Super User
Concurso de Ideas SMART CITIES Cologistics
O Proxecto CoLogistics lanza o 1 de setembro de 2022 o Concurso de Ideas Smart Cities, co que se busca premiar as mellores ideas relacionadas coa loxística en cidade.
O ámbito da loxística en cidade constitúe unha valiosa oportunidade para transformar as cousas e conseguir impactos positivos en termos operativos, económicos, sociais e ambientais.
A loxística en cidade é un ámbito no que se multiplican as oportunidades de conseguir impactos transformadores no económico, o social e o ambiental. As novas tecnoloxías traen consigo vantaxes que poden mellorar os fluxos loxísticos en área urbana ou mesmo levalos a un modelo completamente novo, con cotas descoñecidas de eficiencia, satisfacción e sustentabilidade.
Os retos
As propostas que se presenten deben encaixar nalgún dos seguintes retos:
- Novas tecnoloxías no último quilómetro: Tes en mente algunha aplicación tecnolóxica que poida supoñer melloras nos procesos loxísticos de último quilómetro? Como podemos empregar a tecnoloxía para conseguir que ese último quilómetro poida cubrirse máis rápido ou a un custo menor?
- Sustentabilidade da loxística intraurbana: Crees que se pode conseguir unha loxística intraurbana sostible? Tes algunha idea que poida contribuír á sustentabilidade ambiental do transporte de mercadorías en cidade?
- Experiencia e colaboración na loxística en cidade: Tes ideas que poidan fortalecer ao ecosistema de persoas que participan nos fluxos loxísticos en cidade? Como se podería conseguir que esas redes de relacións sexan máis eficientes e colaborativas e xeren unha experiencia máis satisfactoria?
- Reto libre: Tes unha idea sobre loxística en cidade que non encaixa cos retos expostos pero que ten potencial? Que outros vectores de transformación poden existir para mellorar os fluxos loxísticos urbanos?
Participa
O prazo para a recepción de ideas permanecerá aberto desde o 1 ao 23 de setembro de 2022. Para enviar proposta, utiliza o formulario dispoñible aquí.
Premios Premiaranse as mellores ideas de cada un dos catro retos e á mellor idea xeral do concurso.
As ideas gañadoras en cada unha das categorías correspondentes a cada reto recibirán os seguintes premios:
- Certificado electrónico como idea gañadora na categoría correspondente.
- Praza para presentar a idea #ante a comunidade do Proxecto CoLogistics.
- Servizo gratuíto de 2 horas para preparar o pitch que presentar #ante a comunidade do Proxecto CoLogistics.
- Servizo gratuíto de 20 horas de consultoría para xerar un proxecto co que desenvolver a idea e maximizar as súas posibilidades de éxito.
A idea declarada gañadora do concurso recibirá os seguintes premios:
- Certificado electrónico como idea gañadora do concurso.
- Praza para presentar a idea #ante a comunidade do Proxecto CoLogistics.
- Servizo gratuíto de 2 horas para preparar o pitch que presentar #ante a comunidade do Proxecto CoLogistics.
- Servizo gratuíto de 20 horas de consultoría para xerar un proxecto co que desenvolver a idea e maximizar as súas posibilidades de éxito, incluídas dúas horas específicas para a preparación dun pitch para o evento de presentación.
- Networking exclusivo con axentes do sector loxístico.
Máis información nesta ligazón.
Antes de participar, é recomendable a lectura das Bases do Concurso, dispoñibles aquí.
Se tes algunha dúbida, escribe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Talleres Prácticos de Internacionalización: 6 ou 13 de setembro
As empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal poderán mellorar os seus niveis de internacionalización nas cadeas de subministracións cada vez máis globais.
O obxectivo é ensinar a optimizar ao máximo os recursos loxísticos dos que dispoñemos, coa eficiencia e eficacia como piares para conseguir vender os nosos produtos ou servizos no estranxeiro e facer das nosas infraestruturas un polo de atracción para os mercados internacionais.
Terás a oportunidade de seleccionar e participar na data que mellor se adapte á túa axenda:
- O 6 de setembro do 2022 de 10h a 13h (Esp.), de 9h a 12h (Pt.)
- O 13 de setembro de 2022 de 10h a 13h (Esp.), de 9h a 12h (Pt.)
Ademais, poderás solicitar un servizo de titoría personalizada cun consultor ao finalizar a túa participación no Taller.
Realizarase en modalidade de evento 'híbrido', no que se poderá participar de forma presencial con aforo limitado ou participar en liña a través de plataforma dixital.
Dirección presencial:
Xunta de Galicia - Edificio Principal 2º Planta, sala B
Praza da Estrela, 9 - 36201 Vigo
Esperámoste!
Conde destaca o apoio que presta o programa Galicia Exporta Dixital ás pemes galegas á hora de captar novos clientes a nivel internacional
- Grazas a esta liña de axudas da Xunta de Galicia, Raz SurfCamp puido reforzar o seu posicionamento web para chegar a outros paises
- Nas edicións xa celebradas deste programa do Igape, son 12,4 M€ os que leva destinado a apoiar 357 proxectos de empresas
- Na provincia da Coruña beneficiáronse destes apoios 119 pemes e autónomos cun investimento que ascende a 4,2 M€
- Un 37% das empresas galegas e case o 50% das exportacións en Galicia se realizan desde a provincia da Coruña
- Galicia segue en cifras récord de exportacións, con 10.372 M€ ata maio, un 22,6% máis que no mesmo período de 2021
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe o apoio que presta o programa Galicia Exporta Dixital ás pemes galegas á hora de captar novos clientes a nivel internacional.
Conde visitou hoxe na praia de Razo, en Carballo (A Coruña), as instalacións de Raz SurfCamp que, grazas a esta liña de axudas da Xunta de Galicia, puido reforzar o seu posicionamento web para abrirse ao mercado internacional. “Unha pequena empresa que sabe que a través das novas tecnoloxías e da internacionalización pode crecer e consolidar o seu proxecto” dixo, que xa alcanza países como Francia, Reino Unido ou Italia, “facendo de Razo, Carballo e Galicia un referente no mundo do surf”.
Co programa Galicia Exporta Dixital, a Xunta de Galicia quere axudar as pemes e autónomos galegos na súa expansión internacional a través das novas canles de comercialización dixital. Nas edicións xa celebradas deste programa do Igape, son 12,4 M€ os que leva destinado a apoiar 357 proxectos de empresas como Raz SurfCamp.
Na provincia da Coruña beneficiáronse desta liña de axudas 119 pemes e autónomos cun investimento que ascende a 4,2 M€. E, concretamente, no concello de Carballo son dúas
as empresas que se acolleron a estes apoios por valor de máis de 40.000 euros en total. Ademais de Raz SurfCamp, tamén se beneficiou destas axudas Cafés Lúa, para introducirse no mercado portugués.
Conde afirmou que as pemes e autónomos galegos son cada vez máis conscientes do potencial que teñen as novas tecnoloxías e o comercio online para poder abrirse mercado noutros países. E puxo como proba os datos exportacións, posto que Galicia segue en cifras de récord con 10.372 M€, un 22,6% máis que no mesmo período de 2021. Un 37% das empresas galegas e case o 50% das exportacións se realizan desde a provincia da Coruña, con 2.051 empresas exportadoras no que vai de ano e 5.730 M€ en vendas ao exterior, un 56,6% máis que ata maio de 2021.
O Igape abre o procedemento para recadar ofertas para vender inmobles en cuarta poxa
O Igape acorda deixar aberto, durante un período de tres meses, o procedimiento de alleamento en poxa pública para a venda de determinados inmobles da súa titularidade situados en diferentes concellos de Galicia.
O inicio do procedemento para a presentación de proposicións, previo á cuarta poxa, foi anunciado Diario Oficial de Galicia.
Os pregos polos quese rexirá a cuarta poxa figuran na páxina web do IGAPE.
A Xunta mobiliza este ano 400 M€ a través da Axenda Financeira para que Pemes e autónomos desenvolvan proxectos que contribúan á reactivación económica
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial, Gonzalo Trenor, visitou na Coruña a nova sede de Afigal, que colabora coa Administración autonómica no desenvolvemento desta folla de ruta
- Xa están en marcha liñas de avais e reavais por valor 80 millóns de euros que priorizan a resposta ás dificultades que atravesan as pemes máis afectadas polas consecuencias da guerra en Ucraína
- Por primeira vez vanse activar préstamos parcialmente reembolsables, que permitirán ás compañías solicitar conxuntamente axudas e préstamos para financiar os seus proxectos
- Destaca tamén o programa de transformación empresarial, dotado con 30 millóns de euros, para proxectos de dixitalización, internacionalización e innovación
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe na Coruña a nova sede da Sociedade de Garantía Recíproca Afigal, unha das entidades que colabora coa Administración autonómica no desenvolvemento da Axenda Financeira de Galicia 2022. Tal e como subliñou Conde, con esta folla de ruta a Xunta de Galicia está a mobilizar este ano 400 millóns de euros en medidas de apoio financeiro para o tecido empresarial galego.
O vicepresidente económico fixo fincapé en que, nun contexto económico adverso como o que estamos a vivir, a Administración ten que axudar ás pemes e autónomos para reforzar a súa solvencia e darlle acceso a crédito para que poidan gañar músculo, manter e xerar emprego, e desenvolver proxectos que contribúan á reactivación económica e a competitividade dos sectores estratéxicos galegos.
A Axenda Financeira busca actuar sobre tres ámbitos: o reforzo do capital das empresas, os instrumentos de débeda e a obtención de crédito. No marco desta Axenda, a Xunta de Galicia ten en marcha liñas de avais e reavais por valor 80 millóns de euros, que priorizan a resposta ás dificultades que atravesan as pemes máis afectadas polas consecuencias da guerra en Ucraína e que contan coa colaboración das Sociedades de Garantía Recíproca como Afigal.
Ademais, vanse activar os préstamos parcialmente reembolsables, para apoiar o investimento empresarial combinando financiamento e axudas directas. É dicir, por primeira vez ofréceselles ás empresas a posibilidade de solicitar conxuntamente axudas e préstamos para financiar os seus proxectos. Tamén destaca o programa de transformación empresarial, dotado con 30 millóns de euros, para proxectos de dixitalización, internacionalización, innovación ou consultaría que repercutan sobre a competitividade do tecido empresarial galego.
A Xunta pon en valor a aposta das pemes da Coruña pola dixitalización como motor da transformación do tecido produtivo
- O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou Toldos Gómez, empresa especializada no sector que está a impulsar ferramentas tecnolóxicas e de intelixencia de negocio a través do programa de axudas á dixitalización
- Salientou que a liña leva mobilizados desde a súa posta en marcha máis de 40 M€ en investimentos para impulsar a transformación dixital e a mellora da competitividade do tecido produtivo galego
- Na provincia da Coruña aprobáronse ata o de agora máis de 270 axudas por un importe conxunto de case 6 M€
- O director subliñou tamén outros programas que facilitan a aposta das pemes polo seu desenvolvemento estratéxico, priorizando a innovación e a dixitalización, como é o caso do ReAcciona, do que tamén se ten beneficiado Toldos Gómez
O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe as instalacións de Toldos Gómez, no concello de Arzúa, empresa especializada no sector que suma catro fábricas en Galicia e que está a impulsar, nestes momentos, distintas ferramentas tecnolóxicas e de intelixencia de negocio grazas ao programa de axudas á dixitalización que promove, a través do Igape, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.
Guldrís resaltou o compromiso coa modernización dos procesos produtivos da empresa -que se dedica á fabricación de toldos, téxtiles técnicos, carpas e estruturas-, como “motor transformador” de cara a incrementar a súa competitividade. Neste sentido, Toldos Gómez participa desde hai anos en diversos programas de apoios, entre os que destacan as axudas á dixitalización, que permiten avanzar na implantación da fábrica intelixente nos sectores estratéxicos de Galicia.
Neste sentido, o director do Igape subliñou que este programa, activado no ano 2018, leva mobilizados ata o de agora máis de 20M€ en axudas para impulsar a transformación dixital de pemes e autónomos. Só na provincia da Coruña aprobáronse ata o de agora máis de 270 axudas por un importe conxunto de case seis millóns de euros.
“A dixitalización do tecido produtivo é unha necesidade para a mellora competitiva das nosas empresas. Un proceso de transformación dixital máis prioritario, se cabe, no contexto económico actual”, destacou Guldrís, quen explicou que o programa forma parte do Plan de transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o comercio, posto en marcha polo Goberno galego para facilitar a reactivación do tecido produtivo no contexto económico derivado da covid-19.
Unha aposta, proseguiu, que este mesmo ano tense materializado noutros programas como o InnovaPeme e o DeseñaPeme, que permiten ao tecido empresarial galego desenvolver iniciativas de innovación en produtos, procesos e servizos.
Neste marco, o director do Igape puxo en valor outros programas que facilitan a aposta das pemes polo seu desenvolvemento estratéxico, priorizando a innovación e a dixitalización, como é o caso do ReAcciona, do que tamén se ten beneficiado Toldos Gómez, o que lle permitiu contar co apoio de expertos nestes ámbitos.
A Xunta salienta a aposta que pemes de Pontevedra como Carrocerías Dafer realizan pola dixitalización para mellorar a súa competitividade
- O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou en Ponteareas esta empresa que está a impulsar a robotización da liña de cortes dos seus paneis isotérmicos grazas ao programa de axudas á dixitalización
- Salientou que a liña leva mobilizados desde a súa posta en marcha máis de 40M€ en investimentos para impulsar a transformación dixital e a mellora da competitiva do tecido produtivo galego
- Na provincia de Pontevedra aprobáronse ata o de agora máis de 430 axudas por un importe conxunto de case 11 M€
- Resaltou outras iniciativas que facilitan o interese das pemes polo desenvolvemento estratéxico, priorizando a innovación e a dixitalización, como é o caso do ReAcciona, do que tamén se ten beneficiado Carrocerías Dafer, o que lle permitiu contar co apoio de expertos nestes ámbitos
O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe as instalacións de Carrocerías Dafer, no concello de Ponteareas, empresa que desenvolve e constrúe, de modo íntegro e con tecnoloxía propia, todos os compoñentes das pezas que fabrican, e que está a impulsar, nestes momentos, a robotización da liña de cortes dos seus paneis isotérmicos grazas ao programa de axudas á dixitalización que promove, a través do Igape, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.
“Carrocerías Dafer é unha boa mostra do bo facer das nosas pemes, que apostan pola innovación e a dixitalización como chave da súa mellora competitiva”, salientou Guldrís, quen lembrou que este programa activouse no ano 2018, concedéndose desde entón máis de 20M€ en axudas e mobilizando máis de 40M€ en investimentos para impulsar a transformación dixital de pemes e autónomos. E só na provincia de Pontevedra aprobáronse ata o de agora máis de 430 axudas por un importe conxunto de case 11 M€.
“A dixitalización do tecido produtivo é unha necesidade para a mellora competitiva dos nosas empresas. Un proceso de transformación dixital máis prioritario, se cabe, no contexto económico actual”, resaltou Guldrís, quen explicou que o programa forma parte do Plan de transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o comercio, posto en marcha polo Goberno galego para facilitar a reactivación do tecido produtivo no contexto económico derivado da covid-19.
Unha aposta, proseguiu, que este mesmo ano tense materializado noutros programas como o InnovaPeme e o DeseñaPeme, que permiten ao tecido empresarial galego desenvolver iniciativas de innovación en produtos, procesos e servizos.
Neste marco, o director do Igape puxo en valor outros programas que facilitan a aposta das pequenas e medianas empresas polo seu desenvolvemento estratéxico, priorizando a innovación e a dixitalización, como é o caso do ReAcciona, do que tamén se ten beneficiado Carrocerías Dafer, o que lle permitiu contar co apoio de expertos nestes ámbitos.
A Xunta avoga por facilitar ás empresas galegas as ferramentas necesarias para achegar as tecnoloxías da industria 4.0
-
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou por videoconferencia, na Xornada Demostrativa Industria 4.0, onde puxo en valor as posibilidades que ofrece o programa Activa Industria 4.0
- Guldrís destacou que ante a incerteza do momento actual, xorde “un escenario de oportunidades” cos fondos europeos Next Generation
- O encontro incluíu demostracións das tecnoloxías aplicables da nova industria e presentacións de caso de éxito en transformación dixital de empresas
O director do Igape, Fernando Guldrís, destacou hoxe, durante a Xornada Demostrativa Industria 4.0, na que participou por videoconferencia, a importancia dos investimentos que as pemes realizan no ámbito da transformación dixital como instrumentos de impulso da competitividade do tecido produtivo galego. Neste sentido, avogou por facilitar ás empresas galegas as ferramentas necesarias para achegar as tecnoloxías da Industria 4.0, na procura de promover “unha industria mais innovadora, máis forte e máis adaptada ás demandas actuais”.
Guldrís explicou que o programa Activa Industria 4.0, promovido en colaboración coa Secretaría Xeral de Industria e da Peme, do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, facilita asesoramento para que as pemes avancen na súa dixitalización, como parte dos obxectivos da Axenda 4.0. “Desde a Xunta temos claro que debemos estar ao carón das empresas, sendo os catalizadores e promotores do desenvolvemento da Industria 4.0 en Galicia”, incidiu. Sobre esta base, o director do Igape afondou nas cifras acadadas na última convocatoria polo programa Activa Industria 4.0, con 28 empresas beneficiadas que xa teñen consultaría asinada e xa están en marcha na plataforma de xestión do programa. “Isto só é posible coa colaboración e o traballo conxunto de todas as institucións, con iniciativas e programas como os que hoxe estamos a poñer en valor”, afondou Guldrís, quen destacou tamén que, ante a incerteza do momento actual, xorde “un escenario de oportunidades” marcado polos fondos europeos Next Generation.
A xornada celebrada hoxe incluíu demostracións das tecnoloxías aplicables da nova industria, así como presentacións de caso de éxito en transformación dixital de empresas que desenvolven procesos deste tipo, realizadas por representantes do Grupo Marsans e de MRF Solutions.
A Xunta aposta pola transformación da automoción galega promovendo unha cadea de valor dixital, verde e resiliente
- O director do Igape, Fernando Guldrís, participou en Vigo na xornada Mobilidade avanzada e sostible. O reto do futuro, onde subliñou o “claro compromiso” do Goberno galego cunha “mobilidade aérea, terrestre e marítima, avanzada e sostible”
- O encontro celebrouse no marco do programa Capacita Directivos, unha iniciativa que permitiu, nas cinco primeiras edicións, realizar máis de 70 actividades formativas nas que participaron máis de 15.000 asistentes
- Destacou a oportunidade que ofrecen os fondos europeos Next Generation para dar resposta aos desafíos da nova mobilidade, marcada pola loita contra o cambio climático e a transformación dixital
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá na inauguración da xornada Mobilidade avanzada e sostible. O reto do futuro, no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo, onde defendeu a transformación da automoción galega a través dunha cadea de valor dixital, verde e resiliente.
“Galicia é líder na industria da mobilidade, coa automoción á cabeza. En 2021, a industria galega fabricou o 23,6% dos vehículos producidos en España”, subliñou o director do Igape, quen avogou por traballar nunha “mobilidade aérea, terrestre e marítima, avanzada e sostible”.
Neste sentido, Guldrís expuxo a importancia de avanzar cara a unha mobilidade con máis infraestruturas; na que se impulsen os vehículos non contaminantes; máis intelixente, cunha modernización da xestión do transporte público; máis eficiente e segura; e máis competitiva, capaz de “aproveitar ao máximo” o potencial dos portos e as plataformas loxísticas.
“Desde a colaboración público-privada, e poñendo o foco nas pequenas e medianas empresas, temos moi claro que, apoiados nestes fondos, o noso traballo debe ser acompañar aos sectores maduros e tradicionais para evolucionar cara a esa economía máis dixital, verde e innovadora”, salientou Guldrís nun encontro celebrado no marco do programa Capacita Directivos.
Esta iniciativa, lembrou o director do Igape, inclúe a organización de encontros como o de hoxe que buscan concienciar e promover a colaboración entre empresas, emprendedores, administracións, clústeres e centros de coñecemento. O programa, xa consolidado, permitiu nas cinco primeiras edicións realizar máis de 70 actividades formativas nas que participaron máis de 15.000 asistentes, en presencial e en liña.
Desta volta, os participantes afondaron nas posibilidades que ofrece á industria unha mobilidade avanzada e sostible. Un marco no que o director do Igape destacou tamén a oportunidade que ofrecen os fondos europeos Next Generation para dar resposta aos desafíos desa nova mobilidade, marcada pola loita contra o cambio climático e pola transformación dixital.
Novo WEBINAR PAÍS dende a ANTENA IGAPE en CHINA Market Update & Oportunidades de negocio 2022
Un ano mais, a Xunta continúa ofrecendo actualizacións da situación económica en distintos mercados a través do Ciclo WebinarPaís coas Antenas do Igape en cada país.
O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus productos, neste caso, a China.
A Antena Igape en China, o mércores 29 de xuño, informará sobre a situación actual no mercado obxectivo, posibles oportunidades e claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no país, logo de unha etapa fortemente marcada polas restriccións da pandemia no comercio internacional.
- Día: Mércores, 29 de xuño de 2022
- Hora: 09:30 horas ESP/ 15:30 horas CHINA
- Programa e inscripcións
Se está interesado, tamén terá a posibilidade de programar unha reunión individual co responsable da Antena Igape en destino, durante os días 30 de xuño e 1 de xullo.
Solicite a reunión ao realizar a súa inscripción.