A Xunta salienta que UARX Space exemplifica o coñecemento, talento e innovación da industria aeroespacial de Galicia

Venres, 14 Abril 2023 14:59
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en Nigrán as intalacións desta compañía, que forma parte do ecosistema de I+D+i que hai arredor do Polo Aeroespacial de Galicia.
  • A empresa foi seleccionada pola Axencia Espacial Europea para participar no primeiro lanzamento do seu foguete de nova xeración Ariane 6.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a compañía UARX Space exemplifica desde Nigrán o coñecemento, talento e innovación da industria aeroespacial de Galicia.

A compañía, unha startup fundada en 2020 e especializada no transporte de satélites a órbita, foi seleccionada pola Axencia Espacial Europea para participar no primeiro lanzamento do seu foguete de nova xeración Ariane 6 en decembro deste ano. Isto vaille permitir realizar o primeiro voo real dun dos seus dispositivos e suporá un salto cualitativo no seu desenvolvemento polo valor de demostración que terá no mercado.

UARX Space forma parte do ecosistema de I+D+i que hai arredor do Polo Aeroespacial de Galicia, e traballa establecendo colaboracións estratéxicas con empresas, centros de coñecemento e entidades de referencia no sector.

A aposta que Galicia está a facer polo Polo Aeroespacial abrangue a colaboración coas grandes empresas tractoras do sector, como os novos socios industriais da Xunta (Airbus, Avincis e Telespazio) e tamén á industria máis innovadora, ensanchando a base deste sector industrial e impulsando o seu liderado tecnolóxico.

  • Lorenzana subliña que o talento está vinculado á competitividade e ao desenvolvemento das empresas galegas
    Ler máis
  • Lorenzana subliña que a competitividade das empresas está vinculada á descarbonización e á implantación das enerxías renovables
    Ler máis
  • Lorenzana ratifica o compromiso da Xunta coa transición enerxética e o despregamento das enerxías renovables
    Ler máis