AXUDAS DE SALVAMENTO E REESTRUTURACIÓN A EMPRESAS EN CRISE.
-
Documentos de interese:
- Corrección de erros - Resolución do 26 de decembro de 2005 (DOG Nº7 do 11/01/06)
- Resolución do 19 de abril de 2006 (DOG Nº81 do 27/04/2006) - Modificación das bases
- Resolución do 26 de decembro de 2005 (DOG Nº3 do 04/01/06) - Bases
- Resolución do 31 de xullo de 2007 (DOG Nº 153 do 08/08/2007) - Crédito dispoñible
- Texto completo
- Resolución do 22 de maio de 2009 (DOG Nº 115 do 15/06/2009) - Reserva crédito
Finalidad / Objetivo
Favorecer a volta á viabilidade técnica e económica das empresas galegas que se atopen nunha situación de crise, mediante a concesión de axudas de salvamento e/ou reestruturación.
Tipos de apoyo
Garantías e axudas a fondo perdido.
Beneficiarios potenciales
Empresas galegas que, atopándose en situación de dificultade e sendo incapaces de reestruturarse cos seus propios recursos ou con fondos obtidos dos seus accionistas ou acreedores, pretendan acometer un plan de reestruturación que asegure a súa viabilidade futura. En xeral, os beneficiarios serán pemes.
Sectores incentivables
Con carácter xeral, e sen prexuízo das especificacións que se establezan para determinadas actuacións, serán subvencionables ao abeiro destas bases as actividades económicas seguintes, excluíndose os sectores do carbón e da siderurxia:
a) A extracción, procesamento, transformación ou comercialización das producións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.
b) A extracción, procesamento, transformación, produción ou comercialización de minerais, produtos enerxéticos e os seus derivados.
c) A industria manufactureira, o comercio, o turismo, a construción, a artesanía ou os servizos.
d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.
e) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación, e calquera outra de avanzada tecnoloxía, así como os procesos de creación intelectual propios das ditas actividades.
f) A fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades produtivas relacionadas con calquera das actividades sinaladas anteriormente.
Naquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, o previsto nestas bases axustarase en cada caso as ditas normas específicas.
Requisitos principales del proyecto
Poderán ser beneficiarias as empresas que cumpran polo menos un dos seguintes requisitos:
- Se é unha sociedade de responsabilidade limitada: que teña desaparecido máis da metade do seu capital subscrito e que se teña perdido máis dunha cuarta parte deste nos derradeiros 12 meses.
- Se é unha sociedade de responsabilidade ilimitada: que teñan desaparecido máis da metade dos seus fondos propios, de acordo coa súa contabilidade, e que teñan perdido máis dunha cuarta parte dos mesmos nos derradeiros doce meses.
- Para todas as formas de empresa: Que reúna as condicións establecidas no ordenamento xurídico para someterse a un procedemento concursal.
- Cando non se presenten ningunha das circunstancias sinaladas nos puntos anteriores poderase considerar que unha empresa está en crise cando estean presentes os síntomas habituais de crise, como o nivel crecente de perdas, a diminución do volume de negocios, o incremento das existencias, o exceso de capacidade, a diminución da marxe bruta de autofinanciamento, o endebedamento crecente, o aumento dos gastos financeiros e o debilitamento ou desaparición do seu activo neto.
Non poderán acollerse ás axudas reguladas nestas bases, as empresas de nova creación, nin as que xurdan da liquidación ou da absorción de activos doutra empresa distinta. Considerarase que unha empresa é de nova creación durante os tres primeiros anos seguintes ao inicio das súas operacións no correspondente sector de actividade.
Cualificación requerida del proyecto
Plan de Reestruturación: é requisito indispensable para a concesión de axudas de reestruturación a validación polo Igape do plan de reestruturación presentado pola empresa.
Inversiones o gastos computables
Axudas de salvamento:
- Concesión de garantías sobre préstamos ou créditos a curto prazo, cuio destino será o financiamento dos gastos de funcionamento e o seu importe restrinxirase ao estritamente necesario para manter a empresa en funcionamento ata a presentación dun plan de reestruturación ou de liquidación.
Axudas de reestruturación:
- Garantías de como máximo o 70% sobre préstamos ou créditos.
- Subvencións a fondo perdido dos gastos financeiros de préstamos a longo prazo destinados á reestruturación
de pasivos.
- Subvencións a fondo perdido dos gastos financeiros de préstamos a longo prazo concertados por persoas físicas ou xurídicas destinados á ampliación de capital das sociedades en crise.
- Subvención a fondo perdido dos custos externos de elaboración do plan de reestruturación de empresas en crise acollidas a estas bases, cando se comprobe que a empresa non está en condicións de soportar os ditos custos.
Cuantía de las ayudas
Axudas se salvamento:
- Garantías sobre préstamos.
Axudas de reestructuración:
- No caso de garantías cobertura con caracter xeral non superará o 70%.
- No caso de préstamos para a reestructuración de pasivos a contía da operación financeira subsidiable determinarase en función das previsións de tesouraría.
- No caso de préstamos para ampliación de capital computaranse os gastos financeiros que se devenguen durante os 5 primeiros anos de vixencia das operacións de préstamo.
En ningún caso estas axudas excederán os límites cuantitativos establecidos no Regulamento (CE) núm. 69/2001 da Comisión da Unión Europea do 12 de xaneiro de 2001 relativo ás axudas de mínimis.
O importe máximo de axuda combinada concedida a unha única empresa, tanto en concepto de salvamento como de reestructuración, non poderá superar os 10 millóns de euros.
Plazo de presentación de solicitudes
Estas bases entrarán en vigor o día seguinte da súa publicación no DOGA e terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación expresa.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con calquera outra das reguladas polo Igape. Non obstante, cando o Plan de Reestruturación conteña actuacións dirixidas a recuperar a capacidade competitiva da peme, e unha vez acometido o proceso de reestruturación, o dito plan poderá servir de base para a solicitude de axudas do Igape reguladas nas bases de apoio aos proxectos empresariais de investimento ou de apoio á continuidade e mellora competitiva da peme galega.
Estas axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera Administración pública, institución ou ente público sempre e cando non se superen, en termos de subvención neta equivalente, os límites máximos de axuda previstos na normativa comunitaria para as empresas en crise.
Referencia legislativa
Resolución do 26 de decembro de 2005 (DOG Nº3 do 04/01/06) - Bases reguladoras
Corrección de erros - Resolución do 26 de decembro de 2005 (DOG Nº7 do 11/01/06)
Resolución do 19 de abril de 2006 (DOG Nº81 do 27/04/2006) - Modificación das bases
Resolución do 31 de xullo de 2007 (DOG Nº 153 do 08/08/2007) - Crédito dispoñible
Resolución do 22 de maio de 2009 (DOG Nº 115 do 15/06/2009) - Reserva crédito dispoñible
Información y tramitación
Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Teléfono: 902 300 903
www.igape.es ou [email protected]
Observaciones
A contía das axudas de reestruturación avaliarase baixo os seguintes criterios:
- Localización da empresa.
- Sector de actividade.
- Impacto estimado do peche da empresa sobre a actividade económica e o emprego da súa zona de influencia.
- Necesidade de apoio para asegurar a súa viabilidade en relación cos recursos propios achegados pola solicitante.