IG166 - AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN (2021)
-
Documentos de interese:
- Resolución do 29 de decembro de 2020 (DOG Nº18 do 28/01/2021) - Bases e convocatoria 2021
Finalidad / Objetivo
Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior, -priorizando aos xóvenes sin ou con pouca experiencia e aos senior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego- ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo a disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.
A presente convocatoria está cofinanciada nun 80 % polo programa operativo FSE Galicia 2014- 2020. En particular:
Obxectivo temático 08: promover a substentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.
Prioridade de investimento 08.01: o acceso ao emprego dos demandantes de emprego e as personas inactivas, incluídos os desempregados de longa duración e as persoas alonxadas do mercado laboral, tamén a través de iniciativas locais de emprego e apoio á mobilidade laboral.
Obxectivo específico 08.01.05: mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas ou inactivas, especialmente daquelas con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral, por medio da adquisición de experiencia profesional, incluídas as iniciativas locais de emprego.
Liña de actuación 103: adquisición de competencias profesionais.
Campo de intervención 102: acceso ao emprego dos solicitantes de emprego e persoas inactivas, incluídos desempregados de longa duración e persoas afastadas do mercado laboral, incluídas as iniciativas locais de emprego e o apoio á mobilidade laboral.
Tipos de apoyo
Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de minimis.
Beneficiarios potenciales
Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas e organismos empresariais que cumpran os seguintes requisitos:
1. Empresas, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran a definición de peme, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.
2. Asociacións empresariais, Consellos Reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, Clústers Empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro), que representen un colectivo de empresas galegas, e os Centros Tecnolóxicos e Centros de Apoio á innovación tecnolóxica e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Todos deber ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Enténdese por cluster empresarial aos efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación cluster.
As empresas terán que dispor do Informe de Alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización realizado a través de Programas de Igape a partir de 2013. De non dispor do citado Informe de Alta, debe solicitalo a través da oficina virtual do Igape (procedemento IG192) dentro do prazo de presentación de solicitudes.
3. Os solicitantes terán o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Os solicitantes acreditarán ter un proxecto de internacionalización para o que se require contratar profesionais en comercio exterior.
5. Os solicitantes deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas empresas en crise a 31 de decembro de 2019. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
Requisitos principales del proyecto
1. Relativas ao xestor de exportación:
a) Perfís de xestor de exportación
Establécense tres perfís de xestor por idade. Todos deberán cumprir as condicións xerais, e estar dados de alta na bolsa de xestores de internacionalización do Igape na data de solicitude de cobro. A intensidade da axuda irá acorde co dito perfil.
1.1. Mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1985.
1.2. Profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1975 e antes de 1 de xaneiro de 1985.
1.3. Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1975).
b) Os xestores deben contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional ou con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.
c) No caso de que a titulación do xestor (7.1.a) non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar unha das opcións seguintes:
i. Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial
ii. Mestrado de comercio exterior
iii. Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional
iv. Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.
d) Deberán estar dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia na data da contratación.
2. Relativos ao contrato:
a) O obxecto do contrato é a realización de actividades relacionadas co proxecto de comercio exterior detallado polo beneficiario na súa solicitude de axuda, a desenvolver en Galicia ou no país destino obxecto do proxecto.
b) A modalidade do contrato poderá ser calquera das previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación, excepto contratos de alta dirección.
3. Exclusións:
a) Exclúese das axudas establecidas neste programa a contratación dun xestor con vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.
b) Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral co solicitante ou con outras empresas vinculadas nos 2 últimos anos antes da solicitude de axuda (ser bolseiro non se entende como relación laboral).
A non concorrencia destas exclusións demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.
Entenderase que existe vinculación entre empresas cando concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009
Inversiones o gastos computables
1. Será subvencionable o custo dos contratos laborais por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes á finalidade de axuda, excepto contratos de alta dirección.
Os solicitantes que o desexen, teñen ao seu dispor a base de datos do Igape de xestores de internacionalización. Desta bolsa de traballo forman parte profesionais co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial. Esta bolsa de xestores de internacionalización está aberta, indefinidamente, ás novas incorporacións de persoal que reúna os requisitos exixidos. O Igape non se fai responsable da veracidade da información subministrada polos integrantes desta bolsa e o beneficiario ten a obriga de comprobala. En todo caso, si o beneficiario da axuda, contratara un xestor que non pertenza á citada base de datos do Igape, o xestor deberase dar de alta na mesma antes de presentar a solicitude de cobro da subvención, e no caso de non acreditarse dito feito seralle requirido.
2. A solicitude de axuda virá referida ao desenvolvemento dun proxecto de comercio exterior que o solicitante deberá describir en detalle no formulario de solicitude da axuda.
Si o solicitante ten previsto desenvolver máis dun proxecto, pode solicitar ata un máximo de dous xestores. Nese caso, debe cubrir no cuestionario de solicitude a descrición en detalle de cada un dos proxectos. delimitando e diferenciando o proxecto a desenvolver por cada xestor.
O Igape valorará en función do detalle descritivo, si se identifican dous proxectos diferenciados ou non.
3. Os contratos laborais subvencionables deben ser indefinidos ou temporais por un período mínimo de duración ata a data de remate do proxecto de comercio exterior estimado polo beneficiario, -esta data de remate do proxecto deberase facer constar na solicitude da axuda-, ou polo tempo restante dende a contratación ata o remate do proxecto referido, no caso de contratos de xestores substitutos dos iniciais-. En todo caso, o período mínimo do contrato será de 6 meses.
4. O período de contratación subvencionable será o establecido na resolución de concesión de axuda, sen que poida superar dezaoito meses.
5. O custo subvencionable estableceuse como un baremo estándar de custo unitario. Para determinar o seu importe tomouse como referencia o salario medio do sector do comercio para o ano 2019, que ascendería a 18.845 euros/ano. (1.570,42 euros/mes con rateo de pagas extra).
6. Para calcular o custo subvencionable terase en conta só o tempo efectivo dedicado ao proxecto de internacionalización. Non se subvencionará ningún día de baixa laboral do xestor nin días de permisos e doutras ausencias ao traballo distintos das vacacións e días de asuntos propios establecidos por contrato.
Cuantía de las ayudas
A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable:
a) 85% no caso de mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1985.
b) 90% no caso de mulleres ou mozos de calquera xénero inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
c) 80% no caso de profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1975 e antes de 1 de xaneiro de 1985.
d) 90% no caso de profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1975).
Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de maio de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Incompatibilidades
1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% do gasto subvencionable. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no Regulamento (UE) 1303/2013, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e de outros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a prorrata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.
2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.
Referencia legislativa
Resolución do 29 de decembro de 2020 (DOG Nº18 do 28/01/2021) - Bases reguladoras e convocatoria 2021
Información y tramitación
* Información:
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]
*Tramitación:
Os interesados deberán cubrir un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante, do proxecto de internacionalización para o que se require contratar un especialista en comercio exterior, dos obxectivos xerais e do orzamento do proxecto, así como de declaracións relativas ao condicionado nestas bases, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa do proxecto de internacionalización que pretende afrontar coa contratación do xestor de internacionalización.
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura baste para acreditar a vontade do solicitante.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e estatutos da empresa ou organismo empresarial debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
b) No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, debe achegar as contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a entidade estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta aos efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante.
c) Documentación relativa ao emprego: Informe de traballadores en alta (ITA) emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social á data de solicitude de axuda.
d) Informes da vida laboral necesarios para a comprobación do emprego.
Observaciones
O prazo de execución iniciarase ao día seguinte da publicación desta convocatoria no DOG e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 15 de novembro de 2021 para as solicitudes con accións a realizar ata esta data, e do 30 de novembro de 2022 para solicitudes con accións a realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. Os gastos subvencionables dos proxectos realizados entre o 16 de novembro de 2021 e o 31 de decembro do 2021 serán imputados á anualidade 2022.
O período de contratación subvencionable deberá iniciarse entre a data de solicitude da axuda e ata un máximo de 45 días hábiles a partir da notificación da resolución de concesión e, en todo caso, debe estar comprendido dentro do prazo de execución.
O contrato de traballo do xestor deberá ter unha duración mínima ata a data de remate do proxecto de comercio exterior, estimada polo solicitante e que este fará constar no formulario de solicitude da axuda. En todo caso, a duración do contrato non será en ningún caso inferior a 6 meses.
O prazo para solicitar anticipos terá como data límite o 31 de marzo de 2021, para os proxectos comezados en 2020, no mes xuño de 2021 poderán solicitar o anticipo correspondente os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 15 de novembro de 2021 e no mes de xaneiro de 2022 os beneficiarios que teñan o seu proxecto con data máxima de execución o 30 de novembro de 2022.