INCENTIVOS ECONÓMICOS REXIONAIS

Finalidade / Obxectivo

Fomento do desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de correxir os desequilibrios territoriais existentes.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido.

Beneficiarios potenciais

Persoas físicas ou xurídicas, españolas ou que, aínda non séndoo, teñan a condición de residentes.

Sectores incentivables

a) Industrias transformadoras e servizos de apoio á produción que presten especial atención a melloras medioambientais e supoñan unha mellora significativa na calidade ou innovación de proceso ou produto e, en especial, os que favorezan a introducción das novas tecnoloxías e a prestación de servizos nos subsectores das tecnoloxías da información e as comunicacións e os que melloren significativamente as estruturas comerciais.

b) Establecementos turísticos e instalacións complementarias de ocio que posúan carácter innovador especialmente no relativo ás melloras medioambientais e que melloren significativamente o potencial endóxeno da zona.

Consideraranse sectores excluidos os non citados no párrafo anterior.

Requisitos principais do proxecto

Creación de novos establecementos, ampliación e modernización, sempre que respondan a unha composición equilibrada entre os seus diferentes conceptos de investimento de acordo coa actividade e o investimento sexa superior ao mínimo de 900.000 euros.

- Son proxectos de creación de novos establecementos os investimentos que dean orixe á iniciación dunha actividade empresarial e ademais creen novos postos de traballo.
- Son proxectos de ampliación os investimentos que supoñan o desenvolvemento dunha actividade xa establecida ou a iniciación doutras. No caso de desenvolver unha actividade xa establecida, relacionada ou non coa xa desenvolvida pola titular, o proxecto deberá implicar un aumento significativo da capacidade produtiva. Así mesmo os proxectos de ampliación deberán levar a creación de novos postos de traballo e o mantemento dos existentes e superar determinada porcentaxe sobre a dotación para amortizacións do establecemento.
- Son proxectos de modernización os investimentos que cumpran as seguintes condicións:
a) Que o investimento constitúa unha parte importante do inmobilizado material do establecemento que se moderniza e que implique a adquisición de maquinaria tecnológicamente avanzada que produza un incremento sensible da produtividade, e ademáis que supere determinada porcentaxe sobre a dotación para amortizacións do establecemento que se moderniza.
b) Que o investimento de lugar á diversificación da produción dun establecemento para atender a mercados de produtos novos e adicionais ou supoña unha transformación fundamental no proceso global de produción dun establecemento existente.
c) Que se manteñan os postos de traballo existentes.

No caso das grandes empresas, solo se poderán conceder axudas para investimentos iniciais que creen unha nova actividade económica.

Os proxectos de investimento deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser viables técnica, económica e financeiramente.
b) Dispor dun nivel de autofinanciación non inferior ao que se especifique nos Reais Decretos de delimitación e en calquera caso igual ou superior ao 25%. Ademáis a empresa que promova o proxecto deberá contar cun nivel mínimo de fondos propios que será fixado na resolución individual de concesión de acordo cos criterios que fixe ó respecto o Consello Rector de Incentivos Rexionais.
c) O investimento so poderá iniciarse despois da presentación da solicitude de incentivos rexionais.
Por ‘‘inicio dos investimentos’’ entendese ou ben o inicio dos traballos de construcción no investimento, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior. A compra de terrenos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran o inicio dos traballos.

Cualificación requerida do proxecto

Serán subvencionables os investimentos e os gastos que se inicien con posterioridade á presentación da solicitude de Incentivos Rexionais.

Os solicitantes dos incentivos rexionais poderán executar os investimentos sen necesidade de esperar á resolución final que se adopte, sempre que acrediten adecuadamente, na forma que se estableza polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que as mesmas non se iniciaron antes de presentar a solicitude sen que iso prexulgue a decisión que finalmente se adopte.

Asemade a Comunidade Autónoma poderá solicitar acta notarial de presencia ou realizar comprobación física sobre o terreo, a efectos de verificar o “no inicio de las inversiones”

Investimentos ou gastos computables

Activos fixos de carácter material novos ou de primeiro uso, referidos aos seguintes elementos de investimento:
a) Obra Civil.
b) Bens de Equipo, excluídos os elementos de transporte exterior.
c) No caso das pequenas e medianas empresas, ata o 50% dos costes derivados dos estudos previos do proxecto, entre os que poden engadir: traballos de planificación, enxenería de proxecto e de dirección facultativa dos proxectos.
d) Activos inmateriais, sempre e cando non excedan do 30% do total do investimento incentivable, empregase exclusivamente no centro onde se realice o proxecto, sexan inventariables, amortizables e se adquiran en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador.
e) Outros conceptos, excepcionalmente. Apreciaráse a excepcionalidade en aqueles proxectos de carácter singular pola naturaleza do investimento.

Para a determinación do importe dos investimentos subvencionables o Consello Reitor de Incentivos Rexionais poderá establecer módulos por unidade de medida, de maneira que se garanta que non se superan os prezos de mercado.

O investimento aprobado dun proxecto estará composta exclusivamente dos conceptos a que se fai referencia no punto anterior. Os activos obxecto do investimento deberán ser adquiridos en propiedade polo beneficiario sempre que o pago dinerario materialícese efectivamente e na súa totalidade dentro do prazo de vixencia.

Poderá aceptarse a adquisición dos activos obxecto do investimento mediante fórmulas de arrendamento financeiro sempre que os activos pasen a ser propiedade do beneficiario antes da finalización do prazo de vixencia dos beneficios e ademais os pagos materializáranse efectivamente e na súa totalidade, dentro de devandito prazo.

Contía das axudas

Os incentivos rexionais que poderán concederse en dita zona no poderán sobrepasar a porcentaxe máxima do 15 por cen para grandes empresas, do 25 por cen para medianas empresas e do 35 por cen para pequenas empresas sobre o investimento aprobado. No caso de proxectos cun investimento aprobado superior a 50 millóns de euros dita porcentaxe máxima fixarase conforme ao establecido para os grandes proxectos de inverstimento nas Directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de vixencia finalizará o día de derogación expresa.

Incompatibilidades

Esta axuda é compatible co resto dos Programas de Axuda do Igape.

Referencia lexislativa

Lei 50/1985 do 27 de decembro, de incentivos rexionais para a corrección de desequilibrios económicos interterritoriais.
Real decreto 899/2007 do 6 de xullo, polo que se aproba o Reglamento dos incentivos rexionais.
Orde do 23 de maio de 1994 (BOE do 08/06/1994)
Real Decreto 161/2008 de 8 de febreiro (BOE Nº59 do 08/03/2008) - Delimitación zona de promoción económica de Galicia.
Real Decreto 161/2008 de 8 de febreiro (BOE Nº86 do 09/04/2008) - Corrección de erros.
Orden EHA/2874/2009 de 15 de octubre (BOE Nº261 do 29/10/2009) - Normas complementarias para tramitación y gestión
Orden HAP/2444/2013 de 17 de decembro (BOE Nº 312 do 30/12/2013) - Prórroga do prazo de vixencia de Incentivos Rexionais
Real Decreto 303/2015 de 24 de abril (BOE Nº102 de 29/04/2015) - Modificación do Regulamento de Incentivos Rexionais
Real Decreto 304/2015 de 24 de abril (BOE Nº102 de 29/04/2015) - Modificación do Real Decreto de delimitación da zona de promoción económica de Galicia.
Orden HAC/1239/2020 de 21 de diciembre (BOE Nº334 de 23/12/2020) - Prórroga do prazo de vixencia de Incentivos Rexionais
Orden HFP/1479/2021 de 22 de diciembre (BOE Nº313 de 30/12/2021) - Prórroga do prazo de vixencia de Incentivos Rexionais
Real Decreto 613/2022, de 26 de julio (BOE Nº179 de 27/07/2022) - Modificación do Real Decreto de delimitación da zona de promoción económica de Galicia.
Orden HAC/714/2024, de 2 de julio (BOE Nº168 de 12/07/2024) - Normas complementarias tramitación y gestión.

Información e tramitación

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) - Teléfono: 902 300 903 www.igape.es ou [email protected]

Enlace aos formularios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas:
http://www.dgfc.sepg.minhap.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/ipr/ir/Paginas/ImpSolicIncentivos_D.aspx

Documentación a presentar:
a) Instancia de solicitude do interesado en modelo normalizado (Anexo I)
b) Resumo de datos básicos da empresa según modelo.
c) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante, das rexistrais se se trata dunha Sociedade constituída e, se estivese en fase de constitución,constitución, das previstas, así como as do promotor que actúa no seu nome.
d) Memoria do proxecto de investimento a efectuar, en modelo normalizado.
e) Cuestionario ambiental según modelo.
f) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto, segundo modelo normalizado.
g) Xustificación do cumprimento por parte da empresa das súas obrigacións fiscais e fronte á Seguridade Social ou, no seu caso, autorización á Dirección Xeral de Fondos Comunitarios para solicitar os certificados.
h) No caso de grandes empresas, declaración da existencia de efecto incentivador.

Observacións

A porcentaxe de subvención gardará relación coa contía total do investimento aprobado, co número de postos de traballo creados, e valorarase especialmente a utilización de factores produtivos da zona, a taxa do valor engadido e, se é o caso, o incremento de produtividade, a incorporación ao proxecto de tecnoloxía avanzada e o carácter dinamizador do proxecto para a economía da zona.

Nas zonas definidas como prioritarias, a porcentaxe de subvención incrementarase nun 20%, dentro das porcentaxes máximas sobre a inversión aprobada.

As solicitudes de incentivos rexionais presentadas ata o 31 de decembro de 2021 que estean pendentes de resolución no momento da entrada en vigor deste real decreto, resolveranse con arreglo ao previsto no mismo, excepto no relativo ao teito máximo das axudas, para o que se aplicarán as porcentaxes establecidas no Real Decreto 304/2015, de 24 de abril.

As solicitudes de incentivos rexionais presentadas a partir do 1 de xaneiro de 2022 que estean pendentes de resolución no momento da entrada en vigor deste real decreto, resolveranse con arreglo ao previsto no mesmo.

O prazo de vixencia da presente zona de promoción económica, aos efectos de solicitar as axudas que se determinan neste real decreto, finalizará o día 31 de decembro de 2027.