IG291 - PRÉSTAMOS PARCIALMENTE REEMBOLSABLES (PARA INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES XERAIS OU EQUIPAMENTO PRODUTIVO) (2023)

Unión europea
Fora de prazo

Finalidad / Objetivo

Constitúe o obxecto das presentes bases reguladoras a concesión de axudas ou de préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais (IG253)
I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo. (IG287)

Para a solicitude de préstamos parcialmente reembolsables requírese un investimento mínimo subvencionable de 500.000 €.

Tipos de apoyo

O procedemento de concesión destes préstamos tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Os préstamos parcialmente reembolsables ampáranse no Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), que habilita ao Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

Beneficiarios potenciales

1. As pequenas e medianas empresas (pemes) que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado en Galicia, considerado subvencionable.

2. Consideraranse pemes as empresas que, á data da solicitude, respondan á definición de peme, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que propoñan un proxecto para unha actividade pertencente a un sector excluído.
b) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.
c) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas.
d) As empresas en crise.
e) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
f) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei.

Requisitos principales del proyecto

As persoas solicitantes que acometan un proxecto cun investimento subvencionable igual ou superior a 500.000 € poderán solicitar o préstamo parcialmente reembolsable.

A persoa beneficiaria deberá realizar unha aportación financeira mínima do 25% dos custos subvencionables, mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo, exenta de calquera tipo de axuda pública.

A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado.

Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá ter presentado a solicitude de préstamo. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención e, se é o caso, préstamo, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable.

CARACTERÍSTICAS DOS PRÉSTAMOS:

1. Características: os préstamos concedidos contarán cun tramo reembolsable e outro non reembolsable. O tramo non reembolsable constituirao a subvención concedida ao amparo das presentes bases, e cobrarase por anticipado coa disposición do préstamo.

Preverase a posibilidade de solicitar e realizar varias disposicións. As distintas disposicións atenderán ao ritmo de execución do proxecto subvencionado e financiado.

Os anticipos do tramo non reembolsable ou subvención concederanse mediante resolución motivada e non superarán o importe previsto en cada anualidade orzamentaria.

2. Importe do financiamento: a suma dos tramos reembolsable e non reembolsable (subvención) será, como máximo, do 75% do investimento subvencionable.

3. Duración e reembolso: o tramo reembolsable será reintegrable nun prazo que, axustado ao plan económico-financeiro presentado pola solicitante, non exceda dos 12 anos, dentro dos que poderase incluír un período de carencia na amortización do principal. O tramo non reembolsable será amortizado coa liquidación da axuda.

4. Tipo de xuro: será fixo, determinado conforme ao establecido no Anexo IV destas bases, sen que en ningún caso o tipo resultante sexa inferior ao 0%.
Tipo base: determinarase en base á media do Euribor a 1 ano + Marxe (entre 0,60% e 4,00%)

5. Garantías: o Igape poderá tomar as garantías de cumprimento adecuadas en función da dispoñibilidade da prestataria e das características do proxecto. O tramo non reembolsable, que terá a consideración de subvención cobrada anticipadamente, estará exento de presentación de garantías, sen perxuizo de que se poida contemplar unha colateralización conxunta co tramo reembolsable.

6. Reembolso anticipado voluntario: a persoa beneficiaria terá a facultade de proceder ao reembolso total ou parcial da operación financeira, con anterioridade ao seu vencemento, solicitando a liquidación mediante notificación dirixida ao Igape cun aviso previo mínimo de 15 días hábiles.

7. Liquidación: os pagos da persoa beneficiaria ao Igape en concepto de amortización e custo das operacións financeiras, serán realizados mediante transferencia bancaria á conta designada no contrato, ou ben, mediante domiciliación na conta que a persoa beneficiaria designe, para o que a titular deberá presentar debidamente cumprimentado o formulario Orde de domiciliación de débito directo SEPA que se incorpora no Anexo IX. As liquidacións periódicas dos importes para ingresar ou a cargar na conta de domiciliación, serán calculadas polo Igape e comunicadas á titular, a título informativo, á dirección de correo electrónico sinalada no contrato de financiamento. A non recepción desta comunicación non eximirá á titular da obriga de pago nos prazos establecidos. O pago da liquidación fóra de prazo de vencemento supoñerá a devindicación de xuros de mora conforme ao pactado no contrato de financiamento.

8. Dereito privado: os contratos mediante os que se formalicen as operacións someteranse ao dereito privado.

Os préstamos previstos nestas bases reguladoras obrigarán á persoa beneficiaria ao pago de xuros sobre a débeda viva, ata o total reembolso, calculados a un tipo determinado conforme á Comunicación da Comisión Europea de revisión do método de fixación de tipos de referencia e actualización 2008/C 14/02 (DOCE 19 de xaneiro), en base á cualificación de risco de crédito da titular e das garantías que o Igape tome, de acordo coa metodoloxía descrita no Anexo V.

O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións serán os establecidos no acordo de concesión. En todo caso este prazo non superará o período de carencia na amortización do préstamo.

O desembolso das operacións financeiras realizarase a solicitude da persoa beneficiaria, conforme ao modelo do Anexo VIII.

Cualificación requerida del proyecto

Os proxectos que cumpran as condicións e requisitos previstos serán avaliados conforme aos seguintes criterios:
a) Cualificación do risco de crédito: conforme á metodoloxía de avaliación descrita no Anexo V, cualificarase o proxecto nunha das seguintes cinco categorías: «Excelente (AAA-A)», «Boa (BBB)», «Satisfactoria (BB)», «Deficiente (B)», ou «Mala/dificultades (CC)».
b) Cualificación da garantía, conforme aos criterios descritos no Anexo VI, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: «Alta», «Normal» e «Baixa».

2. Para as puntuacións e cualificacións detalladas na letra a) do apartado anterior, establécense uns limiares mínimos de aprobación, recollidos no Anexo V. Se unha solicitude non acada os devanditos limiares mínimos o préstamo será denegado.

3. As solicitudes que cumpran os requisitos destas bases e superen os limiares de puntuación sinalados no apartado anterior deste artigo serán aprobadas por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, ata a total utilización do orzamento da convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda e, de ser o caso, préstamo, comezará ás 08:00 horas do día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14:00 horas do 31 de outubro de 2023, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Estas axudas e préstamos son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos investimentos subvencionables.

Referencia legislativa

Resolución do 18 de setembro de 2023 (DOG Nº 186 do 29/09/2023) - Bases reguladoras

Información y tramitación

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]

*Tramitación:

Só poderá presentarse unha única solicitude en toda a convocatoria, debendo escoller entre a liña de axudas a investimentos xerais, axudas ao investimento en equipamento produtivo ou préstamo parcialmente reembolsable. No caso de que a peme conte con máis dunha localización de instalacións en Galicia, poderá presentar ata dúas solicitudes, sempre que os proxectos se dirixan a dúas localizacións distintas.

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través de https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

3. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (Anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Observaciones

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 31 de marzo de 2026.

A beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento da axuda ou, se é o caso, de liquidación da parte non reembolsable do préstamo, dentro do prazo dun mes a partires da data de fin de execución do proxecto fixada na resolución de concesión. Para estes efectos:
Imputaranse á anualidade 2023 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación remate ata o 30 de novembro de 2023, así coma os tramos non reembolsables dos préstamos que sexan dispostos no exercicio 2023. Os gastos exectuados a partir do 1 de decembro de 2023 poderán impultarse con cargo á xustificación da anualidade 2024.

O prazo para solicitar a disposición do préstamo determinarase na resolución de concesión para cada caso, non podendo superar o 31 de marzo de 2026. O tramo non reembolsable terá a consideración de pago anticipado de subvención.