Fernando Guldrís na empresa La Fábrica de Nikis Fernando Guldrís na empresa La Fábrica de Nikis

As vendas ao exterior acadan un novo récord en Pontevedra tras medrar un 8,3% e superar a barreira dos 13.000m€ en exportacións no 2022

Martes, 21 Febreiro 2023 21:14
  • O director do Igape, Fernando Guldrís, visita as instalacións de La Fábrica de Nikis, empresa especializada en merchandising e deseño gráfico que ten promovido diferentes accións encamiñadas á internacionalización grazas ao Galicia Exporta Dixital
  • Destaca que este programa, que abrirá unha nova convocatoria en vindeiras datas, permitiu ata o de agora impulsar na provincia preto de 220 plans de internacionalización dixital encamiñados á promoción das empresas e os seus produtos por importe de máis de 9M€
  • Salienta que “o compromiso das pemes galegas na procura de novos mercados” permitiu a Galicia acadar un rexistro histórico nas súas exportacións con case 30.000 millóns no 2022, un 18,3% más que no 2021

 

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe as instalacións de La Fábrica de Nikis, no concello de O Grove, empresa especializada en merchandising e deseño gráfico que ten impulsado no último ano diferentes accións encamiñadas á internacionalización grazas ao programa Galicia Exporta Dixital.

“La Fábrica de Nikis é un bo exemplo da colaboración co tecido empresarial que permite ás empresas galegas reforzar a súa aposta pola internacionalización na procura de novos mercados”, salientou Guldrís, que puxo en valor as últimas cifras de exportacións, tanto no conxunto de Galicia como na provincia de Pontevedra.

Neste sentido, salientou, a boa marcha das ventas ao exterior do conxunto da Comunidade reflíctese na provincia de Pontevedra, cuxas exportacións medraron un 8,3% no último ano ata superar a barreira dos 13.000 millóns, o que fai dela a octava provincia máis exportadora no conxunto de España. 

Guldris destacou que Pontevedra resulta clave na evolución das ventas ao exterior de Galicia, que acadaron o último ano un novo récord rozando os 30.000 millóns de euros, o que se supón un incremento do 18,3% con respecto ao 2021. Así mesmo, apuntou, as empresas exportadoras regulares están a medrar tamén tanto na Comunidade como en Pontevedra, onde acadan as 1.558,  un 4,2% más que no anterior exercicio.

Neste marco, Guldrís puxo en valor “o compromiso das pemes galegas na procura de novos mercados” e a importancia da cooperación público-privada para seguir a mellorar estas cifras. Un esforzo conxunto que se materializa en iniciativas como o Galicia Exporta Dixital, que permitiu a La Fábrica de Nikis realizar un diagnóstico de internacionalización ou avanzar nun plan de mercado electrónico concreto, e que abrirá en próximas semanas unha nova convocatoria.

O obxectivo do Galicia Exporta Dixital, salientou Guldrís, é permitir ás empresas apoiarse en ferramentas innovadoras para acceder aos mercados exteriores a través de novas canles de comercialización, e actívase para dar resposta á demanda crecente das empresas galegas para acometer os seus procesos de dixitalización internacional.

Este programa ten permitido ata o de agora impulsar preto de 420 plans de internacionalización dixital encamiñados á promoción das empresas e os seus produtos en mais de 90 países, por importe de máis de 17,5 M€. E só na provincia de Pontevedra, a liña ten promovido case 220 plans de internacionalización cunha mobilización superior as 9 millóns.

O programa, expuxo Guldrís, se complementa coas liñas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, e se enmarca na Estratexia de Internacionalización do Goberno galego, unha folla de ruta coa que facilitar a saída ao exterior das pemes da Comunidade apostando pola dixitalización e a diversificación de mercados.

Para seguir contribuíndo a estas cifras, a Xunta destinará máis de 20 millóns de euros en 2023 a colaborar co tecido empresarial galego para manter o mellor ciclo exportador da súa historia.

  • Lorenzana anuncia a aprobación da primeira convocatoria de axudas en Galicia para promover o uso da intelixencia artificial nas empresas
    Ler máis
  • A Xunta pon en valor a Oficina Económica de Galicia para avanzar na desburocratización e axilización administrativa e acompañar ao tecido produtivo
    Ler máis
  • A Xunta destaca a achega de Kreios Space á diversificación e internacionalización do sector aeroespacial galego
    Ler máis