IG298 - PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR A IMPLANTACIÓN DE EMPRESAS GALEGAS NO EXTERIOR (2024)
Finalidad / Objetivo
Apoiar financeiramente a empresas con centros de traballo maioritariamente situados en Galicia, que poñan en marcha novos establecementos permanentes, sucursais e/ou filiais nalgún dos seguintes países sempre que non teñan a consideración de xurisdicións non cooperativas: Alemaña, Francia, Reino Unido, Italia, Polonia, Bélxica, Dinamarca, Irlanda, Países Baixos, Austria, Suecia, Suíza, Finlandia, Grecia, Hungría, República Checa, Noruega, Serbia E Montenegro, Estonia, Letonia, Lituania, Ucraína, Uzbekistan, Turquía, Canadá, Estados Unidos De América, México, Costa Rica, Cuba, República Dominicana, Chile, Paraguai, Ecuador, Colombia, Brasil, Porto Rico, Uruguai, Perú, Marrocos, Israel, Alxeria, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Catar, Arabia Saudí, Omán, China, Xapón, Singapur, Corea Do Sur, Tailandia, Indonesia, India (Incluído Sikkim), Australia, Nova Celandia, Angola, Mozambique, Zambia, Sudáfrica.
A actuación deberá encadrarse no marco dun plan de expansión internacional da empresa no que se contemple o mantemento do emprego en Galicia.
Beneficiarios potenciales
1. Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no anexo I.
2. Tamén poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior número 1.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:
a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores..
c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007.
Requisitos principales del proyecto
- Importes mínimo e máximo.
O importe mínimo do préstamo será de 300.000 € e o máximo de 1.000.000 €, e deberá ser aplicado exclusivamente ao pago dos conceptos financiables.
- Prazos de amortización e de carencia.
O prazo de devolución dos préstamos será de 12 anos, incluíndo 2 de carencia na amortización de principal.
Cualificación requerida del proyecto
Non se establecen criterios específicos de avaliación, que poidan supoñer a denegación dos préstamos que superen os limiares de cualificación de risco de crédito
Inversiones o gastos computables
Nesta modalidade de préstamo, poderán ser financiados os seguintes conceptos, situados no estranxeiro, e/ou en Galicia para dar soporte á expansión exterior:
a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, outras instalacións, mobiliario, equipamentos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.
b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.
d) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para a actividade , que deberá cumprir o seguintes dous requisitos:
1º. A contía financiable por este concepto será determinada polo Igape en base a solicitude da titular, aos estados financeiros históricos e as previsións de actividade.
2º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade, serán aplicados ao pagamento a provedores e acredores dos seguintes conceptos de gasto corrente do exercicio:
i) Compras de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, mediante transferencia ou pago de efectos.
ii) Prestación de servizos: arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.
iii) Gastos de persoal: soldos e salarios, indemnizacións, seguros sociais e outros gastos sociais.
iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica, se é o caso.
v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
vi) Cando así se contemple expresamente no acordo de concesión, os fondos do préstamo desembolsado poderán destinarse a constituír un depósito nunha entidade financeira en euros, peñorado a favor dun terceiro, como fianza ou contragarantía dun aval ou liña de avais que este terceiro emita, en garantía do cumprimento, por parte da beneficiaria, de compromisos, continxencias ou obrigas de carácter técnico ou financeiro relacionados coa actuación ou coa actividade corrente da beneficiaria. Nestes supostos:
vi1) O acordo de concesión determinará expresamente a porcentaxe de cobertura máxima desta contragarantía líquida sobre o nominal dos avais que se emitan, computándose, se é o caso, a parte do risco non cuberta por esta garantía peñoraticia para o 25% de contribución financeira exenta de apoio público requirida no Anexo I.
vi2) O acordo de concesión determinará tamén a tipoloxía de compromisos, continxencias ou obrigas a garantir cos avais que se emitan, os requisitos dos terceiros ante os que se avala, e os requisitos dos avalistas beneficiados do peñoramento do depósito.
vi3) Sen prexuízo de que se poida instrumentar unha liña de avais revolving por un prazo máximo determinado, unha vez vencidas as obrigas garantidas co peñoramento do depósito, o seu importe líquido deberá ser transferido ao Igape nun prazo máximo de 15 días hábiles. Estes fondos serán aplicados á amortización anticipada do préstamo ou, se é o caso, ao pagamento de débedas vencidas.
e) Investimentos financeiros en sucursais o filiais domiciliadas no estranxeiro, en base a un plan de expansión comercial internacional. Os fondos do préstamo, deberán ser aplicados pola sucursal ou filial a algunha/s das finalidades relacionadas nos puntos anteriores.
A contía financiable será calculada pola solicitante de forma razoada na memoria que deberá presentar xunto á solicitude. O Igape poderá reducir o importe solicitado no caso de non considerar a dita contía suficientemente motivada, en base ao análise dos estados financeiros da solicitante.
Cuantía de las ayudas
Os puntos porcentuais de redución do tipo de xuro serán 5, agás nos casos nos que a axuda implícita sumada ás outras axudas amparadas na normativa minimis que foran percibidas pola titular durante tres exercicios consecutivos supere o límite aplicable na citada normativa. Nestes supostos, poderá reducirase os puntos porcentuais de bonificación para axustar a axuda implícita ao límite dispoñible. Unha vez descontada a subvención, o tipo de xuro nominal pagadoiro trimestralmente resultante para a beneficiaria non poderá ser inferior a 2 puntos porcentuais.
Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 29 de novembro de 2024, ás 14.00 horas ou cando se esgote o crédito orzamentario.
Incompatibilidades
Os préstamos recollidos nestas bases reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.
Para os casos nos que se considere axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultantes da normativa de aplicación.
A solicitude expresa da titular e con carácter previo á formalización do préstamo, poderá renunciar á axuda implícita, para poder combinar e compatibilizar o financiamento con outras axudas públicas.
Referencia legislativa
Resolución do 22 de decembro de 2023 (DOG Nº10 do 15/01/2024) - Bases reguladoras dos préstamos directos e convocatoria 2024
Resolución do 11 de xullo de 2024 (DOG Nº138 do 17/07/2024) - Ampliación de crédito
Información y tramitación
* Información:
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]
* Tramitación
1. O interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través de https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.
Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.
* Documentación específica que se presentará coa solicitude:
A) A documentación específica para esta modalidade de préstamo:
- Declaración do imposto de sociedades do último exercicio fiscal para o que rematase o período voluntario de presentación.
- Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:
a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).
b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.
c) Plan de internacionalización, detallando a súa oportunidade, análise dos mercados obxectivo, plan de apertura de establecementos permanentes, sucursais ou filiais.
d) Cuantificación das necesidades financeiras.
e) Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería para un horizonte temporal 5 anos), con descrición das hipóteses que sustentan ditas previsións (existencia de contratos, pedidos, cartas de intencións, etc.). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do actuación. As previsións económicas deberán seguir, na medida do posible, os modelos de conta de perdas e ganancias, balance e estado de fluxos de efectivo recollidos no Plan Xeral de Contabilidade en vigor.
f) Cadro de persoal, traballadores nos centros de traballo en Galicia, describindo funcións. Expectativas de mantemento de emprego. Relación de expedientes de regulación de emprego en vigor e presentados nos últimos 12 meses, que describan o seu o contido e o número de traballadores afectados. Informes da vida laboral necesarios para a comprobación do mantemento do emprego.
- Declaracións de IVE presentadas no exercicio corrente en formato PDF nativo (descargados directamente da web da AEAT).
B) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).
C) En caso de persoas xurídicas:
1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
3º. Contas anuais, auditadas, se é o caso, correspondentes ao último exercicio pechado.
4º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.
D) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente en formato PDF nativo (descargados directamente da web da AEAT.
E) Se é o caso, anteproxecto ou proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de anteproxecto ou proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.
F) Relación detallada dos investimentos e/ou gastos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.
G) Acreditación da dispoñibilidade do inmoble afecto ao proxecto de investimento (copia do contrato de aluguer, concesión, superficie ou adquisición, segundo proceda).
H) Se é ocaso, acreditación da capacidade de financiamento da parte da actuación non cuberta co préstamo solicitado. Esta acreditación poderá consistir:
- Nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida (que terá que indicar expresamente que o saldo dispoñible non está peñorado nin suxeito a limitacións de dispoñibilidade) e/ou unha comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento (importe, prazo, carencia e garantías que se van tomar);
- Nun compromiso firme do financiamento que van achegar os socios, no que figure a natureza, importe e prazos.