IG293 - SUBVENCIÓN DE XUROS DE PRÉSTAMOS DIRECTOS CONCEDIDOS POLO IGAPE (2023)

Fora de prazo

Finalidad / Objetivo

Estas bases regulan as condicións e o procedemento de tramitación da subvención de xuros de préstamos directos do Igape.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser persoas beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas titulares ou solicitantes de préstamos directos concedidos polo Igape, cuxo tipo de referencia a aplicar para determinar o tipo de xuro sexa maior do 0%, e que se atopen ao corrente dos pagamentos.

2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 do Real Decreto Lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei Concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do Libro segundo do Real decreto lexislativo 1/2020, salvo que adquirise eficacia un plan de reestruturación.

c) As entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.

d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as empresas que incumpran os prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, de acordo co previsto no apartado 3 bis do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Cuantía de las ayudas

1. A axuda consistirá na subvención dos tipos de xuro de referencia utilizados para a determinación do tipo de xuro ordinario aplicable, cun máximo de 3,5 puntos porcentuais e 200.000 € brutos, xerados ou pendentes de liquidar durante o ano 2023 e 2024. En ningún caso a subvención superará os xuros ordinarios xerados polo tipo de referencia, nin serán subvencionados os tipos moratorios.

2. A axuda será aboada aos titulares na conta bancaria que designen, en concepto de subvención dos xuros pagados, unha vez que as cotas periódicas dos respectivos préstamos figuren recadadas polo Igape.

3. No momento da concesión calcularase de xeito estimativo o seu importe bruto, en base á hipótese de mantemento do capital vivo previsto co calendario de amortización.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do 30 de novembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de mínimis.

Serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada, pero, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de mínimis. De xeito xeral e na data de publicación das presentes bases, as axudas de mínimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais e, para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 €. Para as empresas cuxa actividade estea encadrada no Regulamento de mínimis específico do sector da pesca, non poderán superar 30.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de mínimis redúcese a 20.000 €, ou a 25.000 € segundo corresponda, durante calquera período de tres exercicios.

No caso de que a axuda calculada supere os límites, axustarase o importe total da axuda bruta aos ditos límites. Será causa de denegación se as axudas de mínimis xa percibidas no exercicio corrente e os dous anteriores superan os ditos límites.

Referencia legislativa

Resolución do 10 de outubro de 2023 (DOG Nº200 do 20/10/2023) - Bases reguladoras

Información y tramitación

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]

*Tramitación:

1. Para presentar a solicitude, a persoa ou entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico a través da aplicación https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

3. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas ou entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que a persoa asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou persoa ou entidade solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dunha única persoa solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dunha persoa solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento no que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado en formato PDF para ser anexado.


As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas interesadas deberán achegar acreditación do cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Esta acreditación será:

-Para empresas que de acordo á normativa contable en vigor poidan presentar contas de perdas e ganancias abreviada, unha declaración responsable.
- Para sociedades que de acordo coa normativa contable non poidan presentar contas de perdas e ganancias abreviada, mediante un certificado dun auditor inscrito no Rexistro Oficial de Contas.