IG262 - PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR A OPERATIVA DE CENTROS TECNOLÓXICOS, ASOCIACIÓNS EMPRESARIAIS, FUNDACIÓNS E ENTIDADES QUE DESENVOLVAN ACTIVIDADES ECONÓMICAS, DE I+D OU SERVIZOS DE INTERESE PARA O TECIDO EMPRESARIAL (2024)

Finalidad / Objetivo

Financiamento de actuacións a desenvolver por centros tecnolóxicos, asociacións empresariais fundacións e entidades que desenvolvan ou proxecten desenvolver actividades económicas, de investigación e desenvolvemento ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego.

Tipos de apoyo

Préstamos directos do IGAPE en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Deberán ser entidades vinculadas a sectores produtivos de Galicia ou actuacións a desenvolver na Comunidade Autónoma.
A titular poderá ceder a actuación a unha agrupación de interese económico cando estea xustificado por motivos de optimización fiscal respecto á deducións por investimentos en I+D e transferencia de bases impoñibles negativas, que facilite o financiamento da actuación, sempre que os gastos a financiar sexan realizados e sufragados pola beneficiaria, ou os depósitos a peñorar afiancen avais en garantía de obrigas ou continxencias da mesma.
2. Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:
a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio.
c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007.

Requisitos principales del proyecto

*Importe.
As actuacións a desenvolver en Galicia deberán presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 € máis impostos.

A solicitante deberá acreditar capacidade para financiar a parte do proxecto non cuberta polo préstamo. Polo menos un 25% do volume de financiamento previsto para a actuación deberá estar exento de apoio público.

* Condicións do produto financeiro.

Importe mínimo e máximo.
O importe mínimo do préstamo será de 75.000 € e o máximo de 1.500.000 €. En ningún caso superará o 75 % do custo da actuación financiable.

* Prazos de amortización e de carencia.
Axustados ao plan económico-financeiro e á vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal.

Cualificación requerida del proyecto

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación do risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos.

Inversiones o gastos computables

Poderán ser financiados os seguintes conceptos:

a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, outras instalacións, mobiliario, equipamentos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.

b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

c) Gastos de investigación, desenvolvemento e innovación, aínda que contablemente teñan a consideración de gasto corrente, por non cumprirse as condicións para a súa activación previstas nas normas particulares sobre o inmobilizado intanxible recollidas no vixente Plan Xeral de Contabilidade, por canto, unha vez finalizado o prazo para xustificar o proxecto, poidan non presentarse motivos fundados de éxito técnico e rendibilidade económica-comercial.

d) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para a actividade , que deberá cumprir os seguintes dous requisitos:
1º. A contía financiable por este concepto será determinada polo Igape en base a solicitude da titular, aos estados financeiros históricos e as previsións de actividade.
2º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade, serán aplicados ao pagamento a provedores e acredores dos seguintes conceptos de gasto corrente do exercicio:
i) Compras de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, mediante transferencia ou pago de efectos.
ii) Prestación de servizos: arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.
iii) Gastos de persoal: soldos e salarios, indemnizacións, seguros sociais e outros gastos sociais.
iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica, se é o caso.
v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
vi) Cando así se contemple expresamente no acordo de concesión, os fondos do préstamo desembolsado poderán destinarse a constituír un depósito nunha entidade financeira en euros, peñorado a favor dun terceiro, como fianza ou contragarantía dun aval ou liña de avais que este terceiro emita, en garantía do cumprimento, por parte da beneficiaria, de compromisos, continxencias ou obrigas de carácter técnico ou financeiro relacionados coa actuación ou coa actividade corrente da beneficiaria.

e) Investimentos financeiros en sucursais o filiais domiciliadas no estranxeiro, en base a un plan de expansión comercial internacional. Os fondos do préstamo, deberán ser aplicados pola sucursal ou filial a algunha/s das finalidades relacionadas nos puntos anteriores.

f) Salvo nos conceptos recollidos no punto d) anterior, exclúense impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE cando non sexa recuperable.

Cuantía de las ayudas

Os puntos porcentuais de redución do tipo de xuro serán 5, agás nos casos nos que a axuda implícita sumada ás outras axudas amparadas na normativa minimis que foran percibidas pola titular durante tres exercicios consecutivos supere o límite aplicable na citada normativa. Nestes supostos, poderá reducirase os puntos porcentuais de bonificación para axustar a axuda implícita ao límite dispoñible. Unha vez descontada a subvención, o tipo de xuro nominal pagadoiro trimestralmente resultante para a beneficiaria non poderá ser inferior a 2 puntos porcentuais.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 29 de novembro de 2024, ás 14.00 horas ou cando se esgote o crédito orzamentario.


Incompatibilidades

Os préstamos recollidos nestas bases reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.
Para os casos nos que se considere axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultantes da normativa de aplicación.
A solicitude expresa da titular e con carácter previo á formalización do préstamo, poderá renunciar á axuda implícita, para poder combinar e compatibilizar o financiamento con outras axudas públicas.

Referencia legislativa

Resolución do 22 de decembro de 2023 (DOG Nº10 do 15/01/2024) - Bases reguladoras dos préstamos directos e convocatoria 2024
Resolución do 11 de xullo de 2024 (DOG Nº138 do 17/07/2024) - Ampliación de crédito

Información y tramitación

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]

* Tramitación

1. O interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través de https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

Documentación específica que se presentará coa solicitude.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) A documentación específica para esta modalidade de préstamo:
– Memoria da Actuación, que desenvolverá o seguinte contido:
a) Antecedentes da entidade: Historial, partícipes, principais fitos na evolución da entidade, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).
b) Descrición da actuación: Obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación da actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos e/ou gastos).
c) Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería para un horizonte temporal 5 anos), con descrición das hipóteses que sustentan ditas previsións (existencia de contratos, pedidos, cartas de intencións, etc.). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do actuación. As previsións económicas deberán seguir, na medida do posible, os modelos de conta de perdas e ganancias, balance e estado de fluxos de efectivo recollidos no Plan Xeral de Contabilidade en vigor.
d) No seu caso, informes da vida laboral necesarios para a comprobación do mantemento e creación do emprego.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).
c) En caso de persoas xurídicas:
1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
3º. Contas anuais, auditadas, se é o caso, correspondentes ao último exercicio pechado.
4º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.
d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente en formato PDF nativo (descargados directamente da web da AEAT.
e) Se é o caso, anteproxecto ou proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de anteproxecto ou proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.
f) Relación detallada dos investimentos e/ou gastos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.
g) Acreditación da dispoñibilidade do inmoble afecto ao proxecto de investimento (copia do contrato de aluguer, concesión, superficie ou adquisición, segundo proceda).
h) Se é ocaso, acreditación da capacidade de financiamento da parte da actuación non cuberta co préstamo solicitado. Esta acreditación poderá consistir:
- Nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida (que terá que indicar expresamente que o saldo dispoñible non está peñorado nin suxeito a limitacións de dispoñibilidade) e/ou unha comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento (importe, prazo, carencia e garantías que se van tomar);
- Nun compromiso firme do financiamento que van achegar os socios, no que figure a natureza, importe e prazos.

Observaciones

A beneficiaria deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 28 de novembro de 2025.
O prazo máximo para solicitar a disposición dos fondos do préstamo e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso este prazo non superará o período de carencia na amortización do préstamo, nin o establecido na Resolución da convocatoria.
O desembolso das operacións financeiras realizarase a solicitude da beneficiaria