IG230 - GALICIA EXPORTA EMPRESAS - AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR (2024)

Finalidad / Objetivo

Incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

A convocatoria de axuda proposta ten un custo de 3.600.000 € no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60%, computándose como cofinanciamento nacional polo 40% restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios. En particular:

Obxectivo Político 1: Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade P1A Transición dixital e intelixente.
Obxectivo Específico 1.3: Reforzar o crecemento sostible e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.
Actuación 1.3.03: Axudas á internacionalización de empresas galegas.
Ámbito de intervención 021: Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.
Réxime de minimis

Beneficiarios potenciales

1. As empresas, incluídos os autónomos, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran coa definición de peme segundo o Regulamento (UE) nº 651/2014
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que conten no devandito centro con polo menos UN TRABALLADOR POR CONTA ALLEA, na data de publicación no DOG destas bases de axudas. Este último requisito non é aplicable ás empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade na data de publicación das bases de axudas.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
e) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas.
b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.
d) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004 de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros.

Requisitos principales del proyecto

O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos, terá que alcanzar a cantidade de 3.200 euros (IVE excluído).

Os proxectos obxecto de apoio recollerán unha ou varias das seguintes actuacións/accións:

a) Accións de difusión.
b) Accións de promoción.
c) Accións de prospección en mercados internacionais.
d) Accións de operatividade da internacionalización.
e) Custos indirectos.

Inversiones o gastos computables

a) Accións de difusión:

a).1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, radio, ou televisión, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

a).2. Campañas ou insercións publicitarias en catálogos físicos ou dixitais e/ou en páxinas web de importadores/distribuidores do estranxeiro.

Gastos subvencionables:
Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións nos medios citados anteriormente.
Non se subvencionarán gastos de deseño e elaboración dos anuncios, gastos de axencia nin outros semellantes, agás os indicados neste apartado. As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto.

a).3. Elaboración de catálogos físicos ou virtuais para a súa difusión en mercados estranxeiros.

Gastos subvencionables:
Gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de catálogos para difusión en mercados estranxeiros.
Quedan excluídos deste apartado os carteis, listas de prezos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.
As accións de difusión recollidas no apartado a).3 só poderán ser subvencionadas cando estean vinculadas á execución, polo menos, dunha das accións recollidas nos apartados b) e c).1 e c).2 destas bases.
O límite máximo de gastos subvencionables para todas as accións de difusión é 20.000 € por solicitude.

b) Accións de promoción:

b).1. Neste apartado inclúense:
- A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros (artigo 2.3).
- A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros non vinculados á empresa solicitante nin empresarial nin comercialmente (artigo 2.4).

Non son subvencionables as visitas ás feiras ou aos eventos expositivos.

Gastos subvencionables (accións presenciais):

1º Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo.
Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.
Os límites destes gastos son os indicados no anexo III. O límite de ida será o correspondente ao traxecto máis longo entre a orixe e o destino (indicados nos xustificantes de gasto de avión, tren ou autobús) realizados polas persoas que viaxen.

2º Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou nos seu arredores, cun máximo de 5 noitadas. Polo menos, unha das noitadas debe coincidir coas datas de celebración da feira ou evento no que se participa.
No caso de accións en máis dun país poderanse engadir un máximo de 2 noitadas máis por país cun máximo total de 10 noitadas.
Os límites destes gastos son os indicados no anexo III.
Non son subvencionables os gastos de viaxe e aloxamento para feiras comerciais e eventos expositivos que teñan lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non se admiten noitadas in itinere durante as escalas da viaxe.

3º Gastos de aluguer de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: entradas, dereitos de inscrición, montaxe e desmontaxe de stand, aluguer de mobiliario e equipamento, aluguer de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio.

Admítense como máximo 2 entradas por evento, con un importe máximo por entrada de 1.500 €.

Para ser elixibles, estes servizos deben estar facturados polo organizador da feira ou evento expositivo, ou polas súas empresas provedoras ou colaboradoras. Exceptúanse os gastos de montaxe e desmontaxe de stand, que poderán ser facturados directamente por unha empresa provedora independente.

Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados desde o 1 de xullo de 2023 exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2024.

O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 40.000 € por cada feira ou evento presencial no que se participe.

Gastos subvencionables (accións virtuais):

Subvencionaranse gastos de alugueiro de stand virtual e dos servizos relacionados co aluguer; gastos de intérpretes e as cotas de participación en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 4 persoas por empresa).
O límite máximo deste gasto: 1.500 € por evento.

b) 2. Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia de clientes segundo a definición recollida no artigo 2. 5) das bases.

Gastos subvencionables:
Gastos de viaxe a Galicia das persoas das empresas visitantes, correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.
Gastos de aloxamento en Galicia e gastos de intérpretes.
Os límites de gastos por persoa para aloxamento e viaxe son os recollidos no anexo III.
Os límites de gastos de intérpretes por visita son 1.200 €.
Gastos de desprazamento en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.
O límite de gasto subvencionable para este tipo de acción é de 5.000 € por persoa solicitante.

c) Accións de prospección en mercados internacionais:

c) 1. Axendas de reunións de carácter presencial.

Gastos subvencionables:
Gastos de servizos de consultaría. Non será subvencionable a simple elaboración da axenda se non se executa coas reunións correspondentes dentro do prazo de execución do proxecto.
O límite máximo deste gasto subvencionable é de 2.000 € por solicitude.

c) 2. Análise de competencia no estranxeiro: documento que inclúa a metodoloxía enfocada a descubrir novos mercados internacionais para a empresa e os seus produtos, a través do estudo da competencia nos devanditos mercados (por exemplo: análise de competidores, identificación de boas prácticas, benchmarking funcional ou similares).

Gastos subvencionables:
Gastos de servizos de consultaría.
O límite máximo deste gasto subvencionable é de 3.000 € por solicitude.

c) 3. Accións de seguimento de contactos ou de clientes xa existentes no estranxeiro para a consolidación do negocio e a implantación promocional en destino.

Gastos subvencionables:

1º Gastos de servizos de consultaría.
O límite máximo deste gasto subvencionable é de 2.000 € por solicitude.

2º Gastos de alugueiro de locais no estranxeiro con fins promocionais no mercado obxectivo durante o período de execución establecido na resolución de concesión. Nestes locais non se poderán realizar ventas directas.
O límite máximo de gasto subvencionable é de 14.500 € por solicitude.

En relación aos gastos de consultaría, as empresas que presten este tipo de servizos descritos neste apartado deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado polas oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou polas oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

d) Accións de operatividade da internacionalización:

Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro (inclúense os códigos fonte/códigos obxecto).

Gastos subvencionables:
Gastos de asistencia xurídica, técnica e servizos para a tradución de documentación. Inclúense como subvencionables os gastos das taxas específicas e inherentes aos servizos relacionados no parágrafo anterior sempre que estean relacionadas coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a adecuada preparación ou execución da mesma. Taxas específicas e inherentes aos servizos de operatividade, sempre que estean relacionados e sexan indispensables.
O límite máximo de gasto subvencionable é de 14.500 € por solicitude.
Non se permiten renovacións de rexistros de marcas, certificacións ou patentes.

CUSTOS INDIRECTOS

e) Custos indirectos do proxecto: serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada, pero resultan necesarios para a súa realización, nos que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministros (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por persoa beneficiaria, na que se poderán incluír varias accións das mencionadas nas letras da a) á d) deste artigo.

O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o 1 de xaneiro de 2024, ben que o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda (data da última factura), ata o final do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.
Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados desde o 1 de xullo de 2023 exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2024».

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda será dunha subvención do 70% dos custos directos subvencionables. Ademais, engadese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7% sobre os custos directos subvencionables.

Para as accións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 95.000 € por solicitude e persoa beneficiaria.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de un mes, contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo de un mes.

Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para os mesmos custos.

Referencia legislativa

Resolución do 19 de decembro de 2023 (DOG Nº2 do 03/01/2024) - Bases reguladoras e convocatoria 2024
Resolución do 13 de febrero de 2024 (DOG Nº35 do 19/02/2024) - Modificación das bases e novo prazo de presentación

Información y tramitación

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]

*Tramitación:

A solicitude presentarase obrigatoriamente polos medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, desde as 8:00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14:00 horas da data de finalización.

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura baste para acreditar a vontade do solicitante.

As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
b) Memoria descritiva do proxecto, que se deberá cubrir no propio formulario.
c) As tres ofertas que, se é o caso, deban ter solicitado.
d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, a persoa beneficiaria debe cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará:
- As sociedades que poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.
- As sociedades que, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no ROAC, que atenderá ao prazo efectivo dos pagos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.
e) Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (principio “do no significant harm” – DNSH), segundo o Anexo VI

Observaciones

O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2024, se ben o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente (data da última factura) no momento de presentar a solicitude, e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de novembro de 2024, para as solicitudes con accións a realizar ata esta data, e do 31 de marzo de 2025, para solicitudes con accións a realizar ata esta data.
Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. As accións realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e o 31 de decembro de 2024 poderán ser imputadas ao 2025.

Poderase realizar o pagamento anticipado, como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, ata o 50 % do importe da subvención concedida, sempre que a persoa beneficiaria o solicitase marcando esta opción no anexo I de solicitude, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente.