A Xunta aborda vías de colaboración para impulsar a transformación dixital da industria galega

Luns, 11 Setembro 2023 02:26

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse co presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez Del Corral. O encontro celebrouse co obxectivo de abordar vías de colaboración que axuden a impulsar a transformación dixital da industria galega.

Na reunión tamén participaron a directora do Igape, Covadonga Toca, e outros membros do Clúster. Actualmente, a Xunta de Galicia xa coopera con esta entidade noutros ámbitos, como a internacionalización ou a formación. 

  • Lorenzana anuncia que, por primeira vez, as axudas do Igape para pemes e autónomos estarán dispoñibles xa desde xaneiro, con case 173 M€
    Ler máis
  • Lorenzana avanza axudas por importe de 14 M€ para impulsar a innovación e a dixitalización do tecido produtivo de Galicia
    Ler máis
  • Lorenzana anuncia unha nova convocatoria de axudas por importe de 7,5 M€ para reducir a factura eléctrica das empresas galegas
    Ler máis