A Xunta salienta a transformación industrial e a dixitalización como motores da reactivación económica e a sustentabilidade

Miércoles, 10 Marzo 2021 12:00

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no encontro dixital Tecnoloxía e innovación ao servizo dun desenvolvemento sustentable organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia. Destaca que a Xunta está a achegar medidas de apoio aos sectores máis afectados pola actual situación económica ao tempo que impulsa a Industria 4.0, a innovación, a eficiencia enerxética e a mobilidade sustentable.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021.- O director do Igape, Fernando Guldrís, destacou hoxe na apertura da xornada Tecnoloxía e innovación ao servizo dun desenvolvemento sustentable que no actual contexto económico e social é máis necesario que nunca promover a transformación do tecido produtivo galego cara a Industria 4.0 e a dixitalización para impulsar así a economía verde e circular e garantir unha recuperación sólida baseada na sustentabilidade.

No encontro dixital, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, o director do Igape salientou tamén que a Xunta traballa para acadar ese obxectivo facendo fronte ás necesidades máis inmediatas dos sectores máis danados polas consecuencias da pandemia da covid-19, ao tempo que incide nas medidas de impulso á dixitalización, a innovación, a eficiencia enerxética, a mobilidade sustentable ou a transformación empresarial.

Ademais, Guldrís recalcou a necesidade de seguir apostando pola cooperación entre todos os axentes económicos e sociais para enfrontar os actuais retos económicos e saír fortalecidos da crise. Nese sentido, sinalou o papel destacado que desempeñan as empresas galegas nese cometido e lembrou que as iniciativas postas en marcha pola Administración autonómica para a captación e impulso de proxectos tractores ao abeiro dos fondos Next Generation teñen como un piar fundamental a colaboración público-privada.

Segundo indicou o director do Igape, estes recursos europeos son unha oportunidade para avanzar na transición ecolóxica, a modernización industrial e a loita contra o despoboamento, polo que a Comunidade está presentando as súas iniciativas ás manifestacións de interese convocadas polo Goberno español.

  • Lorenzana anuncia la aprobación de la primera convocatoria de ayudas en Galicia para promover el uso de la inteligencia artificial en las empresas
    Leer más
  • La Xunta pone en valor a Oficina Económica de Galicia para avanzar en la desburocratización y agilización administrativa y acompañar al tejido productivo
    Leer más
  • La Xunta destaca la aportación de Kreios Space a la diversificación e internacionalización del sector aeroespacial gallego
    Leer más