A Xunta e a Asociación empresarial As Coiñas avalían as necesidades do polígono industrial

Jueves, 03 Febrero 2022 14:21

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse coa directiva desta entidade

Santiago de Compostela, 03 de febreiro de 2022.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro coa directiva da Asociación empresarial As Coiñas para avaliar a situación actual do polígono industrial.

Durante a reunión, abordaron as melloras acometidas desde o convenio asinado en 2017 entre a Xunta e a asociación e que outorgou ás empresas instaladas máis posibilidades de medrar, fomentou a captación de investimento e de novas compañías, así como un incremento da seguridade.

O polígono alberga un total de 21 empresas nas que traballan ao redor de 500 persoas e, nestes momentos, están interesadas na instalación dun sistema de televixilancia.

Tal e como lembrou Conde, a Xunta de Galicia xa ten aberto o prazo de solicitudes para acceder ás tres liñas de axudas destinadas aos parques empresariais galegos. Un total de 8,35 M€ para modernizar as infraestruturas, impulsar novos viveiros industriais ou reforzar a rede de distribución eléctrica. Grazas a estes apoios, a Administración autonómica xa leva impulsado máis de 700 proxectos ao longo das convocatorias anteriores.

  • El Igape incrementa su presupuesto hasta los 278 M€ en la búsqueda de impulsar un nuevo modelo de relacionarse con las empresas y mejorar su competitividad
    Leer más
  • Lorenzana anuncia la creación de una área específica de innovación dotada con más de 60 M€ para fortalecer el tejido productivo
    Leer más
  • La Xunta refuerza su compromiso con el emprendimiento innovador como "llave del futuro económico de Galicia"
    Leer más