboración dun orzamento.

Como xestionar a tesourería

Realiza unha aproximación ás tarefas do tesoureiro dunha empresa, principalmente referidas á previsión das saídas e entradas de fondos, así como á selección dos medios que permiten acadar o equilibrio da tesourería.

Como elaborar o plan de comunicación

Recolle os principias ámbitos da comunicación dentro da empresa amosando as ferramentas e estratexias dispoñibles para a súa correcta xestión cara ao interior e o exterior da empresa.

Como elaborar o plan de comunicación - Anexo

Como elaborar o plan de comunicación - Anexo - Comunicación online: blog e microblog

Como elaborar o cadro de mando

Realiza unha aproximación ao concepto do cadro de mando integral e á importancia que pode ter para a empresa, definindo con exemplos cal é a súa aplicación práctica e como debe implantarse nunha organización.

Como xestionar as vendas

Expón unha serie de consellos para realizar unha correcta xestión da totalidade do proceso de venda na empresa: a dirección comercial, a estratexia comercial, o departamento de vendas, a xestión de clientes e técnicas de venda.

Como converter a miña empresa en exportadora

Recompila as pautas a seguir para a introdución dunha empresa na exportación. Preséntanse casos prácticos para facilitar a comprensión e aplicación dos conceptos teóricos.

Como valorar un proxecto de investimento

Presenta os métodos e ferramentas que permiten analizar un proxecto de investimento ou un novo negocio, en termos de rendibilidade.

Innovación empresarial

Expón os procedementos habituais de xestión da innovación e a súa aplicación no funcionamento do negocio.

Como utilizar internet para o meu negocio

Explica como empregar internet no negocio para mellorar a calidade do servizo e incrementar os beneficios.