XORNADA PRESENTACIÓN
Oficina Económica de Galicia
O martes, 22 de outubro, ás 11 horas, celebramos unha xornada presencial na que daremos a coñecer a Oficina Económica de Galicia así como os apoios e asesoramentos que proporciona ás empresas galegas.
Unha oportunidade máis de poñer en contacto ao tecido empresarial e á Administración, a través dunha xornada que busca dar resposta con axilidade ás necesidades das empresas galegas.
Durante a xornada coñeceremos os servizos que proporciona da man de expertos en diferentes eixes, e conversaremos cos usuarios e empresas asesoradas dende a Oficina Económica
A xornada terá lugar o próximo martes 22 de outubro, ás 11:00 horas, na Finca dos Lunas, en Santiago (Rúa do Cruceiro da Coruña, 205)