A Xunta activa apoios específicos para o téxtil en programas destinados a impulsar a recuperación do tecido produtivo

Viernes, 14 Mayo 2021 12:00

O director do Igape, Fernando Guldrís, avanzou ao presidente da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), José Antonio Conde, as medidas de impulso ao sector incluídas nas liñas que se activarán proximamente. As pemes da moda e a confección poderán dispor de axudas do 70% nos investimentos realizados en proxectos de dixitalización ao abeiro da vindeira convocatoria de apoios. Ademais, poderán contar con bonificacións de ata o 1,5% nos xuros dos préstamos concedidos polas entidades financeiras a través da liña que facilita o acceso ao crédito mediante avais da Administración autonómica.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2021.- O director do Igape, Fernando Guldrís, mantivo esta mañá un encontro co presidente e o xerente da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), José Antonio Conde e Alberto Rocha, respectivamente, no que avanzou as medidas específicas de apoio ás pemes do sector que a Xunta vén de incluír nos programas de axudas á dixitalización e de apoio ao financiamento que se activarán proximamente.

Como explicou Guldrís, o obxectivo destas iniciativas, dirixidas ás pequenas e medianas empresas galegas da moda e a confección, é contribuír á recuperación da súa actividade e á súa mellora competitiva no actual contexto económico, a través de apoios que favorezan a transformación tecnolóxica e lles faciliten a liquidez necesaria para realizar investimentos.

Neste sentido, o director do Igape destacou ante os representantes de Cointega que as pemes do téxtil poderán acceder a préstamos de ata un millón de euros con bonificacións de xuros que, no caso deste sector, poden acadar o 1,5% e que contarán co reaval, a longo prazo, do Igape. Será a través da próxima convocatoria do programa que facilita financiamento ao tecido produtivo mediante un convenio entre a Xunta, as entidades financeiras y as dúas sociedades galegas de garantía recíproca (SGR).

Incremento das axudas aos proxectos de dixitalización
Sobre os apoios da nova convocatoria de axudas á dixitalización, Guldrís puxo de manifesto que facilitará que as pemes do téxtil poñan en marcha proxectos que avancen na dixitalización dos seus procesos produtivos, con apoios que cubrirán ata o 70% dos investimentos. Deste xeito, contarán cun incremento do 20% na intensidade de cada axuda, que aumenta para todos os sectores nesta convocatoria cubrindo a metade dos custos de cada iniciativa.

Os proxectos de dixitalización apoiados poderán ser tanto individuais como realizados en colaboración a través de agrupacións de empresas. No primeiro caso, para o desenvolvemento de interfaces dixitais ou a implantación de solucións xa existentes para as interaccións con clientes e provedores; a posta en marcha de sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados e ciberseguridade; ou a implementación de sistemas para a dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral. As iniciativas colectivas poderán consistir tamén na utilización e implantación de sistemas de interacción dixital ou de xestión integral especializados de uso común.

  • Lorenzana anuncia la aprobación de la primera convocatoria de ayudas en Galicia para promover el uso de la inteligencia artificial en las empresas
    Leer más
  • La Xunta pone en valor a Oficina Económica de Galicia para avanzar en la desburocratización y agilización administrativa y acompañar al tejido productivo
    Leer más
  • La Xunta destaca la aportación de Kreios Space a la diversificación e internacionalización del sector aeroespacial gallego
    Leer más