Conde pon a empresa Triple Alpha como exemplo do potencial que ofrece o rural para emprender en novos sectores

Viernes, 11 Febrero 2022 14:23

Subliña que esta firma demostra como o emprendemento no medio rural é unha realidade en Galicia e como se poden desenvolver proxectos cara á industria para xerar valor engadido a través do tratamento de datos e a aplicación das novas tecnoloxías

Padrón (A Coruña), 11 de febreiro de 2022.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa tecnolóxica de Padrón Triple Alpha como exemplo do potencial que ofrece o rural galego para emprender máis alá da actividade agroindustrial, primando novos sectores e novos produtos e mercados.

Conde visitou hoxe as instalacións desta empresa especializada na análise de datos aplicada ao ámbito industrial, que naceu en 2018 e xa conta con 13 empregados. Unha empresa, dixo, que traballa onda os sectores estratéxicos de Galicia, fundamentalmente, o agroalimentario, o lácteo, pero tamén a automoción —de feito foi seleccionada para participar na edición deste ano da BFAuto—.

O vicepresidente económico salientou que “é un exemplo de como o emprendemento no medio rural é unha realidade en Galicia e de como se poden desenvolver proxectos cara á industria para xerar valor engadido a través do tratamento de datos e a aplicación das novas tecnoloxías —abondou—, que é o que Triple Alpha leva desenvolvendo desde hai catro anos con resultados moi importantes de aforro económico para as empresas e de mellora nos seus procesos produtivos”.

Triple Alpha, segundo Conde, é un proxecto que, ademais, conxuga o emprendemento innovador co medio rural. Por iso foi unha das empresas beneficiarias en anteriores convocatorias do programa Galicia Emprende Rural que, xustamente, apoia iniciativas de emprendemento no rural ao marxe do sector primario, vinculadas ás novas tecnoloxías e á dixitalización. Este programa de axudas ten aberto ata o vindeiro 8 de marzo o prazo de solicitudes da súa próxima edición, cun orzamento de 2M€.

  • Jornada 'El acceso a la financiación de las empresas del sector biotech'
    Leer más
  • Lorenzana recuerda que desde este año las startups cuentan en Galicia con una línea de ayudas específica para apoyar su lanzamiento y consolidación
    Leer más
  • Lorenzana destaca la competitividad y la generación de empleo como fortalezas de la industria de la seguridad y la defensa en Galicia
    Leer más